Museo do Prado

pinacoteca situada en Madrid

O Museo do Prado (oficialmente Museo Nacional del Prado) situado en Madrid, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de obras de Velázquez, Goya, Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, van Dyck ou Hieronymus Bosch, entre outros. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de 7800 que ten no seu inventario.

Museo do Prado
Museo do Prado
Coordenadas40°24′50″N 3°41′33″O / 40.41389, -3.69250
PaísEspaña
CidadeMadrid
Tipopinacoteca
DirectorMiguel Zugaza
Construciónproxecto aprobado en 1786
Inauguración19 de novembro de 1819
Superficie41 995 m²
Visitantes2 536 000 (2014)
Na rede
https://www.museodelprado.es/
Facebook: museonacionaldelprado Twitter: museodelprado Instagram: museoprado Youtube: UC3jXKn8og2bSmbqLG3B32ow BNE: XX254080 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Tamén é destacable a súa colección de escultura grega e romana que provén das coleccións reais españolas e de sitios como Pompeia.

Historia

editar
 
Vista xeral.

O edificio que alberga o museo foi concibido inicialmente polo conde de Floridablanca José Moñino y Redondo, Primeiro Secretario de Estado do rei Carlos III, como Real Gabinete de Historia Natural, enmarcado nunha serie de institucións de carácter científico pensadas segundo a mentalidade da Ilustración para reurbanizar o paseo chamado Salón del Prado. Para este fin, Carlos III contou cun dos seus arquitectos predilectos, Juan de Villanueva, autor tamén do Xardín Botánico e do Real Observatorio Astronómico.

O proxecto arquitectónico foi aprobado polo rei en 1786 e supuxo un dos cumios do Neoclasicismo español, a pesar de que a longa duración das obras e outros acontecementos apartasen o resultado definitivo do deseño inicial. As obras tiveron lugar durante os reinados de Carlos III e Carlos IV, quedando rematado a principios do século XIX. A chegada das tropas francesas e a guerra da Independencia española deixaron a súa pegada nel, xa que se destinou a cuartel de cabalaría e quedou practicamente en ruínas. Mesmo as placas de chumbo dos tellados foron fundidas para facer balas.

 
A raíña Isabel de Braganza, considerada a inspiradora do Museo, nun retrato de Vicente López Portaña da colección do Prado.

Grazas ao interese de Fernando VII e especialmente da súa dona, Isabel de Braganza, iniciouse a partir de 1818 a recuperación do edificio sobre a base de novos deseños de Villanueva, substituído trala súa morte polo seu discípulo Antonio López Aguado.

O Museo Real de Pinturas inaugurouse o 19 de novembro de 1819 e amosaba algunhas das mellores pezas das coleccións reais, trasladadas dende os "Reales Sitios". Nese momento contaba con tres salas con 311 cadros, todos eles da escola española. Nos seguintes anos fóronse engadindo salas e obras, destacando a incorporación dos fondos do Museo de la Trinidad, absorbido en 1872.

Tralo derrocamento de Isabel II de España en 1868, o museo real pasou a ser nacional, designándose Museo Nacional de Pintura y Escultura ata que o 14 de maio de 1920, por un Real Decreto recibiu o nome de Museo Nacional del Prado, nome polo que xa era coñecido anteriormente,[1] por estar construído sobre os terreos do antigo prado dos Xerónimos. Outras coleccións que se engadiron ao Prado foron as do Museo de Arte Moderna, agás as obras do século XX, en 1971, o Museo-Biblioteca de Ultramar e o Museo Iconográfico.[2]

Durante o século XIX e parte do XX o Prado sufriu unha certa precariedade por falta de apoio e recursos do estado. Unha parte do persoal residía no propio museo e a leña das estufas provocou alarmas de incendios. Durante a guerra civil española as grandes obras do Prado foron evacuadas,[3] viaxando por Valencia, Cataluña e Xenebra, volvendo ao final da guerra.

As limitacións de espazo foron continuas ata que en 1995 se convocou un concurso para a súa remodelación que foi gañado polos arquitectos Dionisio Hernández Gil e Rafael Olalquiaga. As obras tiveron lugar entre 1996 e 2001.[4] En 1995 firmouse un acordo para a ampliación do museo. Tras un concurso de ideas, foi adxudicado a Rafael Moneo.

Seccións

editar

Pintura

editar

Escultura

editar

Obras do Prado en Galicia

editar

O Prado ten máis de tres mil obras depositadas en diversos museos,[5] entre elas, 325 en Galicia.

O Museo de Belas Artes da Coruña posúe 75 cadros, como A apoteose de Hércules, de Jean Baptiste Borkens.[6] No Museo de Pontevedra hai outras 74 obras, entre elas un cadro atribuído a Antonio Puga, nado en Ourense.[6] Outras trinta están depositadas no Museo Provincial de Lugo.[6]

En xeral, as obras presentes en Galicia teñen algunha relación cos museos nos que están, como o Santiago peregrino de Xoán de Flandres ou Ría de Mera. Costas galegas, de Francisco Llorens.[6]

  1. "Cronología del Museo / 1920" (en castelán). Fundación Amigos del Museo del Prado. 2006. Consultado o 17 de agosto de 2011. 
  2. "Mariano Luis de Urquijo" (en castelán). Museo Nacional del Prado. 2011. Consultado o 2 de febreiro de 2012. 
  3. Macarrón Miguel, Ana María; Ángel Macarrón Serrano y Mauricio Macarrón Larrumbe, (2009), «Embalaje y transporte de las obras de arte durante la Guerra Civil española», Arte protegido: memoria de la Junta del Tesoro Artístico durante la Guerra Civil: [exposición] / coord. por Isabel Argerich Fernández, Judith Ara Lázaro, 2009, ISBN 978-84-8181-387-6, páx. 187-200.
  4. Antón González-Capitel (2006). "Hernández Gil, Dionisio y Rafael Olalquiaga Soriano." (en español). Fundación Amigos del Museo del Prado. Consultado o 2 de abril de 2011. 
  5. Sierra, Javier (2012). "El Prado tiene más de 3.000 cuadros dispersos". Consultado o 19 de outubro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 García, Rodrigo (4 de marzo de 2012). "Galicia guarda más de 300 obras de arte del Museo del Prado". La Voz de Galicia. Consultado o 19 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar