A lista de Schindler

Filme de 1993 dirixido por Steven Spielberg

A lista de Schindler (en inglés: Schindler's List) é un filme de 1993 baseado no libro Schindler's Ark de Thomas Keneally (o libro foi máis tarde renomeado como Schindler's List). Dirixido por Steven Spielberg, relata a historia de Oskar Schindler, un checo que foi instrumento para salvar a vida de máis de mil xudeus polacos durante o Holocausto. O título refírese á lista de 1 200 xudeus que Schindler contratou para traballar na súa fábrica, quitándoos do campo de concentración.

A lista de Schindler
Ficha técnica
Título orixinalSchindler's List
DirectorSteven Spielberg
ProdutorSteven Spielberg
Gerald R. Molen
Branko Lustig
GuiónSteven Zaillian
Baseado enSchindler's Ark de Thomas Keneally
IntérpretesLiam Neeson
Ben Kingsley
Ralph Fiennes
Caroline Goodall
Jonathan Sagall
Embeth Davidtz
MúsicaJohn Williams
FotografíaJanusz Kamiński
MontaxeMichael Kahn
EstudioAmblin Entertainment
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea 30 de novembro de 1993
Duración195 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento$22 000 000[1]
Recadación$321 200 000
Na rede
http://www.universalstudiosentertainment.com/schindlers-list/
IMDB: tt0108052 Filmaffinity: 656153 Allocine: 9393 Rottentomatoes: m/schindlers_list Mojo: schindlerslist Allmovie: v119912 TCM: 89238 Metacritic: movie/schindlers-list TV.com: movies/schindlers-list BNE: XX4157802 Netlix: 60036359 Editar o valor en Wikidata

A maior parte do filme foi producido en branco e negro (con cores no prólogo e no epílogo e unha cor vermella en dúas escenas). Está protagonizado por Liam Neeson como Oskar Schindler, Ben Kingsley como Itzhak Stern e Ralph Fiennes como Amon Goeth. O seu subtítulo é "Quen salva unha vida salva o mundo enteiro", unha cita do Talmud. Foi aclamado pola crítica, o filme gañou fama polo seu detalle gráfico da horrible brutalidade do holocausto. Nomeado a doce Óscars, gañou sete, incluíndo o de Mellor Filme e Mellor Director para Steven Spielberg.

Sinopse

editar

Segunda guerra mundial (1939-1945). Oskar Schindler (Liam Neeson), un home de enorme astucia e talento para as relacións públicas, organiza un ambicioso plan para gañar a simpatía dos nazis. Despois da invasión de Polonia polos alemáns (1939), consegue, grazas ás súas relacións, a propiedade dunha fábrica de Cracovia. Alí emprega a centos de operarios xudeus, cuxa explotación faino prosperar axiña. O seu xerente (Ben Kingsley), tamén xudeu, é o verdadeiro director na sombra, pois Schindler carece completamente de coñecementos para dirixir unha empresa.

Personaxes

editar

Principais

editar

Secundarios

editar
  • Ezra Dagan como Rabino Lewartow
  • Malgoscha Gebel como Wiktoria Klonowska
  • Shmuel Levy como Wilek Chilowicz
  • Mark Ivanir como Marcel Goldberg
  • Béatrice Macola como Ingrid
  • Andrzej Seweryn como Julian Scherner
  • Friedrich von Thun como Rolf Czurda
  • Krzysztof Luft como Herman Toffel
  • Harry Nehring como Leo John
  • Norbert Weisser como Albert Hujar
  • Adi Nitzan como Mila Pfefferberg, a muller de Poldek Pfefferberg.
  • Michael Schneider como Juda Dresner
  • Miri Fabian como Chaja Dresner
  • Anna Mucha como Danka Dresner
  • Ben Darby como Home de gris
  • Albert Misak como Mordecai Wulkan.
  • Hans-Michael Rehberg como Rudolf Höss
  • Daniel Del Ponte como Doutor Josef Mengele

Galardóns e nomeamentos

editar
  • 1993: 7 Oscars: Filme, director, guión, montaxe, música, dirección artística e fotografía.
  • 1993: 3 Globos de Ouro: Filme: drama, guión e director. 6 nomeamentos.
  • 1993: 7 premios BAFTA, incluíndo filme, fotografía, montaxe e bso. 13 nomeamentos.
  • 1993: Nomeada ó Cesar: Mellor filme estranxeiro.
  • 1993: National Board of Review: Mellor filme.
  • 1993: 3 premios Círculo de críticos de Nova York, incluíndo actor secundario (Ralph Fiennes).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar