Alberte Momán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1976 (48 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Premios | |
Alberte Momán Noval, nado en Ferrol o 28 de setembro de 1976, é un escritor e enxeñeiro técnico agrícola.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro Técnico Agrícola, ten colaborado en diversos volumes colectivos, como a primeira edición de Relatos de Verán do diario La Voz de Galicia, ou a colectánea poética Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (Difusora de Letras, Artes e Ideas 2003). Colaborou, tamén, no volume de poesía Sempre mar. Cultura contra a burla negra, promovido e editado pola asociación Burla Negra con motivo do afundimento do Prestige. Tamén no libro publicado co gallo do certame de narrativa breve do concello de Curtis na edición do 2005, en que recibiu un accésit pola obra Benvidos á noite americana. Colaborador do xornal A Peneira, é autor de Efecto Iguana, novela por entregas que se publica no suplemento cultural deste xornal. En maio de 2006 participou nos Dias da Criação celebrados na Casa da Eira Longa en Vilar-Boticas (Trás-os-Montes). En febreiro de 2007 publicou O alento da musa (Difusora de Letras, Artes e Ideas). No 2007 sacou o volume colectivo de poesía A porta verde do sétimo andar, da agrupación do mesmo nome.
Tamén ten colaboracións en revistas como Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, editada pola UCM, ou Dorna, que publica a Universidade de Santiago de Compostela. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
No 2012 botou a andar a editora O Figurante Edicións.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Baile Àtha Cliath (2008). A. C. Caldeirón.
- Erótica (2008). Lulu.com. Edición bilingüe galego-inglés.
- Ferrol e o que queda por chover (2008). Lulu.com.
- A crise irredutible (2009). Lulu.com.
- Por unha palabra tan só. Poema para @s máis nen@s 2010. Edición de autor.
- Road Movie (2010). Lulu.com.
- Os quilómetros que percorremos dende aquela (2011).Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-99-3.[5]
- A seiva calcinada; La savia calcinada, La linfa calcinata (2014). Lastura, edición trilingüe (galego-castelán-italiano). ISBN 978-84-942866-9-8.[6]
- As mil horas (2015). Emerxente. ISBN 978-8416121199.
- A outra voz (2015). A. C. Caldeirón. Con Verónica Martínez Delgado.[7]
- A chuva que derrete a mármore até chegar ao cadáver (2016). Livros de Ontem. ISBN 978-9898762689.[8]
- Tripas (2017). Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-3-3.[9]
- Cuatro horas (2018). M Editora. ISBN 978-84-09-02435-3.
- 1[14]1 (2019). Belagua Ediciones. ISBN 978-84-949517-4-9.[10][11][12]
- Non venal (2020). Editora Urutau. ISBN 978-65-87076-25-6.
- Res communis omnium (2022). Edición de autor.
- .22 (2023). Edición de autor. ISBN 978-1470914721
- As que dormen sobre a palla (2023). Edición de autor. ISBN. 978-1446661093
Narrativa
[editar | editar a fonte]- O lobo da xente (2003). Positivas. ISBN 84-87783-77-5.[13]
- O alento da musa (2007). Difusora de Letras, Artes e Ideas. ISBN 978-84-935223-2-2.[14] (inclúe un caderno de poesía)
- Vattene! (2012). A porta verde do sétimo andar. ISBN 9788415164784.[15]
- A baba, a incontinencia e o can de Paulov (2014). Sermos Galiza. (edición en libro electrónico)
- Triloxía Vattene!. O legado extraterrestre (2015). El Círculo Rojo. ISBN 978-84-9095-572-7.
- Bosquexos para unha distopía (2016). Redelibros. ISBN 9788494341281. (tres relatos)
- Ocidente (2017). El Círculo Rojo. ISBN 978-84-9175-924-9.[16]
- Lapamán (2018). Ediciones Atlantis. ISBN 978-84-948456-1-1.[17] / M Editora (2019)
- Barata, minha barata (2018). Chiado Editora. Col. Palavras soltas. ISBN 978-9895244799.[18] (novela)
- A Viaxe de Ana (2020). Editorial Galaxia. Col. Libros para compartir. Ilustracións Lidia Nokonoko ISBN 978-84-9151-5433-6 (relato ilustrado. Infantil)
- Terra nullius (2020). M Editora.
