Helena Cantacuzena
Helena Cantacuzena (en grego: Έλενα Καντακουζηνή), nada en 1333 e finada o 10 de decembro de 1396, foi a emperatriz consorte de Xoán V Paleólogo no Imperio bizantino.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1333 Imperio Bizantino |
Morte | 10 de decembro de 1396 (62/63 anos) Constantinopla, Turquía |
Byzantine empress (en) | |
1379 – 1391 ← Keratsa da Bulgária (pt) – Helena Dragaš → | |
Byzantine empress (en) | |
1347 – 1376 ← Irene Asanina – Keratsa da Bulgária (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa ortodoxa |
Actividade | |
Ocupación | monxa |
Outro | |
Título | Emperatriz consorte |
Familia | Família Cantacuzeno (pt) |
Cónxuxe | Xoán V Paleólogo |
Fillos | Irene Palaiologina, Andrónico IV Paleólogo, Manuel II Paleólogo, Miguel Paleólogo, Teodoro I Paleólogo |
Pais | Xoán VI Cantacuzeno e Irene Asanina |
Irmáns | Manuel Cantacuzeno Mateo Cantacuzeno Andronikos Kantakouzenos Maria Kantakouzene Teodora Cantacuzena |
Traxectoria
editarFamilia
editarEra filla de Xoán VI Cantacuzeno e Irene Asanina.
Foi a irmá de Mateu Cantacuzeno e Manuel Cantacuzeno. As súas irmás María e Teodora eran as respectivas esposas de Nicéforo II Orsini e Orhan I.
Emperatriz
editarXoán V e Xoán VI foron emperadores rivais nunha guerra civil que se desatou desde 1341 até 1347. As dúas partes por fin chegaron a un acordo. Segundo os seus termos Xoán VI sería recoñecido como principal coemperador con Xoán V máis novo que el. O matrimonio foi selado co matrimonio de Helena con Xoán V.
O matrimonio tivo lugar o 28 de maio de 1347 ou o 29 de maio de 1347. Helena tiña uns trece anos, mentres que ao seu noivo lle faltaba un mes para cumprir o seu décimo quinto aniversario[1]. A paz só durou até 1352 cando o seu esposo renovou as hostilidades contra o seu pai. Xoán VI viuse obrigado a renunciar ao trono o 4 de decembro de 1354. O seu irmán Mateu retería o seu título de coemperador até a súa propia derrota en 1357.
Helena e Xoán V tiveron polo menos nove fillos:
- Andrónico IV Paleólogo (2 de abril de 1348 - 28 de xuño de1385).
- Irene Paleóloga (aprox. 1349 - despois de 1362). casou co seu primo irmán Şehzade Halil de Bitinia. O seu esposo era un fillo de Orhan I e a irmá de Helena Teodora Cantacuzena.
- Manuel II Paleólogo (27 de xuño de 1350 - 21 de xullo de 1425).
- Teodoro I Paleólogo, señor de Morea (aprox. 1355 - 24 de xuño de 1407).
- Miguel Paleólogo (morreu en 1376/1377). Reclamou o trono do Imperio de Trebisonda de Aleixo III. Foi asasinado mentres a súa campaña estaba en curso.
- María Paleóloga (morreu en 1376). Prometida a Murad I. Morreu antes de que o matrimonio puidese realizarse.
- Unha filla prometida a Pedro II de Chipre.
- Unha das dúas fillas anónimas que se informou que entrou nun mosteiro en 1373.
- A segunda das dúas fillas anónimas que se informou que entrou nun mosteiro en 1373.
Últimos anos
editarO 12 de agosto de 1376, Xoán V foi deposto nun golpe de estado polo seu fillo Andrónico IV. Helena foi tomada cativa xunto coa maioría da familia imperial. Andrónico IV foi apoiado principalmente pola República de Xénova. A súa principal oposición proveu da República de Venecia, o inimigo tradicional de Xénova, e Murad I. Andrónico IV cooperara con Savci Bey, un fillo de Murad, nun intento conxunto para depor aos seus respectivos pais en 1373. Murad mantívose hostil cara a el e apoiou a Xoán V.
Murad foi o responsábel da restauración de Xoán V o 1 de xullo de 1379. Andrónico retirouse a Gálata, que estaba baixo control xenovés. Helena foi tomada como refén e permaneceu en cativerio até 1381[2].
O conflito de Xoán V e Andrónico IV continuou até a morte deste último en 1385. Andrónico IV foi substituído polo seu fillo Xoán VII Paleólogo que logrou derrocar brevemente ao seu avó en 1390. O papel de Helena no conflito foi mínimo xa que poucas fontes aínda a mencionan.
Xoán V foi restaurado no trono pero morreu o 16 de febreiro de 1391. Helena sobreviviulle e retirouse ao convento de Santa Marta adoptando o nome monástico de Hipomona (Paciencia)[3]. Morreu aí como monxa.