Premios Óscar
Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar,[1] son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS),[2] os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.[3]
Premios Óscar | |
---|---|
Tipo | grupo de premios |
Data de fundación | 1929 |
Sede | Hollywood |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.oscars.org/ e https://www.oscars.org/oscars | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Óscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Óscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.
Cerimonia
editarPrimeira cerimonia
editarOs premios foron unha iniciativa da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas. Esta fora fundada dous anos antes por profesionais preocupados por mellorar a situación da profesión. Unha das súas primeiras iniciativas foi crear un comité de premios ao mérito composto por sete membros, que tras deliberar propuxo á institución a creación duns galardóns anuais en 12 categorías.[4]
A primeira cerimonia celebrouse o 16 de maio de 1929 no Hotel Hollywood Roosevelt dos Anxos e entregáronse quince estatuíllas, cuxos gañadores xa se anunciaron con tres meses de anterioridade.[5] Asistiron 270 convidados, os que tiveron que pagar cinco dólares por gozar da entrega dos premios que recoñecían o mellor de 1927 e 1928 na industria cinematográfica, así como dun gran banquete.[6]
Foi un banquete extenso e cheo de discursos, pero a entrega das figuras foi levada a cabo rapidamente polo Presidente da Academia, Douglas Fairbanks.[7]
Cerimonias
editarA continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Óscar.[8][9][10]
Principais premiados
editarOs filmes máis galardoados foron Ben-Hur, Titanic e The Lord of the Rings: The Return of the King con cadanseus 11 premios. Outras con máis de oito premios foron:
Filme | Ano | Candidaturas | Premios |
Ben-Hur | 1959 | 12 | 11 |
Titanic | 1997 | 14 | 11 |
The Lord of the Rings: The Return of the King | 2003 | 11 | 11 |
West Side Story | 1961 | 11 | 10 |
Gigi | 1958 | 9 | 9 |
O derradeiro emperador | 1987 | 9 | 9 |
O paciente inglés | 1996 | 12 | 9 |
Foise co vento | 1939 | 13 | 8 |
De aquí á eternidade | 1953 | 13 | 8 |
A lei do silencio | 1954 | 12 | 8 |
My Fair Lady | 1964 | 12 | 8 |
Cabaret | 1972 | 10 | 8 |
Gandhi | 1982 | 11 | 8 |
Amadeus | 1984 | 11 | 8 |
Slumdog Millionaire | 2009 | 10 | 8 |
Categorías ó mérito
editarCategorías actuais
editar- Mellor actor protagonista: dende 1928
- Mellor actor secundario: dende 1936
- Mellor actriz protagonista: dende 1928
- Mellor actriz secundaria: dende 1936
- Mellor filme de animación: dende 2001
- Mellor curtametraxe animada: dende 1931
- Mellor fotografía: dende 1928
- Mellor deseño de vestiario: dende 1948
- Mellor director: dende 1928
- Mellor documental: dende 1943
- Mellor curtametraxe documental: dende 1941
- Mellor montaxe: dende 1935
- Mellor filme en lingua non inglesa: dende 1947
- Mellor curtametraxe de ficción: dende 1931
- Mellor maquillaxe: dende 1981
- Mellor banda sonora: dende 1934
- Mellor canción orixinal: dende 1934
- Mellor filme: dende 1928
- Mellor dirección de arte: dende 1928
- Mellor edición de son: dende 1963
- Mellor son: dende 1930
- Mellores efectos visuais: dende 1939
- Mellor guión adaptado: dende 1928
- Mellor guión orixinal: dende 1940
No primeiro ano dos premios, o Mellor director foi dividido en dúas categorías diferentes (drama e comedia). Do mesmo xeito, Mellor banda sonora tamén estaba dividido en dúas categorías (drama e comedia/musical). Dende 1930s ata a década de 1960, as categorías Mellor dirección de arte, Mellor fotografía e Mellor deseño de vestiario estaban separadas en filmes en branco e negro e filmes en cor. Ata o ano 2012, o Mellor deseño de produción era chamado Mellor dirección de arte, mentres que Mellor maquillaxe e peiteado era chamado Mellor maquillaxe.
