Simone Simon
Simone Thérèse Fernande Simon, nada en Béthune (Marsella) o 23 de abril de 1910 e finada en París o 22 de febreiro de 2005, foi unha actriz francesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Simone Thérèse Fernande Simon 23 de abril de 1911 13th arrondissement of Marseille, Francia (en) |
Morte | 22 de febreiro de 2005 (93 anos) 8º distrito de París, Francia |
Lugar de sepultura | Q110331272 |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de cinema |
Período de actividade | 1931 - |
Familia | |
Parella | Dusko Popov |
|
Traxectoria
editarSimone Simon naceu en Marsella,[1] filla de Henri Louis Firmin Champmoynat, un enxeñeiro xudeu francés, piloto na segunda guerra mundial, morto nun campo de concentración, e de Erma Maria Domenica Giorcelli, unha ama de casa italiana. Antes de establecerse definitivamente en Marsella, Simon viviu en Madagascar, Budapest, Turín e Berlín.[2] En 1931, con 20 anos de idade, marchou a París onde traballou por algún tempo como cantante, modelo e deseñadora de moda. Nun momento tamén se propuxo ser escultora.[3]
Simon fixo o seu debut en pantalla en 1931 con Le chanteur inconnu[4] e en 1934 atraeu a atención de todos os espectadores coa súa actuación en Lac aux dames do director Marc Allégret.[3][4] En entrevistas posteriores, Simon expresou a súa gratitude cara á Allégret, sentindo que era responsable do seu éxito.[3]
O seu especial magnetismo ante a pantalla abriulle as portas de Hollywood e conseguiu un contrato na Fox. Dese xeito converteuse nunha das pioneiras do cinema europeo en Hollywood.[5] Alí traballou ás ordes de Irving Cummings, Henry King, Allan Dwan ou William Dieterle. Durante ese breve período actuou en varios filmes como o remake do clásico do cinema mudo Seventh Heaven (Henry King, 1927) ou Ladies in Love (Marie Armand, 1936). Ante o éxito moderado destes filmes regresou de novo a Francia en 1938 da man de Jean Renoir para traballar no papel da perversa Séverine Roubaud en A besta humana baseado no clásico do mesmo nome de Zola.
Ao estalar a guerra, e trala ocupación alemá, regresou de novo a Hollywood para traballar, esta vez nos Estudos RKO. Aquí logrou un dos seus maiores éxitos con The Devil and Daniel Webster (1941) de William Dieterle. A súa interpretación chamou a atención do produtor Val Lewton, quen lle ofreceu interpretar a Irena Dubrona en Cat People (1942), un clásico do cinema fantástico dirixido por Jacques Tourneur. Simon nunca chegou a admitir que esta fose o seu mellor filme, pois consideraba que se daba á cámara un maior protagonismo que aos actores.[6] A partir de entón seguiron títulos de menor éxito como The Curse of the Cat People (1944), Mademoiselle Fifi (Robert Wise, 1944) ou Petrus (Marc Allègret, 1946), este último xa en Europa finalizada a guerra. Volveu acadar o éxito con dous filmes de Max Ophüls, La ronde (1950) e Le Plaisir (1952).
A partir de entón, as súas actuacións no cinema foron mínimas. En 1973 interpretou o seu último traballo en A dama de azul, unha comedia de Michel Deville.
