California

estado dos Estados Unidos de América

California[1][2] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.

Modelo:Xeografía políticaCalifornia
State of California (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoI Love You, California Editar o valor en Wikidata

Lema«Eureka!» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialTartán do estado de California (Tartán)
Paspallás de California (aves)
Cantharellus californicus (cogomelo)
Eschscholzia californica (flor) Editar o valor en Wikidata
AlcumeThe Golden State, الولاية الذهبية, Y Dalaith Aur e El Estado Dorado Editar o valor en Wikidata
EpónimoAs Californias Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°N 120°O / 37, -120
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
CapitalSacramento (1854–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación39.538.223 (2020) Editar o valor en Wikidata (93,26 hab./km²)
Número de fogares13.103.114 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie423.970 km² Editar o valor en Wikidata
Auga4,84 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude884 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Whitney (4.421 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoBacía Badwater (−86 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación9 de setembro de 1850 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoEstado de California Editar o valor en Wikidata
• Gobernador Editar o valor en WikidataGavin Newsom (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento estatal de California , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo de California Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-CA Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS1779778 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webca.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450919

Das vinte maiores cidades dos Estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.

Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte de México. Os estadounidenses anexionaron California por volta de 1850, despois dunha guerra con México.

O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e solleiro durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.

Historia

editar
 
Un asentamento misioneiro español, en 1792.

O primeiro europeo en explorar partes da costa californiana foi o portugués João Rodrigues Cabrilho, en 1542. A primeira persoa en explorar toda a costa do actual estado de California foi o inglés Francis Drake, en 1579. A mediados do século XVIII, algúns misioneiros españois instalaron pequenos asentamentos en enormes espazos de terra ao norte do actual estado mexicano de Baixa California. Cando México se tornou independente de España, en 1821, California pasou a facer parte do territorio mexicano, e os asentamentos españois foron disolvidos e abandonados.

En 1846, durante a Guerra Mexicano-Americana, fundouse a República Californiana, e creouse unha bandeira, a Bandeira do Oso que mostraba un oso dourado e unha estrela. A república chegou a un fin súbito cando o almirante John Sloat da mariña norteamericana entrou na baía de San Francisco, e reivindicou California para os Estados Unidos.

Despois do fin da guerra, California dividiuse entre os Estados Unidos e México. A porción mexicana, Baixa California, foi posteriormente dividida en dúas, Baixa California e Baixa California Sur. A porción adquirida polos estados Unidos, a Alta California, forma a actual California norteamericana. En 1848, California posuía unha poboación, a maioría hispana e amerindia, de aproximadamente 10.000 habitantes. Despois do descubrimento de ouro, porén, a poboación expandiuse, con persoas do resto do país indo ao estado na carreira do ouro de California. O 9 de setembro de 1850 declarouse oficialmente como o 31º estado americano.

Durante a Guerra Civil Americana, a maioría da poboación californiana (preto do 70%) apoiaba aos estados suristas, mentres que só o 30% apoiaba aos do norte. Mesmo así, California participou activamente na guerra, do lado dos estados do norte, e moitas tropas californianas loitaron do lado da Unión, contra as forzas da Confederación.

Unha conexión ferroviaria intercontinental entre a costa Pacífica e a costa atlántica, inaugurada en 1869, contribuíu ao crecemento de poboación de California, traendo persoas do resto do país, que descubriron que o estado estaba moi ben dotado para a práctica da agricultura en xeral.

Actualmente, California é a maior produtora de produtos agropecuario dos Estados Unidos. Descubriuse petróleo no estado no inicio do século XX, o que contribuíu aínda máis ao crecemento de poboación. Entre 1900 e 1965, a poboación medrou ata tal punto que o estado se tornou no máis populoso do país. De 1965 ao presente, esta poboación tamén se tornou unha das máis variadas do mundo. California é un estado de tendencias liberais, e un polo mundial de comercio, da industria cinematográfica e agropecuaria.

