Wikipedia:Biografías de persoas vivas

Débese ser extremadamente escrupuloso ao incluír contido biográfico en calquera páxina da Galipedia. O cumprimento das normas ten que ser estrito no que concirne a:

Todo o material incluído debe estar apoiado e atribuído a referencias fiables con citas directas. Calquera contido relacionado con persoas vivas (ou de recente pasamento) que poida ser conflitivo ou disputado ten que incluír referencias fiables ou debe ser borrado inmediatamente e sen discusión previa.[1][2]

Terase especial coidado co contido non enciclopédico e o relativo á vida privada das persoas, que debe ser evitado se non existiren razóns importantes para a súa inclusión.

Estilo dos artigos de Biografías de persoas vivas

editar

Ton dos artigos

editar

As biografías de persoas vivas deben estar escritas de forma responsable e coidadosa, cun ton ausente de paixón, evitando tanto a narración incompleta coma as esaxeracións. Os artigos deben documentar de forma neutral a información dispoñible que estea publicada por fontes secundarias e fiables sobre o suxeito do artigo, sendo aceptables as fontes primarias nas circunstancias axeitadas para incluír información auto publicada polo suxeito. As biografías de persoas vivas non deberían conter seccións de "Curiosidades".

Balance dos artigos

editar

Os eloxios e críticas poden incluírse cando estean referenciadas por fontes secundarias fiables, sempre que o conxunto se presente de forma responsable, conservativo e neutral. Non se debe asignar un espazo desproporcionado a un punto de vista en particular. Os puntos de vista marxinais deben evitarse por completo. O conxunto do artigo debe seguir unha estrutura coidada asegurando que a presentación xeral e as cabeceiras sexan todo o neutral posibles.

A idea de que todo artigo da Wikipedia é un traballo en progreso e que polo tanto é aceptable que un artigo non sexa neutral temporalmente xa que será arranxado co tempo non aplica nas biografías de persoas vivas. Debido ao potencial impacto nas propias vidas dos suxeitos, deben ser neutrais e xustas en todo momento.

Páxinas de ataque

editar

As páxinas sen fontes fiables e con ton negativo, cunha obvia intención de danar ao suxeito, deben borrarse inmediatamente se non existe unha versión neutral á que se poida volver. A creación deste tipo de páxinas, especialmente cando se fai de forma reiterada ou de mala fe, pode dar lugar a un bloqueo inmediato.

Fontes fiables

editar
Véxase tamén: Wikipedia:Fontes fiables.

A política de Verificabilidade indica que calquera material cuestionable ou suxeito a ser cuestionable debe atribuírse a unha fonte acreditada mediante unha referencia. Esta política estende este principio, engadindo que calquera información conflitiva sobre unha persoa viva que non estea referenciada ou non teña referencias axeitadas debería eliminarse inmediatamente sen discusión previa. Isto aplica independentemente de se a información é negativa, positiva ou simplemente cuestionable, tanto no artigo biográfico coma noutros artigos nos que se referencie a dita persoa. A información sobre unha persoa viva non debería incluírse nun artigo cando a única fonte de información sexan medios de prensa amarela. Cando unha información sexa verificable e notable, terá aparecido en fontes máis fiables.

Este tipo de informacións potencialmente conflitivas deben eliminarse de inmediato cando:

  1. Non están referenciadas ou non están apoiadas por fontes fiables.
  2. Son conxeturas ou interpretacións dunha fonte (ver WP:NFP)
  3. Só se apoia en fontes auto-publicadas, agás que estean escritas polo suxeito da biografía (ver embaixo)
  4. Só se apoia en fontes que non cumpren os estándares de verificabilidade.

Usar fontes propias autopublicadas polo suxeito da biografía

editar

As persoas vivas poden publicar materiais sobre si mesmos, a través de medios como notas de prensa ou páxinas web persoais. Este tipo de información pode usarse como fonte só cando:

  1. Non sexa puramente promocional ou interesada.
  2. Non inclúa afirmacións sobre terceiros.
  3. Non inclúa afirmacións sobre eventos non relacionados directamente co suxeito.
  4. Non exista unha dúbida razoable sobre a súa autenticidade.
  5. O artigo non se base única ou principalmente neste tipo de fontes.

Aplicación a persoas finadas, corporacións ou grupos

editar

Persoas finadas recentemente

editar

Tódolos nados nos últimos 115 anos entran dentro da consideración desta política agás que unha fonte fiable teña confirmado o seu pasamento. Polo xeral, esta política non aplicará a material relacionado con persoas finadas para as que existen fontes fiables que o confirmen. Pode darse unha excepción nos casos de finamentos recentes, nos que a política pode seguir aplicando durante o tempo que se requira para evitar inclusións de materiais non referenciados que poidan ter implicacións para os familiares ou achegados do suxeito. Na ausencia dunha confirmación do pasamento, calquera persoa nada hai máis de 115 anos considérase finada.

Entidades legais e grupos

editar

Esta política non aplica xeralmente ao material relacionado con corporacións, empresas, organizacións ou calquera outro tipo de entidades. Porén, calquera información relacionada con este tipo de entidades debe seguir cumprindo co resto de políticas, proporcionando información neutral e verificable. A afectación desta política a grupos ou asociacións de persoas debe xulgarse caso por caso, xa que en ocasións pode ser imposible facer unha distinción entre a propia organización e os individuos que a forman.

Resolución da Fundación Wikimedia

editar

O 9 de abril de 2009 a Fundación Wikimedia aprobou unha resolución sobre o manexo de información sobre persoas vivas nos proxectos Wikimedia. Nesta resolución indicouse a existencia de problemas con algunhas biografías de persoas vivas demasiado promocionais no seu ton, suxeitas a vandalismos e contendo erros e difamacións. A Fundación resaltou catro puntos na súa declaración:

  • A necesidade de prestar unha atención especial á neutralidade e verificabilidade relacionada coas persoas vivas.
  • Que se teña en conta a privacidade persoal e a dignidade humana á hora de engadir ou eliminar información sobre persoas vivas, especialmente en artigos de interese marxinal.
  • Que se investigasen novos mecanismos técnicos para avaliar as edicións en artigos sobre persoas vivas.
  • Que calquera que manifeste unha queixa sobre como se lle describe nas páxinas do proxecto sexa tratado con paciencia, educación e respecto.