Casa do Concello de Delft
Casa do Concello de Delft (Stadhuis van Delft) | |
---|---|
Fachada vista desde a Gran Praza | |
Edificio | |
Tipo | Palacio |
Estilo | Renacentista |
Enderezo | Gran Praza de Delft (Markt, 87) |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Coordenadas | 52°00′41″N 4°21′28″L / 52.011421, 4.357903 |
Uso(s) | Antigo: Casa do Concello Actual: recepcións e eventos cerimoniosos |
Construción | |
Construción | Século XIII |
Remodelación | 1618-1620 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Hendrick de Keyser |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Casa do Concello de Delft (en neerlandés: Stadhuis van Delft) é un edificio de estilo renacentista situado na Gran Praza (Grote Markt ou simplemente Markt), fronte á igrexa nova da cidade holandesa de Delft, na Holanda Meridional. O edificio, que en 1967 recibiu a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument), foi a sede do Concello de Delft e na actualidade utilízase como escenario protocolario para a celebración de recepcións e eventos cerimoniosos.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Unha parte do edificio data do século XIII e outra gran parte do edificio foi construída ao longo do século XIV.
Aínda que esta casa consistorial sobreviviu ao grande incendio de 1536 que destruíu a cidade de Delft, pola contra Por outra banda, sufriu moi gravemente o incendio do 4 de marzo de 1618. Desde 1618 a 1620 tiveron lugar obras e ampliacións baixo a dirección de Hendrick de Keyser, arredor da torre central, chamada "a vella pedra" (De Oude Steen), que albergaba unha antiga sala de tortura.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A Casa do Concello de Delft en 1560 (fragmento dun mapa de Reinier Boitet)
-
O lume no Concello, o 4 de marzo de 1618
-
O edificio nun gravado de Hendrick de Keyser (1618-1620)
-
Unha visión do Concello de Delft nunha ilustración de Jan ten Compe, cara a 1750
-
O concello, en 1900
-
A Casa Consistorial de Delft en 2007
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en neerlandés)
- ↑ Información acerca do edificio na web oficial do Concello de Delft. (En inglés)