Walter Mosley
Walter Ellis Mosley, nado nos Ánxeles (California) o 12 de xaneiro de 1952, é un escritor estadounidense. É coñecido especialmente polas súas obras de novela negra protagonizadas polo detective Easy Rawlins, un detective negro veterano da segunda guerra mundial que vive no barrio de Watts.
Traxectoria
editarVida persoal
editarMosley naceu en Los Angeles, no barrio de Watts, fillo de Ella Slatkin (unha secretaria xudía de orixe polaca) e Leroy Mosley (conserxe de escola afroamericano orixinario de Luisiana, que traballara de oficinista no exército estadounidense na segunda guerra mundial). Os seus pais intentaron casar en 1951, pero aínda que o seu matrimonio era legal en California, ninguén quixo oficiar[1][2][3][4]. Relaciona a súa imaxinación literaria co feito de ser fillo único, "an emptiness in my childhood that I filled up with fantasies".
Foi a unha escola baptista privada, pioneiros na educación primaria de afroamericanos. Con 12 anos os seus pais mudáronse do sur da cidade cara ao oeste, a un barrio máis confortable[5]. Mosley describe o seu pai como un "Sócrates negro", pensativo e contacontos. A súa nai, que non era moi efusiva, animouno a escribir dándolle a coñecer clásicos europeos como Dickens, Zola ou Camus. Tamén lle gustaban Langston Hughes e Gabriel García Márquez. Malia que en L.A. había conflitos raciais, a súa familia era apolítica, se ben máis tarde Walter derivou cara a un compromiso coas desigualdades raciais nos EUA, contexto no que se basea boa parte da súa ficción literaria.
Pasou por Santa Cruz e Europa durante unha fase de "hippie con melena". Comezou a estudar Belas Artes en Vermont, deixándoo para graduarse en Ciencias Políticas. Comezou un doutoramento en teoría política, pero abandonouno para comezar a traballar como informático. En 1981 mudouse a Nova York, onde coñeceu á bailarina e coreógrafa Joy Kellman, coa que casou en 1987. Separáronse logo de 10 anos e divorciáronse en 2001. Mentres traballaba en Mobil Oil, Mosley foi a un curso para aprender a escribir no barrio Harlem. Alí, Edna O'Brien, unha das súas titoras, converteuse na súa mentora. Actualmente reside na cidade de Nova York.
Escritor
editarMalia que Mosley comezou a escribir con 34 anos, leva escritos máis de 33 libros de diversas categorías, como novela, afrofuturismo, ciencia ficción ou política. A súa obra foi traducida a 21 idiomas. Entre as súas influencias están as obras de Dashiell Hammett, Graham Greene e Raymond Chandler. A súa fama incrementouse en 1992, cando o candidato á presidencia Bill Clinton, fan das novelas de asasinatos, nomeou a Mosley coma un dos seus autores favoritos. En 1997 fixo historia dentro da edición ao ceder o manuscrito de Gone Fishin' a unha editorial pequena e independente de Baltimore, Black Classic Press, dirixida polo Pantera Negra Paul Coates.
Dous dos seus libros foron levados ao audiovisual. A súa primeira obra, Devil in a Blue Dress, foi a base para o guión dunha película de 1995 protagonizada por Denzel Washington. A estrea da súa primeira obra teatral, The Fall of Heaven, tivo lugar no Playhouse in the Park de Cincinnati (Ohio) en xaneiro de 2010.
Recoñecementos
editar- Anisfield Wolf Award, para obras a prol do aprecio polo entendemento racial nos EUA.
- Finalista do premio NAACP na sección de ficción.
- Premio Black Caucus da Asociación de Bibliotecas dos Estados Unidos por RL's Dream (1996)
- O. Henry Award por unha historia de Socrates Fortlow (1996).
- Premio Risktaker do Sundance Institute pola súa creatividade e activismo (2005).
- Premio Parallax da Carl Brandon Society pola súa obra 47 (2006).
- Doutoramento honorífico do City College of New York.
Obra
editarDetective Easy Rawlins
editar- Devil in a Blue Dress (1990)
- A Red Death (1991)
- White Butterfly (1992)
- Black Betty (1994)
- A Little Yellow Dog (1996)
- Gone Fishin' (1997)
- Bad Boy Brawly Brown (2002)
- Six Easy Pieces (2003)
- Little Scarlet (2004)
- Cinnamon Kiss (2005)
- Blonde Faith (2007)
Fearless Jones
editar- Fearless Jones (2001)
- Fear Itself (2003)
- Fear of the Dark (2006)
Leonid McGill
editar- The Long Fall (2009)
- Known to Evil (2010)
Ciencia ficción
editar- Blue Light (1998)
- Futureland: Nine Stories of an Imminent World (2001)
- The Wave (2005)
Socrates Fortlow
editar- Always Outnumbered, Always Outgunned (1997)
- Walkin' the Dog (1999)
- The Right Mistake (2008)
Narrativa xuvenil
editar- 47 (2005)
Ficción
editar- RL's Dream (1995)
- The Man in My Basement (2004)
- Walking the Line (2005), relato aparecido en Transgressions
- Fortunate Son (2006)
- The Tempest Tales (2008)
Erótica
editar- Killing Johnny Fry: A Sexistential Novel (2006)
- Diablerie (2007)
Non-ficción
editar- Workin' on the Chain Gang: Shaking off the Dead Hand of History (2000)
- What Next: An African American Initiative Toward World Peace (2003)
- Life Out of Context: Which Includes a Proposal for the Non-violent Takeover of the House of Representatives (2006)
- For Authors, Fragile Ideas Need Loving Every Day
- This Year You Write Your Novel (2007)
Novela gráfica
editar- Maximum Fantastic Four (2005, con Stan Lee e Jack Kirby)
Películas e televisión
editar- Fallen Angels: Fearless (1995) (TV)
- Devil in a Blue Dress (1995)
- Always Outnumbered (1998) (TV)
Notas
editar- ↑ Biografía de Walter Mosley en www.filmreference.com (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
- ↑ Entrevista con Mosley Arquivado 27 de maio de 2011 en Wayback Machine. en Crime Time (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
- ↑ "The Chain Gang", entrevista en PBS, 6 de abril de 2000 (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
- ↑ "Time for a new Black Power movement", artigo en The Guardian, 18 de agosto de 2002 (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
- ↑ "Socrates of the streets", artigo en The Guardian, 6 de setembro de 2003 (consultado o 3 de marzo de 2010) (en inglés).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- www.waltermosley.com (en inglés).