Manuel II Paleólogo

Manuel II Paleólogo, nado no 1350 e finado o 21 de xullo de 1425, foi emperador bizantino de 1391 a 1425 e fillo do emperador Xoán V Paleólogo. Con Helena Dragas, filla dun príncipe serbio, tivo sete fillos: Miguel (morto en 1406), Xoán, Teodoro, Andrónico, Constantino, Demetrio e Tomé.

Modelo:BiografíaManuel II Paleólogo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Μανουήλ Β´ Παλαιολόγος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1350 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xullo de 1425 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
16 de febreiro de 1391 – 21 de xullo de 1425
← Xoán V PaleólogoXoán VIII Paleólogo → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, escritor Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Paleólogo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHelena Dragaš (1392–1425) Editar o valor en Wikidata
FillosZampia Palaiologina, Xoán VIII Paleólogo, Teodoro II Paleólogo, Andrónico Paleólogo, Constantino XI, Demetrio II Paleólogo, Tomé Paleólogo Editar o valor en Wikidata
PaisXoán V Paleólogo Editar o valor en Wikidata  e Helena Cantacuzena Editar o valor en Wikidata
IrmánsAndrónico IV Paleólogo
Teodoro I Paleólogo
Miguel Paleólogo
Irene Palaiologina Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1354297 WikiTree: Palaiologos-13
Moeda de Manuel II

Traxectoria

editar

Cando morreu o seu pai, el era refén na corte otomá de Baiaceto I en Prussa (a actual Bursa), pero deu escapado. A continuación foi asediado en Constantinopla polo sultán, cuxa vitoria sobre os bizantinos na batalla de Nicópolis (25 de setembro de 1396) non lle permitiu, con todo, tomar a capital.

Manuel decidiu entón viaxar a Occidente persoalmente en busca de axuda, e con este fin visitou Italia, Francia, Alemaña e Inglaterra, sen éxito real. A vitoria de Tamerlán sobre os turcos na batalla de Ancara en 1402, e a morte de Baiaceto en 1403 permitíronlle un respiro ante a constante presión otomá. Mantivo boas relacións con Mehmed I, pero volveu ser asediado no seu capital por Murad II en 1422. Pouco antes da súa morte, viuse obrigado a asinar un acordo polo cal o Imperio bizantino se comprometía a pagar tributo ao sultán.

Manuel escribiu moitas obras de distinto tipo: teolóxicas, retóricas, poéticas, así como unha colección de epístolas.

Imperio Bizantino

Segue a:
Xoán VII Paleólogo
Manuel II Paleólogo
Precede a:
Xoán VIII Paleólogo
Dinastía Paleólogo