- Bondage (2020). M Editora.
- Rojo Cochinilla (2021). Punto Rojo Libros. ISBN 978-84-18605-10-9 (relatos)
- Non marches nunca (2021). Medulia editorial. ISBN 978-84-12325-47-8 Fotografías de Alberto Castro Freire (relato ilustrado. Infantil)
- K2-18b. Planeta habitado (2021). M Editora. ISBN 978-84-09-29895-2 (Libro electrónico) / ISBN 9781471001741 (Libro físico) 2022
- Caníbal. (2021). M Editora. ISBN 978-84-09-37063-4 (Libro eléctónico)
- La efímera edad de las manos. (2022). Edición de autor. ISBN 9781470940287
- La vida eterna. (2023). Edición de autor. ISBN 9781446797501
- Raro (2023). Belagua Ediciones. ISBN 9788412682267
- Dos (2024). Edición de autor. ISBN 9781445769585
Audiovisual
[editar | editar a fonte]- Atzcalxóchitl. Guión orixinal de Alberte Momán. Baseado no libro Atzcalxóchitl, pertencente ao volume .22 Dirección: Alberte Momán / Xosé Antón Bocixa, Actor protagonista: Ramiro Vidal, Fotografía e realización: Xosé Antón Bocixa, Loxística e produción: Mónica Expósito, Música: Os Minhotos. Depósito Legal: LU 66-2023
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata. Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2003.
- Sempre mar. Cultura contra a burla negra. Asociación Burla Negra, 2003.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra. Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2004.
- De ter un can chamaríalle Guenguis, no volume colectivo Isto é un poema e hai xente detrás. Espiral Maior, 2007.
- A porta verde do sétimo andar, 2007, A porta verde do sétimo andar.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Outro Mundo é necesario, construamos a alternativa. (XXIIII Festival da Poesía no Condado), S. C. D. Condado, 2009.
- En defensa do Poleiro. A voz de escritores galegos en Celanova, Toxosoutos, 2010.
- Sétimo Andar, Poesía Alén, A porta verde do sétimo andar, 2010.
- De Castro, A porta verde do sétimo andar, 2010. Con Alba Méndez.
- Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar.
- Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Sétimo andar, 2012, A porta verde do sétimo andar.
- Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía gallega contempánea. 2012. Endymion. ISBN 9788477315421
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- Dez anos na Porta, 2015, A porta verde do sétimo andar.
- Contos Estraños. V.7. Encontros na Terceira Era, 2015. Contos Estraños. Urco Editora.
- odesexo. A.C. Caldeirón, 2016.
- Remédios para o galego. Através. 2017
- Roseiras de rosas roxas. Premios de poesía Manuel Leiras Pulpeiro 2012-2018. Concello de Mondoñedo. 2019
- Arquitecturas. M Editora. 2019
- Xogos Florais. Ponteareas 2018/2019. Concello de Ponteareas. 2019
- Isidro Novo (1951/2018). Concello de Lugo. 2019
- Seres máxicos de Galicia e onde atopalos. Certame de relatos do Curtas, Festival Internacional de cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa. 2019
- Certame de Poesía Rosalía de Castro (1997-2018) Edicións Fervenza / Xunta de Galicia. 2019 ISBN.: 978-84-17094-86-7
- "Ferro", en revista Oceanum. Ano 13, número 12, decembro de 2020.[19]
- Manifesto 25N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller. Alvarellos editora. 2021 ISBN.:978-84-18567-03-2
- Poesía en feminino. Mulleres do rural. Editorial Fervenza. Concello de San Sadurniño. 2021 ISBN.:978-84-18136-52-8
- XIV da Antologia de Poesia Portuguesa Contemporânea “Entre o Sono e o Sonho - Vol. XIV”. Tomo II. Chiado Books. 2022. ISBN.: 978-989-37-2701-0
- Antoloxía poética do Primeiro Festival «ÉPICO no PALCO». Proxecto Corgoral. Concello do Corgo. 2023
- Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina. 2ª Ed. Galiza con Palestina. 2024
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Narrativas Quentes no 2003, por O lobo da xente.[20]
- Certame de poesía Francisco Añón no 2004, por Erótica.
