Saltar ao contido

Chester Nimitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChester Nimitz

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Chester William Nimitz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1885 Editar o valor en Wikidata
Fredericksburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de febreiro de 1966 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Ilha de Yerba Buena, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGolden Gate National Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Chefe de Operações Navais (pt) Traducir
15 de decembro de 1945 – 15 de decembro de 1947
High Commissioner of the Trust Territory of the Pacific Islands (en) Traducir
19 de xuño de 1944 – 24 de novembro de 1945
← John H. Hoover (pt) TraducirRaymond Spruance (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoGerman Texan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónColégio de Guerra Naval (pt) Traducir
Warren Local High School (en) Traducir
Academia Naval dos Estados Unidos (pt) Traducir
Tivy High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial da armada Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1905 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarfleet admiral (en) Traducir (1944–)
admiral (en) Traducir (1941–)
rear admiral (en) Traducir (1938–)
captain (en) Traducir (1927–) Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)USS Chicago (en) Traducir e Frota do Pacífico dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial
segunda guerra mundial
Batalla do mar do Coral
Batalla de Midway
Campanha nas Ilhas Salomão (pt) Traducir
Batalha do Mar das Filipinas (pt) Traducir
Batalla do golfo de Leyte
Batalla de Okinawa Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosChester Nimitz, Jr. Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
nacemento póstumo Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Нимиц Честер Уильям)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0632359 WikiTree: Nimitz-5 Find a Grave: 2153 Editar o valor en Wikidata

Chester William Nimitz nado o 24 de febreiro 1885 en Fredericksburg (Texas) e finado en Yerba Buena Island (California) o 20 de febreiro de 1966 foi un almirante estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduouse na Academia Naval. Durante a primeira guerra mundial serviu na frota submarina do Atlántico. Posteriormente foi nomeado comandante da I división de Acoirazados e xefe da Oficina de Navegación

Segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]

Tras o ataque xaponés a Pearl Harbour en decembro de 1941, foi nomeado comandante en xefe da frota do Pacífico. Procurou manter a moral e a operatividade da armada americana ante os avances fulgurantes dos xaponeses en tódalas frontes. Para iso ordenou unha guerra submarina sen restricións e ofensivas con portaavións contra bases terrestres.

Unha vez que a industria de guerra estadounidense conseguiu recuperarse dos primeiros desastres provocados polas vitorias xaponesas, Nimitz asestou un golpe crucial no corazón do Pacífico na batalla de Midway (xuño de 1942). Seguidamente, pasou á contraofensiva mediante asaltos ás Illas Aleutinas, Gilbert, Marshall e Marianas. Uniuse ao avance americano no Pacífico Suroccidental das tropas de Douglas MacArthur na colosal batalla do Golfo de Leyte, que acabou coa capacidade ofensiva nipoa e cortou o fornecemento dos xaponeses que ocupaban Indonesia e Indochina. Emprendéronse logo os desembarcos de Iwo Jima e Okinawa, dobregando con gran custo de homes e recursos a teimuda resistencia nipoa e minando os seus peiraos.

Finalmente, o 2 de setembro de 1945 asinou a acta de rendición xaponesa a bordo do Missouri.

Últimos servizos

[editar | editar a fonte]

A súa defensa da guerra submarina sen restricións influíu para que o almirante alemán Karl Dönitz vise unha condena de só 10 anos nos xuízos de Nüremberg. A ONU nomeouno presidente da Comisión para dirimir os conflitos territoriais entre a India e Paquistán. Presidiu o Comité Federal de Seguridade Interior creado por Harry S. Truman. Foi reitor da Universidade de California.