Cirrose
Cirrose | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Cirrose nun carcinoma hepatocelular nunha necropsia | |
DiseasesDB | 2729 |
MedlinePlus | 000255 |
MeSH | D008103 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A cirrose (do grego: kirr- κιρρóς, amarelo laranxado, e -ō-sis, patoloxía) é unha histopatoloxía na que as células do parénquima dun órgano interno calquera son substituídas, ao morreren, por un tecido anormal de tipo cicatricial formado a partir do tecido estromal do propio órgano.[1][2]
O termo 'cirrose' foi acuñado por René Laënnec en 1805[3] ao estudar a cirrose hepática e observar a presenza de gránulos amarelos no tecido hepático, por mor isto da presenza de pigmentos biliares. Polo xeral, o termo cirrose queda reservado para a doenza hepática, denominándose a doenza pancreática como pancreatite crónica, sen ningunha relación fisiopatoxénica coa hepática, agás a posíbel orixe etílica coincidente da primeira con algúns casos da última. Teñen distintos aspectos morfolóxicos e histopatolóxicos, con certas analoxías.
Tipos de cirrose
[editar | editar a fonte]- Cirrose hepática, cuxa etioloxía pode ser alcohólica, vírica (hepatite B, hepatite C), algúns fármacos e a obesidade.
- Cirrose pancreática, que na práctica se coñece coma pancreatite crónica.
- Cirrose renal
- Cirrose biliar, que pode ser primaria (cirrose biliar primaria) ou secundaria a outras doenzas. Comeza afectando as vías biliares para rematar afectando tamén ao fígado.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cirrhosis – MayoClinic.com".
- ↑ "Liver Cirrhosis". Review of Pathology of the Liver.
- ↑ Roguin A (2006). "Rene Theophile Hyacinthe Laënnec (1781–1826): The Man Behind the Stethoscope". Clinical medicine & research 4 (3): 230–5. PMC 1570491. PMID 17048358. doi:10.3121/cmr.4.3.230.
- ↑ Hirschfield, GM; Gershwin, ME (Jan 24, 2013). "The immunobiology and pathophysiology of primary biliary cirrhosis.". Annual review of pathology 8: 303–30. PMID 23347352. doi:10.1146/annurev-pathol-020712-164014.