Xeografía

editar
 
Mapa do relevo de California, onde se aprecia claramente o val central.
 
Lago Bass, lago artificial en Serra Nevada.

California limita co océano Pacífico ao oeste, Oregón ao norte, Arizona e Nevada ao leste e co estado mexicano de Baixa California ao sur. A xeografía é diversa, e inclúe un gran val central, altas montañas, desertos quentes e secos e diversas forestas. Cunha superficie de 410.000 km², California é o terceiro maior estado norteamericano. A maioría das grandes cidades californianas están localizadas ao longo do océano, onde o clima é lene e confortábel. Sacramento é unha excepción, pois está localizada no val central.

Localizado nunha rexión xeoloxicamente activa, California posúe moitos volcáns, moitos deles activos; o estado é famoso polos seus terremotos, que ocorren na rexión grazas á presenza da Falla de Santo André. Aínda que se rexistraron poderosos terremotos en Alasca e no río Mississippi, os terremotos de California son famosos porque acontecen frecuentemente e atinxen áreas densamente habitadas. Unha lenda popular di que, finalmente, un xigantesco terremoto causará a separación da área costeira de California do continente, que irá afundir no océano ou formar unha nova masa de terra. O feito de que este escenario non sexa posíbel desde un punto de vista xeolóxico parece non afectar a aceptación da lenda por parte da poboación californiana, ou do seu uso pola industria cinematográfica.

California está dividida en oito distintas rexións xeográficas:

  • As Montañas Klamath, localizadas no noroeste do estado, inclúen moitas paisaxes forestais, situadas en altas altitudes. Localízanse aquí picos de ata 2 400 metros de altitude ao sur das Montañas Klamath e ao longo da costa do océano Pacífico
  • As Cadeas Litorais, ao sur das Montañas Klamath, caracterízanse pola presenza da Falla de Santo André.
  • As Montañas Cascada, ao norte e leste das Montañas Klamath, están marcadas por numerosas montañas, formadas por erupcións volcánicas.
  • A Basin and Range Region, ao leste das Montañas Castada e no nordeste do estado, son unha rexión montañosa creada polo choque das dúas placas tectónicas.
  • O Val Central, ou Gran Val, localízase no centro do estado, onde se sitúan as dúas grandes bacías hidrográficas, en torno dos ríos máis longos do estado, o río Sacramento e o río San Joaquín. Esta rexión é moi fértil, e produce os tres cuartos da produción agraria de California.
  • A Sierra Nevada, localizada ao leste do Val Central e no centro-leste do estado, é unha inmensa muralla rochosa, que posúe 650 km de lonxitude e entre 60 a 110 km de ancho. Aquí atópase o punto máis alto dos Estados Unidos (excluíndose Alasca e Hawai), o Monte Whitney. Grandes ríos que corren ao longo da rexión escavaron grandes vales. O maior e máis marcado é o Val de Yosemite.
  • A Cadea Transversa é tamén unha área montañosa. Porén, aquí, as serras esténdense nun sentido leste-oeste (xeralmente, neste estado, as serras esténdese nun sentido norte-sur). A Transverse Ranges localízase no suroeste do estado, e a cidade dos Ánxeles está situada aquí.
  • A Cadea Peninsular é unha rexión montañosa, localizada no extremo suroeste do estado, onde está localizada o condado de San Diego.
  • Por fin, a Basin and Range Region é unha grande área árida, no leste e sueste do estado, onde se localizan o Deserto de Mojave e o famoso Val da Morte. O Val da Morte atópase nunha depresión xeográfica, a 86 metros por debaixo do nivel do mar. O Parque Nacional de Yosemite posúe moitas das cataratas máis altas da América do Norte.
 
A rexión de Sierra Nevada.
 
O Parque Nacional de Yosemite.
 
Vista dun oasis no medio do Val da Morte.
 
Media de precipitacións no norte de California.
 
Media de precipitacións no sur de California.

Dada a súa grande extensión e a súa diversidade xeográfica, California posúe unha gran variedade de climas. Diferentes rexións posúen diferentes condicións climáticas, e isto varía de acordo coa latitude, distancia en relación ao océano, altitude e presenza de obstáculos xeográficos (como serras e cadeas de montañas). A maior parte posúe un clima temperado mediterráneo, con só dúas estacións ben definidas, invernos chuviosos e veráns secos, especialmente no sur e ao longo do litoral. A proximidade do océano Pacífico determina veráns máis fríos e invernos máis quentes. As neboeiras son moi comúns nas áreas costeiras. O interior posúe veráns moi quentes e invernos fríos.

A temperatura media do norte e nas rexións de maior altitude é inferior a 0 °C. Ao longo do sur e do litoral, porén, é de máis de 11 °C. A temperatura máis baixa rexistrada é de -43 °C, o 20 de xaneiro de 1937. As mínimas varían entre -45 °C e 10 °C, e as máximas entre -40 °C e 18 °C.

A temperatura media no verán é de 25 °C. As menores temperaturas medias son rexistradas nas rexións de maior altitude, no nordeste e ao longo do litoral. Nestas rexións, a temperatura media é inferior a 20 °C. Estas rexións posúen mínimas que varían entre 6 °C e 18 °C, e máximas entre 20 °C e 34 °C. No leste e particularmente no sueste posúen altas temperaturas medias no verán, superiores a 33 °C. As mínimas poden chegar ata 2 °C, e as máximas poden superar facilmente os 50 °C nestas rexións semidesérticas. A temperatura máis alta rexistrada foi de 57 °C, no Val da Morte, o 10 de xullo de 1913.

As precipitacións caen case sempre en forma de choiva, maiores ao longo da rexión costeira do estado, principalmente no norte. Porén, Tamarack, en Serra Nevada, rexistra anualmente máis dun metro de precipitación de neve. As Cadeas Transversais, Peninsulares e a Serra Nevada impiden o fluxo de aire húmido ao interior do sueste de California, creando unha grande área de clima desértico, o Deserto de Mojave, onde se atopa o Val da Morte.

Temperaturas medias altas e baixas dalgunhas cidades de California
Cidade Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec
Bakersfield 13/4 18/6 20/8 24/10 29/14 33/18 36/21 35/20 32/18 27/13 18/7 13/3
Fresno 12/3 16/5 19/7 23/9 28/13 33/16 36/19 35/18 32/16 25/11 17/6 12/3
Os Ánxeles 18/9 19/9 20/10 21/12 23/13 24/14 28/17 28/17 27/16 25/14 23/12 20/10
Sacramento 12/4 16/6 18/7 22/8 27/11 31/13 33/14 33/14 31/13 24/11 17/6 12/3
San Francisco 13/6 15/8 16/8 18/9 19/10 21/12 22/12 22/13 23/13 21/11 17/9 13/6
San Diego 19/10 19/11 19/12 21/13 21/12 22/17 24/19 26/19 25/19 23/16 21/12 19/9
US Travel Weather

Política

editar
 
Capitolio do Estado de California en Sacramento.
 
Mapa dos condados de California.

California está constituída como unha república, co que posúe os tres principais poderes gobernamentais: o poder executivo, constituído polo Gobernador e outros oficiais electos; o poder lexislativo, constituído polo Senado e a Asemblea, e o poder xudicial, constituído pola Corte Suprema. O estado tamén permite a participación directa do electorado, a través de referendos e votacións, en decisións gobernamentais.

A actual constitución do Estado foi creada en 1879, aínda que a primeira xa fora adoptada en 1849. As emendas á constitución son propostas xeralmente polo poder lexislativo e, de ser o caso, precisan ser aprobadas por dous terzos dos membros. As emendas tamén se poden propor por medio de sinaturas, e dicir, directamente pola poboación e, neste caso, as sinaturas precisan conter cando o menos o 8% dos votos dos electores que elixiran ao Gobernador na última elección estatal. E finalmente, as novas emendas poden ser propostas a través de Convencións Constitucionais, que precisan ser aprobadas por dous terzos do poder lexislativo. Nos tres casos, se a emenda en cuestión é aprobada, precisa recibir a aprobación dos dous terzos da poboación californiana para entrar en vixencia.

A capital do Estado é a cidade de Sacramento. Ao longo da historia do estado, outras cidades que serviron por algún tempo como capital foron Monterey, entre 1775 a 1849; San Jose, entre 1849 e 1851; Vallejo; entre 1852 e 1853; Benicia, entre 1853 e 1854, e San Francisco, en 1862. A capital mudouse para Sacramento en 1852, con carácter temporal, cando a construción dun Centro de Goberno non puido ser completada a tempo en Vallejo. Fnalmente, Sacramento converteuse oficialmente na capital o 25 de febreiro de 1854, excepto por un curto período en 1862, cando unhas severas inundacións en Sacramento obrigaron a unha mudanza temporal para San Francisco.

O Poder executivo está centralizado no Gobernador e noutros oficiais constitucionais, que son elixidos pola poboación para mandatos de catro anos, e poden ser reelixidos unha vez. O Poder lexislativo constitúeno o Senado (formado por corenta senadores) e mais a Asemblea, esta con oitenta membros. Os senadores posúen mandatos de catro anos de duración e os membros da Asemblea de dous anos. A 29 de xaneiro de 2010, son 49 Demócratas, 29 Republicanos, un independente e unha cadeira vacante na Asemblea.

O actual gobernador é Arnold Schwarzenegger, que foi a segunda persoa en substituír un gobernador de estado norteamericano nunha elección de recall, isto é, unha elección onde os electores votan para destituír un gobernador en exercicio. Schwarzenegger substituíu a Gray Davis, que gobernou entre 1999 a 2003, retirado do seu oficio a través dos resultados desta elección estatal de recall en outubro de 2003.

O sistema xudicial está supervisado polas sete Casas de Xustiza da Corte Suprema de California. Alén diso, cada condado posúe súa propia Corte Suprema. Os xuíces do sistema son sempre nomeados polo gobernador para mandatos de doce anos de duración, mais eles precisan ser regulamente reconfirmados polo electorado. O sistema legal está explicitamente baseado no sistema legal inglés, mais posúe tamén algunhas características das leis civís españolas.

A nivel nacional, o estado de California está representado por dous senadores e 53 representantes. A pesar de ser un dos estados máis liberais dos Estados Unidos, e de que a poboación apoiou tradicionalmente máis ao Partido Demócrata, algunhas áreas do Estado son politicamente moi conservadoras e habitualmente apoian máis ao Partido Republicano, especialmente os condados de San Diego e Orange. O republicano George W. Bush perdeu en California nas eleccións nacionais de 2004, por 9%, co demócrata John Kerry, tal como nas eleccións de 2008, nas que o republicano John McCain perdeu fronte ao demócrata Barack Obama, desta vez por un 24%.

Un gran problema do estado é a débeda do Goberno Estatal. California gasta máis anualmente do que recibe do goberno ou de impostos estatais. Con isto, a débeda interna estatal continúa a medrar, e actualmente, está na orde das decenas de miles de millóns de dólares.

Subdivisións e orzamento

editar
Artigo principal: Condados de California.

California está dividida nun total de 58 condados. O maior deles é o condado dos Ánxeles, o máis populoso de tódolos Estados Unidos de América, que posúe aproximadamente 10,5 millóns de habitantes, o que supón aproximadamente un terzo da poboación do estado. A maior parte dos condados está administrada por un Consello de cinco membros supervisores e outros oficiais electos pola poboación do condado. Os impostos representan o 60% do orzamento, o resto provén de fondos fornecidos polo goberno americano.

