Raíña Lupa
A Raíña Lupa, (tamén coñecida como Raíña Lopa, Raíña Luparia, Raíña Luca e Raíña Loba) é un personaxe da mitoloxía galega.
Lenda
editarAparece no Códice Calixtino, no que se conta como en chegando os restos do apóstolo Santiago a Iria Flavia, son depositados na propiedade dunha señora chamada Lupa. Esta envíaos cabo do gobernador de Duio coa intención de que se desfaga deles, mais o gobernador non só non consegue tornalos de alí, senón que morre no intento.
Tempo despois volven os discípulos co corpo xunta de Lupa e esta, coa intención de enganalos por segunda vez, mándaos ó Monte Ilicino (o Pico Sacro) para que collan dous dos seus bois que lles carrexen o material necesario para o sepulcro. No Monte Ilicino hai unha cova que é a entrada do inferno e está custodiada por un dragón, mais a presenza da cruz fulmínao e os touros bravos que levaban os discípulos amansan milagrosamente[1].
Lupa, ó coñecer que o seu plan fracasara, convértese ó cristianismo e axuda na construción da morada do apóstolo no Libredón[2].
Interpretación
editarA súa figura esta suxeita a múltiplas interpretacións. Desde a que defende a creación do seu mito pola igrexa católica, até quen pensa que Lupa podería ser a representación dunha deusa precristiá, probablemente a versión feminina de Lug.[3] En calquera caso documéntase a súa presenza ao longo dos séculos, de tal xeito que no medievo boa parte da aristocracia galega afirmaba descender dela.[4]
Na música
editarO 2 de xullo de 2016 estreouse no Teatro Colón da Coruña a ópera A Raíña Lupa, con música do compositor galego Fernando V. Arias e libreto de Xoán Pérez.[5]
Galería de imaxes
editar-
A raíña Lupa perante o carro cos restos do apóstolo Santiago, 1.ª metade séc. XIV, Museo Diocesano e Comarcal de Solsona.
-
Chegada do corpo de Santiago ao castelo da raíña Lupa, 1376-1379, Altichiero, basílica de Santo Antonio de Padua.
-
Os discípulos de Santiago perante a raíña Lupa e o rei, 1376-1379, Altichiero, basílica de Santo Antonio de Padua.
-
Milagre dos touros e chegada do corpo de Santiago ao castelo da raíña Lupa, 1376-1379, Altichiero, basílica de Santo Antonio de Padua.
-
Bautismo da raíña Lupa, 1376-1379, Altichiero, basílica de Santo Antonio de Padua.
-
Chegada do corpo de Santiago onda a raíña Lupa, comezos séc. XV, atribuído a Joan Mates, Museo Diocesano de Tarragona.
-
Translación do corpo de Santiago perante a raíña Lupa, Blasco de Grañén (†1459), mosteiro de San Pedro de Siresa.
-
Sartego de Santiago conducido cabo da raíña Lupa, 2.ª metade séc. XV, Paolo de San Leocadio, igrexa de Sant Jaume de Vila-real.
-
Os discípulos de Santiago e a raíña Lupa perante o corpo de Santiago, c. 1480, Keresztény Múzeum (Museo Cristián) de Esztergom.
-
Translación do corpo de Santiago por diante do pazo da raíña Lupa, 1480-1490, Martín Bernat, Museo do Prado de Madrid.
-
A raíña Lupa, finais séc. XV, museo da catedral de Astorga.
-
O corpo de Santiago é levado onda a raíña Lupa, 1506, Marx Reichlich, Coleccións de Pinturas do Estado de Baviera.
-
A raíña Lupa perante a translación do corpo de Santiago, comezos séc. XVI, retablo plateresco da igrexa de Santa María la Real de Sasamón.
-
O corpo de Santiago no pazo da raíña Lupa, 1.º cuarto séc. XVI, Mestre de Astorga, Museo Lázaro Galdiano de Madrid.
-
O Corpo de São Tiago conduzido ao Paço da Rainha Loba, 1520-1530, Mestre da Lourinhã, Museu Nacional de Arte Antiga de Lisboa.
-
A raíña Lupa vendo pasar o corpo do Apóstolo Santiago, 1.ª metade séc. XVI, Museo das Peregrinacións e de Santiago.
-
Bautismo da raíña Lupa polo apóstolo Santiago, séc. XVII, atribuído a Francisco Martín, igrexa de Santiago de Ávila.
-
Os discípulos de Santiago piden axuda á raíña Lupa para enterrar o corpo, séc. XVII, Pablo Camino, igrexa de Santiago de Ávila.
Notas
editar- ↑ Eladio Rodríguez atribúe a esta lenda a orixe do dito popular "Boi bravo, vente ó carro, que o manda o Señor Santiago" (Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961, s. v. boi).
- ↑ Senén, Felipe (2016-06-05). "O "Bosque de Galicia": os bosques animados, Libredón, Ilicino....". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2020-12-20.
- ↑ Xoán Ramiro CUBA, Xosé MIRANDA e Antonio REIGOSA (1999). Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo. p. 212.
- ↑ Gago Mariño, Manuel. "Hai unha muller no corazón mítico de Galicia (Raíña Lupa).". Twitter (fío). Consultado o 09/03/2023.
- ↑ "«A Raíña Lupa» de Fernando Arias". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xullo de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raíña Lupa |