Saltar ao contido

Ander Barrenetxea Muguruza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnder Barrenetxea Muguruza

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de decembro de 2001 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,78 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2018 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2011–2013 Antiguoko
2013–2018 Real Sociedad
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2018–2019   Real Sociedad C 4(1)
2018–2019   Real Sociedad B 8(1)
2019–   Real Sociedad 153(18)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2018–2019   España sub-18 6(1)
2019–2020   España sub-19 5(0)
2020–   España sub-21 5(1)
Familia
NaiAzu Muguruza Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm11686912 UEFA: 250128806 Editar o valor en Wikidata

Ander Barrenetxea Muguruza, nado en Donostia (Guipúscoa) o 27 de decembro de 2001, é un futbolista español que xoga como dianteiro na Real Sociedad de Fútbol da Primeira División de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores da Real Sociedad de Fútbol. Na tempada 2018-19 sendo xuvenil de segundo ano, empezou o curso na División de Honra de Jon Mikel Arrieta e daría o salto ao equipo sénior de Terceira División, a Real Sociedad de Fútbol C.

En setembro de 2018, Asier Garitano chamouno para adestrar co primeiro equipo no parón ligueiro ante a escaseza de efectivos pola marcha dos internacionais e as lesións. O dianteiro tivo a oportunidade de debutar en Tarbes nun amigable contra o Toulouse francés e comezaría a adestrar con asiduidade co primeiro equipo. É considerado dos grandes valores de Zubieta, así que o club donostiarra decidiu blindar o contrato do xogador o 7 de decembro de 2018 até o 30 de xuño de 2025.[1]

O 21 de decembro de 2018 debutou en Anoeta en Primeira División nunha derrota fronte ao Deportivo Alavés por 0:1, sendo o primeiro xogador nado no século XXI en disputar un partido de LaLiga. Foi o segundo xogador máis novo en debutar coa elástica txuriurdin nun partido de Liga e o 26.º máis novo na historia de liga, ao debutar con 16 anos e 359 días.[2][3]

Ao comezo da tempada 2019-20 a Real Sociedad anunciou que Barrenetxea tería dorsal do primeiro equipo.[4]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Actualizado ao último partido disputado o 1 de decembro de 2021.[5]

Club Div. Tempada Liga Copas nacionais1 Copas internacionais2 Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Real Sociedad "B"
España España
2.ª B 2018-19 8 1 8 1
Total club 8 1 0 0 0 0 8 1
Real Sociedad
España España
1.ª 2018-19 9 1 0 0 9 1
2019-20 17 1 7 3 24 4
2020-21 31 3 3 0 6 0 40 3
2021-22 7 1 1 0 3 0 11 1
Total club 64 6 11 3 9 0 84 9
Total carreira 72 7 11 3 9 0 92 10
1 Inclúe datos da Copa do Rei e Supercopa de España
2 Inclúe datos da liga Europa da UEFA

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Copa do Rei Real Sociedad España España 2020

Campionatos internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Equipo (*) Sede Ano
Eurocopa Sub-19 España Armenia 2019

(*) Incluíndo a selección.

  1. "La Real Sociedad ata a Roberto López y Ander Barrenetxea hasta 2025". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2021. Consultado o 06 de decembro de 2021. 
  2. Rivas, Jon (23 de decembro de 2018). "Debuta en LaLiga el primer futbolista nacido en el siglo XXI". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  3. Barrenetxea, el 26º debutante más joven de la historia de la Liga
  4. "Suben al primer equipo". Realsociedad.com. 9 de xuño de 2019. Consultado o 9 de maio de 2020. 
  5. "España - Barrenetxea - Perfil con noticias, estadísticas de carrera e historia - Soccerway". Consultado o 20 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]