Clima temperado
Unha rexión que posúe un clima temperado ten unha temperatura que varía regularmente ao longo do ano, cunha media por riba dos 10 °C, nos meses máis quentes e entre -3º e 18 °C, nos meses fríos. Posúen catro estacións ben definidas: un verán relativamente quente, un outono con temperaturas gradualmente máis baixas co pasar dos días, un inverno frío, e unha primavera con temperaturas gradualmente máis altas co pasar dos días. A humidade depende da localización e condicións xeográficas dunha rexión dada.
Nas rexións dos océanos localizadas en rexións de climas temperados, dise que posúen augas temperadas.
Clasificación dos climas temperados
[editar | editar a fonte]Nas siglas indicadas abaixo, a segunda letra indica o padrón de precipitación: w indica invernos secos (a media do mes máis seco menor que un décimo da precipitación media do mes de verán máis húmido, ou menos de 30 mm); s indica veráns secos (a media do mes máis seco con menos de 30 mm de precipitación e menos dun terzo da precipitación do mes de inverno máis chuvoso); f significa precipitación en todas as estacións.
A terceira letra indica o nivel de temperaturas de verán: a indica que a media do mes máis quente é superior a 22 °C; b indica que a media do mes máis quente é inferior a 22 °C, con polo menos 4 meses con medias por riba de 10 °C; c indica que 3 ou menos meses teñen temperaturas medias por riba de 10 °C.
Clima temperado mediterráneo
[editar | editar a fonte]Este clima sitúase entre as latitudes de 30º e 40 °C. O clima mediterránico é o único onde a estación fría está asociada á estación das chuvias. Os invernos están caracterizados por temperaturas mornas, debido ás correntes marítimas quentes. É no inverno cando se observa algún índice de precipitación, mentres que no verán a precipitación é case nula. Os veráns son quentes e secos, debido aos centros barométricos de alta presión. Nas áreas costeiras os veráns son máis frescos debido ás correntes frías do océano.
Exemplos:
Subtropical húmido (Cfa, Cwa)
[editar | editar a fonte]É o clima propio do interior de continentes ou nos litorais ao leste de tales continentes, entre latitudes de 25° e 40º. Ao contrario dos climas mediterráneos, unha zona cun clima subtropical posúe veráns húmidos debido ás masas tropicais inestables. No leste asiático, os invernos poden ser secos e máis fríos que noutros lugares con latitudes similares, debido á alta presión atmosférica de Siberia, e veráns húmidos debido á influencia dos monzóns.
Exemplos:
- Houston, Texas (Cfa - Precipitación uniforme ao longo do ano)
- Brisbane, Australia (Cfa - Verán máis húmido que o inverno)
- Curitiba, Brasil (Cfa - Verán máis húmido que o inverno)
- Ialta, Ucraína (Cfa - Verán máis seco que o inverno)
- Luodian, China (Cwa)
Clima temperado marítimo
[editar | editar a fonte]Os climas temperados marítimos sitúanse entre as latitudes de 45º e 55º. Están normalmente ao lado dos climas mediterráneos. Así e todo en Australia atópase ao lado do subtropical húmido, e a unha latitude máis baixa. Estes climas son dominantes ao longo do ano. Os veráns son frescos e anubados. Os invernos son suaves, ao contrario doutros climas a unha latitude semellante.
Exemplos:
- Limoges, Francia (precipitación uniforme ao longo do ano).
- Langebaanweg, Suráfrica (verán máis seco que o inverno).
- Prince Rupert, Columbia Británica, Canadá (verán máis seco que o inverno).
Temperado subártico (Cfc)
[editar | editar a fonte]Tal clima acontece máis preto dos polos que os climas temperados marítimos e está limitado ou a estreitos litorais da parte occidental dos continentes ou a illas deses litorais, especialmente no Hemisferio Norte.
Exemplos:
- Punta Arenas, Chile (precipitación uniforme ao longo do ano)
- Monte Dinero, Arxentina (verán máis húmido que o inverno)
- Torshavn, Illas Faroe (verán máis seco que o inverno).