Outro premio, chamado Óscar ó mellor musical orixinal, aínda está nos libros de regras da Academia a pesar de que foi interrompido. Debido á insuficiente capacidade de elixir en cada ano, non foi asignada dende 1984 (cando gañou Purple Rain).[14]
Categorías desaparecidas
editar- Mellor director asistente: 1933 ata 1937
- Mellor director, filme de comedia: só en 1928
- Mellor director de baile: 1935 ata 1937
- Mellores efectos de enxeñaría: só en 1928
- Mellor banda sonora de comedia ou musical: 1995 ata 1999
- Mellor historia orixinal: 1928 ata 1956
- Mellor banda sonora adaptada: 1962 ata 1969; 1973
- Mellor curtametraxe a cor: 1936 e 1937
- Mellor curtametraxe – Ficción – 2 bobinas: 1936 ata 1956
- Mellor curtametraxe – Novidade: 1932 ata 1935
- Mellor escritor de títulos: só en 1928
- Mellor calidade única e artística de produción: só en 1928
Categorías propostas
editarO Consello de Gobernadores reúnese cada ano e considera novas categorías de premios. Ata o momento, as seguintes categorías propostas foron rexeitadas:
Categorías especiais
editarOs Premios Especiais da Academia son votados por comités especiais e non polos membros da Academia como un todo. Non son sempre presentados nunha base consistente anual.
Categorías especiais anuais
editar- Óscar honorífico: dende 1929
- Óscar científico e técnico: dende 1931
- Óscar Gordon E. Sawyer: dende 1981
- Premio Humanitario Jean Hersholt: dende 1956
- Premio en memoria de Irving G. Thalberg: dende 1938
Categorías especiais desaparecidas
editar- Óscar xuvenil: 1934 ata 1960
- Óscar á contribución especial: 1972 ata 1995
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para óscar.
- ↑ "About the Academy Awards". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2007. Consultado o 13 de abril de 2007.
- ↑ Essex, Andrew (14 de maio de 1999). "The Birth of Oscar". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. Consultado o 2 de marzo de 2011.
- ↑ "Primera ceremonia de los Óscar". Canal HISTORIA (en castelán). 2010-05-15. Consultado o 2021-03-19.
- ↑ "El protocolo de la ceremonia de los Óscars, o el noche que Hollywood se viste de gala – David Tejo". davidtejo.com. Consultado o 2021-03-19.
- ↑ "¿Cómo fue la primera ceremonia de los Premios Oscar? Aquí te contamos". Vogue Mexico (en castelán). Consultado o 2021-03-19.
- ↑ "Ediciones Anteriores de los Oscars". Oscars 2021 (en castelán). Consultado o 2021-04-05.
- ↑ Scott Bowles (26 de febreiro de 2008). "Low Oscar Ratings Cue Soul-Searching". USA Today. Consultado o March 19, 2008.
- ↑ Nikki Finke (26 de febreiro de 2007). "UPDATE: 39.9 Million Watch 79th Oscars". Nikki Finke's Deadline Hollywood Daily (LA Weekly). Consultado o 21 de febreiro de 2011.
- ↑ Bill Gorman (March 8, 2010). "Academy Awards Averages 41.3 Million Viewers; Most Since 2005". TVbytheNumbers. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2010. Consultado o March 12, 2010.
- ↑ "Academy Sets Date for Next Year's Oscars | The Wrap Awards". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2012. Consultado o 27 de decembro de 2012.
- ↑ "SETH MACFARLANE TO HOST 85TH OSCARS®, AIRING LIVE ON ABC, SUNDAY, 24 de febreiro de 2013". ABC Media Net. American Broadcasting Company. 1 de outubro de 2012. Consultado o 1 de outubro de 2012.
- ↑ Donnelly, Matt (9 de xaneiro de 2019). "After Kevin Hart Debacle, Oscars Forge Ahead Hostless". Variety. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Music Awards | Rules for the 84th Academy Awards | Academy of Motion Picture Arts & Sciences". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2012.
- ↑ Michael Hiltzik (4 de agosto de 2005). "One stunt they've been unable to pull off". Los Angeles Times. Consultado o 13 de abril de 2007.
- ↑ Handel, Jonathan (15 de xuño de 2011). "Academy Votes Against Creating Oscar Category for Stunt Coordinators". The Hollywood Reporter.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina da Academia (en inglés)
- Páxina dos premios (en inglés)