Economía

editar
 
O letreiro de Hollywood, símbolo da importante industria do entretemento californiana.

California é responsable aproximadamente do 14% do produto interior bruto dos Estados Unidos. O PIB foi de 1.400 millóns de dólares en 2004, o maior do país. A renda per cápita é de 33.415 dólares (dato de 2003), a número 12 do país. O índice de desemprego do estado en 2002 era de 6,7%.

O sector primario representa o 2% do PIB de California. A agricultura e a gandaría representan xuntas o 1,95% do PIB, e empregan a preto de 750 000 persoas. O valor total dos produtos producidos por estes dous sectores é o maior de tódolos Estados Unidos. O estado posúe unhas 89 000 facendas, e moitas delas dependen do rego artificial para o cultivo de plantacións. California é o líder nacional na produción de leite, carne de vacún, tomates, amorodos, melóns, pexegos e sandías, e produce a maior parte dos kiwis americanos. Alén diso, California é o segundo maior produtor de laranxas dos Estados Unidos, só por detrás de Florida. A pesca e a industria madeireira responden xuntas por 0,05% do PIB e empregan preto de 5.000 persoas.

O sector secundario representa o 18% do PIB. A industria manufactureira representa o 14%, e emprega preto de 2,1 millóns de persoas. O valor total dos produtos industrializados é o maior de todos os Estados Unidos, de 211.000 millóns de dólares en 2000. Os principais produtos industrializados fabricados son computadoras, alimentos industrializados, equipamentos de transporte, maquinaria e produtos químicos. A industria da computación e da electrónica en California, unha industria de alta tecnoloxía, é a maior de todo o país, sendo o valor total dos produtos producidos por este sector de case 52.000 millóns de dólares, maior que o valor total de tódolos produtos industrializados de corenta estados americanos. O 40% da electricidade consumida no estado é xerada en hidroeléctricas, o 30% en reactores nucleares e o 25% en centrais de gas natural. California é tamén líder nacional na xeración de electricidade usando fontes renovables de enerxía. Ningún estado produce máis electricidade a través do uso da enerxía eólica e solar, ademais das nomeadas hidroeléctricas. Porén, o crecemento da cantidade de electricidade producida no estado non acompañou, nos últimos anos, o inmenso crecemento de poboación, xerando varios cortes de enerxía. A industria de construción representa o 3,6% do PIB, e emprega a case 915 000. A minería representa case o 0,4% do PIB, e emprega a case 42 000. Os principais recursos naturais extraídos no estado son petróleo, gas natural, ouro e tungsteno.

O sector terciario representa o 80% do PIB. Os servizos persoais, comerciais e comunitarios son responsables do 23% do PIB, e preto de 6,3 millóns de persoas traballan neste sector. Empresas financeiras son responsables do 22% do PIB, traballando 1,48 millóns de persoas neste sector. O comercio emprega a 3,8 millóns de persoas e produce o 16% do PIB. Os servizos gobernamentais empregan a case 2,4 millóns de persoas e producen case o 11% do PIB. Os transportes e telecomunicacións empregan a 818.000 persoas e producen preto do 8% do PIB.

California como nación independente

editar
 
California en comparación con outros países. PIB no mesmo rango que China, España e Italia.

A miúdo fálase de como sería a economía de California se fose un Estado independente e a súa comparación con outras economías mundiais. Con todo, as estatísticas citadas varían notablemente, aínda que colocan a California entre o sétimo e o décimo lugar mundial dependendo da fonte, e tamén dependendo do ano. Estimacións do ano 2008 poñen a California no posto número oito.[3]

  1.   Estados Unidos (sen California)
  2.   Xapón
  3.   China
  4.   Alemaña
  5.   Francia
  6.   Reino Unido
  7.   Italia
  8.   California
  9.   Brasil
  10.   Rusia

Demografía

editar

A poboación de California é de 33 871 648 habitantes, segundo o censo nacional de 2000. O crecemento entre 1990 e 2000 foi do 14%. A estimación oficial para a poboación en 2003 foi de 35 484 453 habitantes. California é o estado máis habitado dos estados Unidos, e concentra ela soa ao 12% da poboación norteamericana. Da poboación de California, 9 400 000 (o 26,5% da poboación do estado) naceron fóra do país e estimase que 2 209 000 deles son inmigrantes ilegais, que representan o 6,2 % da poboación do estado.

Etnias e sexo

editar
Crecemento de poboación de California
Ano Habitantes
1850 92.597
1860 379.994
1870 560.247
1880 864.694
1890 1 213 398
1900 1 485 053
1910 2 377 549
1920 3 426 861
Ano Habitantes
1930 5 677 251
1940 6 907 387
1950 10 586 223
1960 15 717 204
1970 19 971 069
1980 23 667 826
1990 29 839 250
2000 33 871 648

Da poboación californiana:

California non posúe un grupo étnico maioritario. Os brancos anglosaxóns aínda son o maior grupo étnico do estado, mais xa non son o grupo maioritario, debido ás altas taxas de inmigración hispana en anos recentes. Os hispanos compoñen un terzo da poboación. Alén diso, o estado posúe a maior porcentaxe de asiáticos dos Estados Unidos, só Hawai posúe unha porcentaxe maior.

Por causa das altas taxas de inmigración hispana, provenientes da América Latina (especialmente México), e maiores taxas de natalidade entre a poboación hispana, prevese que os hispanos se converterán no grupo maioritario da poboación californiana no 2040. Os maiores grupos étnicos son mexicanos (que compoñen preto do 25% da poboación), asiáticos en xeral, alemáns e Británicos. Unha considerable poboación amerindia, 350 000 nativos indíxenas, tamén vive en California. O estado posúe a maior poboación indíxena dos estados Unidos.

Por sexos, o 50,2% son persoas de sexo feminino e o 49,8% son persoas de sexo masculino

Relixión

editar
 
San Francisco.

As afiliacións relixiosas da poboación californiana son as seguintes:

Principais cidades

editar
 
Sacramento.

California é un estado altamente urbanizado. As súas catro maiores rexións urbanas son Os Ánxeles, San Diego, San Jose e San Francisco, todas entre as 20 maiores cidades dos Estados Unidos. O 97% da poboación vive en rexións metropolitanas, e o 93% da poboación viven en áreas urbanas. O estado posúe varias grandes cidades, moitas delas foran parte dalgunha das seguintes rexións metropolitanas:

Listaxe Cidade Condado Pob. Listaxe Cidade Condado Pob.
 
Os Ánxeles
 
San Diego
1 Os Ánxeles Os Ánxeles (condado) 4.065.585 11 Bakersfield Kern 333.719
2 San Diego San Diego (condado) 1.353.998 12 Riverside Riverside 300.430
3 San Jose Santa Clara 1.007.223 13 Stockton San Joaquin 290.409
4 San Francisco San Francisco 845.559 14 Chula Vista San Diego 233.108
5 Fresno Fresno 495.913 15 Fremont Alameda 215.636
6 Long Beach Os Ánxeles (condado) 492.682 16 Irvine Orange 212.793
7 Sacramento Sacramento (condado) 502.062 17 Modesto Stanislaus 210.088
8 Oakland Alameda 425.068 18 Glendale Os Ánxeles (condado) 207.303
9 Santa Ana Orange 355.662 19 San Bernardino San Bernardino (condado) 204.483
10 Anaheim Orange 348.467 20 Huntington Beach Orange 202.480
Estimado 2009


Educación

editar

O sistema educativo está amparado por unha emenda constitucional que fai que o 40% da renda anual do goberno se gaste en educación.

Escolas

editar
 
Universidade de California, edificio principal no campus dos Ánxeles.

As primeiras escolas públicas foron inauguradas en San Francisco, en 1850. Dous anos despois, California ordenou que todos os condados e as cidades con máis de 5 mil habitantes fixesen o mesmo, e pasou a fornecer fondos a estes condados e cidades. Actualmente, as regras e normas dítaos o Consello de Educación de California, que está composto por 11 membros escollidos polo gobernador, e aprobados polo Senado do estado. Cada cidade posúe a responsabilidade de administrar o seu propio sistema escolar público. En cidades con menos de 10 mil habitantes e en rexións máis illadas, son os condados os que asumen a responsabilidade de administrar o sistema escolar da rexión. Estes sistemas escolares son financiados a través de impostos municipais e de fondos fornecidos polo goberno estatal.

As escolas do ensino primario (6 - 12 anos) posúen calidades diferentes, dependendo basicamente dos impostos recadados na rexión onde a escola está instalada e do tamaño da administración local. Nalgunhas rexións, os custos administrativos drenan boa parte das fondos destinados ás escolas locais. Nas rexións pobres, a taxa de analfabetismo chega ao 30% ou máis. Unha cousa que todas as escolas posúen en común é que o ensino sobre a historia de California é obrigatorio para todos os estudantes da cuarta serie. Todos os cativos con máis de 6 anos de idade teñen que ir á escola, polo menos ata a graduación na décima segunda ou na décima terceira serie (varía segundo a cidade), ou ata cumprir 18 anos.

Universidades

editar
 
Universidade Stanford.

Unha das principais universidades é a Universidade de California, que posúe dez campus, e emprega máis Premios Nobel que calquera outra institución de ensino superior do mundo, e é considerada unha das mellores institucións de ensino superior público do país. Oito campus primarios están localizados en Berkeley, Os Ánxeles, Davis, Santa Cruz, Santa Bárbara, Irvine, Riverside e San Diego. Un noveno campus, localizado en San Francisco, ensina só ciencias, e un décimo campus, en Merced, ensina só lei e dereito.

Con máis de 400 000 estudantes, a Universidade do estado de California é a maior universidade dos Estados Unidos. As facultades comunitarias proporcionan educación vocacional, así como programas de educación continuada (educación para adultos). Cerca de 109 facultades espalladas en 72 distritos diferentes atenden a preto de 2,9 millóns de estudantes. Algunhas institucións privadas de educación superior, internacionalmente recoñecidas, están tamén localizadas no estado. Entre elas, están a Universidade Stanford, Universidade do Sur de California e o Instituto Tecnolóxico de California (ou simplemente Caltech).

Transportes

editar
 
Los Angeles International Airport.
 
Unha estrada californiana.

O inmenso territorio californiano está cruzado por un sistema extensivo de estradas, autoestradas e autovías. Todo este sistema é administrado polo Departamento de Transportes de California. A maioría dos californianos usan as vías públicas para se desprazaren ao traballo, compras, lecer e turismo. Moitas das grandes cidades californianas son famosas polos seus grandes conxestionamentos, especialmente Os Ánxeles e San Francisco/Oakville. Só a cidade de Nova York posúe unha reputación similar.

En California están localizadas dous dos aeroportos con máis movemento do mundo: o Aeroporto Internacional de Los Angeles e o Aeroporto Internacional de San Francisco. Son os principais centros aeroportuarios do oeste de América do Norte. Outra ducia de importantes aeroportos comerciais e moitos aeroportos da aviación xeral están espallados ao longo dos cincuenta e oito condados de California.

Posúe tamén moitos grandes centros portuarios. O xigantesco complexo portuario formado polo Porto de Los Angeles e o Porto de Long Beach, no sur do estado, é o de máis movemento do país, responsábel do manexo de aproximadamente un cuarto de todo o tráfico de contedores dos Estados Unidos. Este complexo portuario é tamén un dos de máis movementos do mundo.

