Muxía
Muxía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.068 habitantes (5.424 no 2010, 5.746 no 2006, 5.823 no 2005, 5.899 no 2004, 6.029 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «muxián».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Muxía | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.450 (2023) (36,45 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 122,1 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Javier Sar (2024–) | ||||
Eleccións municipais en Muxía | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15124 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15052 | ||||
Páxina web | concellomuxia.com |
Poboación
editarCenso total 2014 | 5.068 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 487 (9.61 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.079 (60.75 %) |
Maiores de 65 anos | 1.502 (29.64 %) |
Evolución da poboación de Muxía Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.542 | 7.296 | 7.612 | 7.080 | 5.899 | 5.424 | 5.269 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Patrimonio cultural de Muxía
editarO concello de Muxía ten un importante patrimonio cultural no que podemos sinalar como predominante o patrimonio relixioso de época románica coas igrexas de San Cristovo de Nemiña, San Xiao de Moraime, Santa Leocadia de Frixe, Santa María de Morquintán, Santa María (esta última de estilo románico de transición) e San Martiño de Ozón (posteriormente transformada) entre outras. Ademais o concello tamén conta con dous mosteiros, o mosteiro de Moraime e o mosteiro de Santa María de Ozón.
Mais de entre todos os edificios relixiosos muxiáns o máis coñecido é o santuario da Virxe da Barca por ser punto de peregrinación desde o século XI ou XII, peregrinación que co paso do tempo deu lugar á actual Romaría da Barca que combina celebracións relixiosas e pagás na vila durante os mesmos días.
Festas
editar- É moi famosa a Romaría da Virxe da Barca.
- En agosto celébrase o San Roque de Moraime.
Muxía na literatura popular
editar- Nosa Señora da Barca,/ Nosa Señora, valeime,/ que estou no medio do mar,/ non hai barqueiro que reme [1].
- Nosa Señora da Barca/ ten uns zapatiños brancos,/ as mozas de Camariñas/ vanllos ver os días santos [2].
- Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ axúdame a remontar/ a laxe de Touriñana [2][3].
- Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ veño de tan lonxe terra,/ Santo, por che ver a cara./ Veño da Virxe da Barca,/ veño de abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver,/ Santo Cristo de Fisterra [4].
- Veño da Virxe da Barca, veño da abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver/ Santo Cristo de Fisterra [5].
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Muxía.
-
Pedra dos cadrís.
-
Vista desde Muxía.
-
Operario limpando nas praias de Muxía o chapapote procedente da marea negra do Prestige, nas datas posteriores ao 13 de novembro de 2002.
-
Faro de Muxía.
-
Escultura A Ferida.
-
Parador Costa da Morte en Lourido, Moraime
Parroquias
editarLugares de Muxía
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Muxía vexa: Lugares de Muxía.
Notas
editar- ↑ Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 14.
- ↑ 2,0 2,1 Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 183.
- ↑ Refírese á punta do cabo Touriñán, situado na parroquia do mesmo nome, no oeste do concello de Muxía. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 13. No texto: da Touriñana.
- ↑ Copla une a devoción ao Cristo de Fisterra e á Virxe da Barca. Fraguas, 1989.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega, s. v. Abalar, Pedra de.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muxía |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |