Roberto Varela
Roberto Varela Fariña, nado en Meaño o 22 de marzo de 1959, é un diplomático e político galego. Desde o ano 2009 ata o 2012 foi conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e desde o 2012 ata o ano 2017 foi embaixador de España no Uruguai. Actualmente é conselleiro de asuntos culturais na Embaixada de España en Francia.
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1959 (65 anos) Meaño, España |
Ambassador of Spain to Uruguay (en) | |
2012 – 2017 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, político |
Traxectoria
editarÉ licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona e en Relacións Internacionais pola Ecole des relations Internationales (ILERI) da cidade de París.
Ingresou na carreira diplomática en 1989, cando entrou no Ministerio de Asuntos Exteriores de España como xefe de Área de Relacións Económicas con América Latina. Deseguido, traballou nas embaixadas españolas de Bonn (Alemaña) e Kuwait. Anos máis tarde, a partir de 2004, desenvolveu as funcións de cónsul de España na cidade norteamericana de Nova York, encargándose de asuntos culturais.[1]
O 20 de abril de 2009 foi nomeado conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galiza, presidida por Alberto Núñez Feijóo do Partido Popular, se ben non estaba afiliado ao partido, declarándose independente.[2] O 4 de xaneiro de 2012 cesou como conselleiro, sendo sucedido por Xesús Vázquez Abad. A comezos de marzo de 2012 foi nomeado embaixador de España no Uruguai, como sucesor da anterior embaixadora Aurora Díaz-Rato Revuelta,[3] tras presentar as súas cartas credenciais perante o presidente do país José Mujica, en maio de 2017 cesou do cargo, sucedido por Javier Sangro, cando foi designado director xeral de Relacións Culturais e Científicas da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.[4]
Por resolución do 3 de xullo de 2018 do Ministerio de Asuntos Exteriores,[5] foi designado conselleiro de asuntos culturais da embaixada de España en Francia.[6]
Controversia
editarNo ano 2009, nunhas declaracións pouco despois de asumir o cargo de conselleiro de Cultura e Turismo comentou: «la cultura gallega está muy bien pero limita».[2][7][8] E no ano 2010, durante a celebración da Fitur en Madrid, referiuse ao concello de Sobrado dos Monxes como «Desván de los Monjes»,[9][10][11] creando polémica e pasando por riba da oficialidade respecto á toponimia galega. Perante as queixas e a recriminación da oposición, Varela dixo que era unha farsa e chamou «estúpidos» aos que cresen nese episodio.[12] Do mesmo xeito, poucas semanas antes, xa provocara o rexeitamento da industria cultural galega ao se referir á cultura galega dicindo: «creo que la cultura gallega está ensimismada y a veces también acomplejada».[7][12][13]
Obra
editar- O tempo que vivimos. Chan da Pólvora. 2020. ISBN 978-84-122221-1-1.[14]
Predecesor: Ánxela Bugallo |
Conselleiro de Cultura e Turismo 2009–2012 |
Sucesor: Xesús Vázquez Abad |
Notas
editar- ↑ "El ex conselleiro Roberto Varela, nuevo embajador de España en Uruguay". El Mundo (en castelán). 02-03-2012. Consultado o 24-01-2024.
- ↑ 2,0 2,1 Bugallal, Isabel (23-04-2009). "Roberto Varela: "La cultura gallega está muy bien pero limita, prefiero la cultura hecha en Galicia"". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 24-01-2024.
- ↑ "El Gobierno nombra a Roberto Varela embajador en Uruguay". El País (en castelán). 02-03-2012. Consultado o 24-01-2024.
- ↑ "El embajador español en Uruguay dirigirá Relaciones Culturales de la Aecid". El Periódico (en castelán). 18-04-2017. Consultado o 24-01-2024.
- ↑ "Resolución de 23 de julio de 2018, de la Subsecretaría, por la que se resuelve la convocatoria de libre designación, efectuada por Resolución de 3 de julio de 2018, en la Carrera Diplomática" (PDF) (108). BOE. 30-07-2018: 76405. Consultado o 25-01-2024.
- ↑ Dopico, Montse (06-02-2021). "Os ataques que recibín sendo conselleiro doéronme moito; sentinme só e incomprendido. Non entendía nada". Praza.gal. Consultado o 24-01-2024.
- ↑ 7,0 7,1 Salgado, Daniel (20-01-2010). "Los 11 premios nacionales piden la dimisión de Roberto Varela". El País (en castelán). Consultado o 24-01-2024.
- ↑ Abet, Patricia (13-05-2011). "Cultura, un viraje de 180 grados". ABC (en castelán). Consultado o 24-01-2024.
Un perfil «cosmopolita»
- ↑ «Desván de los Monjes» (YouTube). Consultado o 24-01-2024.
- ↑ Puentes, Iván (20-01.2010). "Desván de los Monjes". A Nosa Terra. Arquivado dende o orixinal o 10-01-2014. Consultado o 24-01-2024.
- ↑ "El conselleiro de Cultura sí dijo «Desván de los Monjes» para referirse a Sobrado dos Monxes". La Voz de Galicia (en castelán). 08-03-2010. Consultado o 24-01-2024.
- ↑ 12,0 12,1 "Eu non dimito". El Correo Gallego. 25-02-2010. Arquivado dende o orixinal o 24-08-2012. Consultado o 24-01-2024.
- ↑ "O conselleiro ve acomplexada e ensimesmada a cultura galega". Galicia Hoxe. 20-01-010. Arquivado dende o orixinal o 31-07-2012.
- ↑ López, Belén (20-01-2021). "Somos memoria e esquecemento". Diario de Pontevedra. Consultado o 24-01-2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto Varela |