- Premio Rosalía de Castro no 2004, por O pasado nas horas.
- Accésit no Certame de narrativa breve do concello de Curtis no 2005, por Benvidos á noite americana.
- Mención de honra no certame de poesía GZcrea no 2006, por De ter un can chamaríalle Guenguis.
- Premio de Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2007, por Baile Àtha Cliath
- Premio de poesía do Concello de Ames no 2008, por Agora.
- Premio de poesía Terras de Chamoso.
- Certame de poesía Aurelio Aguirre no 2009, por Sermos un.
- Gañadora do IX Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2014, por O episodio, libro escrito xunto a Verónica Martínez Delgado.
- Segundo premio do Certame Literario Rosalía de Castro da A. C. Rosalía de Castro de Cornellà no 2014, por Test de embarazo positivo, escrito xunto a Verónica Martínez Delgado.
- Segundo premio do VII Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro que convoca o Concello de Mondoñedo no 2018, por 1 [14] 1
- Premio na modalidade de narrativa do XII Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia "Rosa de cen follas". Ano 2019.
- 2º Premio na VII Edición de Contos de Verán que convoca o xornal El Progreso. Ano 2019.
- 2º Premio na IX Edición de Contos de Verán que convoca o xornal El Progreso. Ano 2021.
- Accésit no 2º Certame Literario de Relato Breve Exeria que convoca o Ateneo Atlántico de Vigo. Ano 2022.
- 3º Premio no XXI Certame Literario do Concello de Ames na modalidade de poesía. Ano 2024.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alberte Momán". www.aelg.gal. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "Alberte Momán Noval. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "O Figurante Edicións". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2015. Consultado o 06 de febreiro de 2015.
- ↑ García Salgado, Lino. "Revista Dixital en galego de pensamento nacionalista. Noticias, artigos, opinións e comentarios de diversos colaboradores de Terra e Tempo". www.terraetempo.gal. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "A seiva calcinada, de Alberte Momán". Palavra Comum. 2015-01-14. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "A outra voz. Axenda cultural AELG". Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "Alberte Momán publica 'A chuva que derrete a mármore até chegar ao cadáver'. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "Henrique Dacosta sobe Tripas". Alberte Momán. 2018-08-01. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ Nicolás, Ramón (2019-04-10). "Novidade (133): 1[14]1, de Alberte Momán". Caderno da crítica. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "Poesía ficción. Alberte Momán". Belagua Ediciones. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ Lecturafilia (2019-05-24). "1[14]1, de Alberte Momán". Lecturafilia (en castelán). Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "O lobo da xente. Edicións Positivas. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "O alento da musa. Difusora de Letras, Artes e Ideas. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "Vattene! A porta verde do sétimo andar. LG3.O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ xmeyre. "crítica de OCIDENTE (Alberte Momán Noval, Círculo Rojo)". Libraría Aira das Letras. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ "Lapamán (por Alberte Momán Noval)". Ediciones Atlantis (en castelán). Consultado o 2019-09-24.
- ↑ Rivera, Tomás (2019-01-21). "Barata Minha Barata, de Alberte Momán Noval". KindleGarten. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-09-24.
- ↑ Oceanum Arquivado 16 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. Ano 13, número 12, decembro de 2020. ISSN 2605-4094.
- ↑ "Alberte Momán Noval, autor de Ediciones Atlantis". Ediciones Atlantis (en castelán). Consultado o 2019-09-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 312.