O sistema de transporte ferroviario californiano é administrada pola Amtrak. San Francisco e Os Ánxeles posúen sistemas de metro e de metro lixeiro, e San Diego e Sacramento posúen un sistema de light rail. O Metrolink é un método ferroviario de transporte interurbano, e que conecta moitas das grandes cidades do sur de California, conectando San Jose con San Francisco. Case todos os condados operan liñas de ómnibus, e moitas cidades operan os seus propios sistemas de transporte público.

O rápido crecemento de poboación está conxestionando cada vez máis todos os sistemas de transporte do estado. Un crecente problema na política californiana é se o estado debería expandir o seu sistema de autoestradas e estradas, ou incentivar os seus condados e cidades a melloraren os sistemas de transporte público.

Deporte

editar
 
Kobe Bryant, ex xogador de Los Angeles Lakers.
 
O'Sullivan, xogador dos San Francisco 49ers.

California foi sede dos dos Xogos Olímpicos de Os Ánxeles 1932 e Os Ánxeles 1984, dos Xogos Olímpicos de Inverno de Squaw Valley 1960 así como do Mundial de fútbol de 1994. California ten quince franquías nas Grandes Ligas de deportes profesionais, moitas máis que calquera outro estado. A Área da Baía de San Francisco ten seis equipos nas Grandes Ligas en tres cidades, San Francisco, Oakland e San Jose. Outros tantos ten a Área Metropolitana dos Ánxeles, aínda sendo durante anos a maior área metropolitana que non dispoñia dun equipo na National Football League. Por outra banda, a capital Sacramento posúe un.

Sede dalgunhas das máis prominentes universidades dos Estados Unidos, California ten desde hai moito tempo respectados programas de deportes universitarios. En particular, os programas atléticos de Berkeley, USC, UCLA, Stanford e Fresno State a miúdo clasifícanse a nivel nacional en varios deportes universitarios. California tamén é sede do máis antigo dos títulos universitarios denominados "bowl", a anual Rose Bowl, e a Holiday Bowl, entre outras.

Numerosos circuítos de carreiras dos Estados Unidos áchanse en California. Os principais son o California Speedway de Fontana, o circuíto urbano de Long Beach e os autódromos de Laguna Seca e Sears Point, así como os desaparecidos Riverside e Ontario. Ademais de albergar os principais certames norteamericanos de automobilismo e motociclismo, o Gran Premio de Long Beach foi unha proba válida para o Campionato Mundial de Fórmula 1, en canto que Laguna Seca albergou probas do Campionato Mundial de Motociclismo e o Campionato Mundial de Superbikes. Seguidamente móstrase unha lista dos principais equipos das Grandes Ligas de deporte profesional de California:

Equipo Deporte Liga Cidade
Oakland Raiders Fútbol americano National Football League Oakland
Los Angeles Chargers Fútbol americano National Football League Os Ánxeles
Los Angeles Rams Fútbol americano National Football League Os Ánxeles
San Francisco 49ers Fútbol americano National Football League San Francisco
Los Angeles Angels of Anaheim Béisbol Major League Baseball Anaheim
Los Angeles Dodgers Béisbol Major League Baseball Os Ánxeles
Oakland Athletics Béisbol Major League Baseball Oakland
San Diego Padres Béisbol Major League Baseball San Diego
San Francisco Giants Béisbol Major League Baseball San Francisco
Golden State Warriors Baloncesto National Basketball Association Oakland
Los Angeles Clippers Baloncesto National Basketball Association Os Ánxeles
Los Angeles Lakers Baloncesto National Basketball Association Os Ánxeles
Sacramento Kings Baloncesto National Basketball Association Sacramento
Anaheim Ducks Hóckey sobre xeo National Hockey League Anaheim
Los Angeles Kings Hóckey sobre xeo National Hockey League Os Ánxeles
San Jose Sharks Hóckey sobre xeo National Hockey League San Jose
  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. "California economy". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2010. Consultado o 17 de marzo de 2010. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar