Agustín Veiga Mejuto
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1899 Ferrol, España |
Morte | 5 de marzo de 1938 (38/39 anos) castelo de San Filipe, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político, xornaleiro |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Irmáns | Antonio Veiga Mejuto |
Agustín Veiga Mejuto, coñecido como Cacharrón, nado en Ferrol cara a 1899 e finado o 5 de marzo de 1938, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xornaleiro. Membro da Agrupación Socialista de Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en Ferrol en consello de guerra con Luís Abella Beade, Luís González Díaz, Moisés Lago Lorenzo, Gonzalo Moreno Calvo, Antonio Pena Fernández e José Silva Fernández.[1] Acusado de adhesión á rebelión, foi condenado á pena de morte. Foi executado no castelo de San Filipe o 5 de marzo de 1938 con Pedro Dobarro Regueira.
O seu irmán Antonio Veiga Mejuto foi un guerrilleiro antifranquista.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Requisitoria, La Voz de Galicia, 7-1-1937, p. 6.