Sonia Rykiel
Sonia Rykiel, nada Sonia Flis o 25 de maio de 1930 en París e finada o 25 de agosto de 2016 na súa cidade natal, foi unha deseñadora de moda francesa, fundadora da casa de moda Sonia Rykiel.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Sonia Annette Flis 25 de maio de 1930 XIV Distrito de París, Francia |
Morte | 25 de agosto de 2016 (86 anos) VII Distrito de París, Francia |
Causa da morte | párkinson |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
Lateralidade | destro |
Actividade | |
Campo de traballo | Deseño de moda |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | deseñadora de alta costura, escritora, empresaria, escritora de literatura infantil, deseñadora, deseñador de moda |
Familia | |
Fillos | Nathalie Rykiel, Jean-Philippe Rykiel |
Premios | |
| |
Sitio web | soniarykiel.com |
Traxectoria
editarO seu pai eran romanés e a nai polaca, ambos os dous xudeus, e Sonia era a máis vella dos cinco fillos da parella[2]. En 1948 era escaparatista na Grande Maison de Blanc e en 1954 casou con Sam Rykiel, propietario de Laura, unha tenda dedicada á confección de roupa,[3] e foi nesta tenda na que realizou as súas primeiras confeccións, primeiro roupa para embarazadas e logo xerseis que se coñecerían como poor boy sweater e que se volverían as pezas icónicas da deseñadora, sempre á marxe da alta costura e ligada ao movemento prêt à porter.
En 1960, un dos seus xereis foi portada da revista Elle e Audrey Hepburn, nunha visita á tenda Laura, levou 14 xerseis asinados Sonia Rykiel de todas as cores[4]
En 1965 creou, coa axuda do seu marido, a sociedade Sonia Rykiel C. D. M. Consagrada en 1967 pola revista estadounidense Women's Wear Daily como a "raíña do punto", Rykiel na procura dunha moda cómoda e versátil inventou as costuras visibles, as pezas sen remate nin vaíña, colocou mensaxes nas pezas de roupa e en xeral deu lugar a unha nova filosofía da moda: démode[1]. Creando un estilo de elementos identificables como negros, o estampado a raias, o strass ou o encaixe.
A pesar do seu divorcio con Sam Rykiel, fundou con este último, en maio de 1968, o "griffe Sonia Rykiel" e abriu a súa primeira tenda en París.[1] As súas creacións quedaron asociadas coa imaxe dunha parisiense "feminina, libre, sensual e independente".[5],[6]
Rykiel tamén foi escritora, escribiu varios libros sobre moda, unha colección de historias para nenos e unha novela epistolar con Régine Deforges. Publicou o seu primeiro libro, Et Je La Voudrais Nue, en 1979.[7]
Libros
editar- 1979 : Et je la voudrais nue, éditions Grasset.
- 1988 : Célébration 20 ans de mode, éditions des femmes.
- 1989 : La collection, éditions Grasset.
- 1993 : Tatiana, acacia, contos infantís, ilustracións de Charles Matton, éditions Flammarion 4.
- 1994 : Collection terminée, Collection interminable, Éditions Flammarion.
- 1996 : Les lèvres Rouges, novela, éditions Grasset (éditions Kodansha, Xapón, 2000).
- 1999 : Paris sur les pas de Sonia Rykiel, éditions Garde Temps (éditions Shueisha, Japon, 2000).
- 2005 : L'envers à l'endroit, éditions Fayard.
- 2005 : Casanova était une femme, correspondencia entre Sonia Rykiel e Régine Deforges, ilustracións de Claire Bretécher, éditions Calmann-Lévy.
- Dictionnaire déglingué, éditions Flammarion (ISBN 978-2-0812-7178-4)
- 2012 : N'oubliez pas que je joue, escrito con Judith Perrignon, éditions de l'Iconoclaste.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Philippe Dayan, Dans les coulisses de Sonia Rykiel, Les Échos, no30, setembro de 2004, p. 58
- ↑ « Sonia Rykiel: Mode et Design » Arquivado 29 de marzo de 2012 en Wayback Machine., ina.fr, 30 de decembro de 1989.
- ↑ De fille en aiguille Arquivado 23 de febreiro de 2016 en Wayback Machine., Liberation, 10 de xaneiro de 2005
- ↑ Joyeux anniversaire Sonia Rykiel Arquivado 22 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Vogue, 24 de novembro de 2008
- ↑ Mort de Sonia Rykiel, la couturière qui a libéré le pull Arquivado 16 de setembro de 2016 en Wayback Machine., radiovl.fr, 25 de agosto de 2016
- ↑ « Nathalie Rykiel: L’élégance, un mythe à casser, lesoir.be, 25 de agosto de 2016
- ↑ Suzi Menkes (28 de abril de 1998). "Sonia Rykiel: Still Whipping Up the Cultural Broth". The New York Times.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sonia Rykiel |