Benito Cancela Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1892 Padroso, España |
Morte | maio de 1973 (80 anos) Ourense, España |
Alcalde de Celanova | |
15 de marzo de 1936 – xullo de 1936 (destitución) ← Alberto Moreiras Fernández | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Benito Cancela Rodríguez, nado en Padroso (Lampaza, Rairiz de Veiga) o 22 de agosto de 1892 e finado en Ourense a finais de maio de 1973, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Cuba e instalouse en Santa Cruz del Sur (Camaguey) onde amansou unha pequena fortuna con negocios de hostalaría. En Cuba entrou en contacto coa masonería, alcanzando o grao de mestre. Regresou a Celanova en 1932 e instalou o Hotel Cuba na vila. Afíliouse a Izquierda Republicana e logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Celanova o 15 de marzo de 1936.[1]
Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a Garda Civil foi detelo, pero fuxiu. Agochouse primeiro en Leborín e despois nun zulo na súa propia casa de Celanova. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[2] Ao rematar a guerra civil acolleuse a un indulto. Pero foi novamente denunciado en 1939 polo cura de Bobadela. Detido, foi encarcerado na Prisión de Celanova. Pasou despois á Prisión Provincial de Ourense, á de Porlier en Madrid e ao Penal do Puerto de Santa María.
Saíu en liberdade condicional en 1943, pero condenado ao pago de multas, incautación dos seus bens e desterro. Tivo que instalarse en Oviedo onde montou unha sidraría, que pechou aos seis meses. Regresou a Celanova na década dos cincuenta. Finou en Ourense a finais de maio de 1973.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Estrella Rúa Álvarez, que finou en 1966, e foi pai de Fita e Ángel Cancela Rúa.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 21-3-1936, p. 13.
- ↑ BOE, 5-1-1941, p. 84.
- ↑ La Voz de Galicia, 30-5-1973, p. 7.
- ↑ La Región, 10-8-1967, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Valín Fernández, Alberto. Laicismo, represión y educación en la España del siglo XX. Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1993.
- Valín Fernández, Alberto; Rodríguez Teijeiro, Domingo (1996). "Aproximación biográfica a Benito Cancela Rodríguez: un masón en la alcaldía de Celanova bajo el Frente Popular". La masonería en la España del siglo XX. Toledo: Universidad de Castilla-La Mancha / Centro de Estudios Históricos de la Masonería Española. pp. 245–256. Consultado o 9-2-2014.
- Sánchez Martínez, Pablo. Masonería e república en Celanova. Benito Cancela Rodríguez(1892-1973). Gijón, Masónica.es, 2017.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Las elecciones del Frente Popular y la política municipal en Celanova (febreiro-xullo de 1936) de Domingo Rodríguez Teijeiro
- "Memoria viva en O Furriolo". Faro de Vigo (en castelán). 28 de setembro de 2014..
- Expediente de responsabilidades políticas de Benito Cancela Rodríguez.
Predecesor: Alberto Moreiras Fernández |
Alcalde de Celanova 1936 |
Sucesor: ? |