Aethelberht II de Kent
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 725 ![]() |
Morte | 762 (Gregoriano) ![]() |
Rei de Kent | |
725 (Gregoriano) – 762 (Gregoriano) ← Wihtred de Kent – Eardwulf de Kent → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Familia | |
Familia | Oiscingas (en) ![]() ![]() |
Fillos | unnamed mother of King Egbert of Wessex, Eadberht II de Kent, Ecgberht II de Kent ![]() |
Pai | Wihtred de Kent ![]() |
Irmáns | Alric de Kent Eadberht I de Kent ![]() |
![]() |
Æthelberht II (en anglosaxón: Æðelberht), nado en 725 e finado en 762, foi rei de Kent.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Á morte do seu pai Wihtred, o reino foi gobernado polos seus tres fillos, Æthelberht II, Eadberht I e Alric. Æthelberht parece que sobreviviu a ambos os seus irmáns e que máis tarde reinou conxuntamente co seu sobriño Eardwulf.[1]. Morreu en 762, segundo a Crónica anglosaxoa (datado en 760 debido a unha dislocación cronolóxica). Parece que deixou un fillo, Eadberht II.
Emitiu un documento antes da súa ascensión ao trono, datado o 11 de xullo de 724, do que foi testemuña seu pai.[2] Cando chegou a rei emitiu varios documentos, confirmou un documento do seu irmán Eadberht I e actuou como testemuña nun documento do seu sobriño Eardwulf[3][4][5][6][7].
Durante a segunda metade do reinado de Æthelberht II, Kent estaba baixo o dominio de Mercia, pero Æthelberht II mantivo a súa posición como rei.