Saltar ao contido

Sesostris III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSesostris III

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX a. C. Editar o valor en Wikidata
Morte1842 a. C. Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPyramid of Senusret III (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Faraón
1872 a. C. – 1853 a. C.
← Senuseret II (pt) TraducirAmenemhat III → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Medio de Exipto e XII dinastía exipcia Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloFaraón Editar o valor en Wikidata
FamiliaXII dinastía exipcia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMeretseger
Neferthenut
Khenemetneferhedjet II Editar o valor en Wikidata
FillosAmenemhat III
 () Editar o valor en Wikidata
PaisSenuseret II Editar o valor en Wikidata  e Khenemetneferhedjet I Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Tabela de Saqqara Editar o valor en Wikidata

Sesostris III (1878 adC.-1841 adC.). Fillo de Sesostris II. Faraón que levou ao Imperio Medio á súa máxima expansión territorial. Tamén é coñecido co nome de Iakaura ou Senurset.

Gran reformador, culminou unha política centralizadora facendo desaparecer o poder dos nomarcas, dividindo o pais en tres sectores (Alto, Medio e Baixo). Estableceu unha estruturada burocracia, recrutando funcionarios dos escribas, de clase media, ampliando a base social do poder. Reorganizou os gremios co fin de racionalizar a vida socioeconómica. Abriu rotas comerciais cara ao Sinaí, Punt, Creta e Biblos. Comezou unha política de obras públicas coa construción de canles. Os seus derradeiros anos compartiu trono con Amenemhat III, seu fillo.

Campañas

[editar | editar a fonte]

Emprendeu catro campañas contra Kush (Nubia) ata a súa total dominación, incluídas as importantes minas de ouro desa área. Construíu unha rede de fortes fluviais que facilitou o control militar a a consolidación da súa expansión. Combateu Siquem chegando a controlar o Sinaí e Palestina.

Mandou construír a Pirámide de Dashur de 105 metros de altura e outras sete pirámides adxacentes.