Vida persoal
editarSimon permaneceu sempre solteira. A súa camareira revelou que ela adoitaba dar a chave da súa casa a calquera home polo que ela se interesaba, entre eles George Gershwin. Na década de 1950, estivo envolta nunha relación co banqueiro francés Alec Weisweiller, que foi un dos patrocinadores de Jean Cocteau. Durante a segunda guerra mundial mantivo unha relación co axente dobre Duško Popov, que tiña como nome en clave "Tricycle".[7]
Morreu en París por causas naturais á idade de 94 anos. A BBC[8] informou por erro que a súa idade era 93, ao anotar mal o ano do seu nacemento (1911). Uns días máis tarde, o ministro francés de cultura Renaud Donnedieu de Vabres emitiu unha declaración en que eloxiaba a Simon falando do seu "engado, o seu irresistible sorriso... Con Simone Simon, perdemos unha das máis sedutoras e máis brillantes estrelas do cinema francés da primeira metade do século XX".[9]
Filmografía
editarAno | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1931 | Durand Versus Durand | Eliane | |
1931 | Mam'zelle Nitouche | Sen acreditar | |
1931 | Le chanteur inconnu | Pierette | |
1931 | On opère sans douleur | ||
1932 | La petite chocolatière | Julie | |
1932 | Un fils d'Amérique | Maryse | |
1932 | Le roi des palaces | Victoire | |
1932 | Pour vivre heureux | Jacqueline | |
1933 | Tire au flanc | Lily | |
1933 | Prenez garde à la peinture | Amélie Gadarin | |
1933 | The Star of Valencia | Rita | |
1933 | Le Voleur | ||
1934 | Lake of Ladies | Puck | |
1935 | Les yeux noirs | Tania | |
1935 | Les beaux jours | Sylvie | |
1936 | Girls' Dormitory | Marie Claudel | |
1936 | Ladies in Love | Marie Armand | |
1937 | Seventh Heaven | Diane | |
1937 | Love and Hisses | Yvett Guerin | |
1938 | Josette | Renee LeBlanc | |
1938 | La Bête Humaine | Séverine Roubaud | |
1940 | Cavalcade d'amour | Juliette | |
1941 | The Devil and Daniel Webster | Belle | |
1942 | Cat People | Irena Dubrovna Reed | |
1943 | Tahiti Honey | Suzette 'Susie" Durand | |
1944 | The Curse of the Cat People | Irena Reed | |
1944 | Johnny Doesn't Live Here Any More | Kathie Aumont | |
1944 | Mademoiselle Fifi | Elizabeth Bousset – A Little Laundress | |
1946 | Pétrus | Migo | |
1947 | Temptation Harbour | Camelia | |
1950 | Donne senza nome | Yvonne Dubois | |
1950 | La Ronde | Marie, the housemaid | |
1951 | Olivia | Mlle. Cara | |
1952 | Le Plaisir | Joséphine – le modèle | Episodio "Le Modèle") |
1954 | The Three Thieves | Doris Ornano | |
1954 | Das zweite Leben | Françoise Dunoyer | |
1956 | The Extra Day | Michele Blanchard | |
1973 | A dama de azul | La dame de Meudon |
Notas
editar- ↑ Soares, Andre (24 de febreiro de 2005). "Simone Simon (Biography)". Alternative Film Guide.
- ↑ "The Strange New Star in Hollywood's Heaven" by Eleanor Packer, The Salt Lake Tribune, 20 de setembro de 1936, páx. 7
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Pouting Lady From France" by Wood Soanes, Oakland Tribune, 29 de novembro de 1936
- ↑ 4,0 4,1 "Tender Little Savage: France's Favorite Descends upon the Hollywood Scene" by Jacques Lory, Oakland Tribune, 29 de decembro de 1935, páx. 3
- ↑ SÁNCHEZ, Juan Luis (2005). "La mujer felina". Consultado o 22 de maio de 2008.
- ↑ MARTÍ, Octavi (2005). "Simone simon, la mujer pantera". Consultado o 22 de maio de 2008.
- ↑ WORLD, CNN.com (2002). "UK exposes secret agent's sex life". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 26 de maio de 2008.
- ↑ BBC, News (2005). "French actress Simone Simon dies". Consultado o 29 de decembro de 2008.
- ↑ DONNEDIEU DE VABRES, Renaud (2005). "Renaud Donnedieu de Vabres rend hommage à Simone Simon". Consultado o 26 de maio de 2008.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Simone Simon |
Bibliografía
editar- Soares, Andre (24 de febreiro de 2005). "Simone Simon (Biography)". Alternative Film Guide.
- Vallance, Tom (2 de marzo de 2005). "Obituary: Simone Simon (Article)". The Independent.