Lingua punjabi
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2009.) |
O punjabi[2] (nome local: ਪੰਜਾਬੀ / pañjābī ou پنجابی / panjābī) é unha lingua indoeuropea da rama das linguas indoiranias falada na India (rexión do Punjab) e no Paquistán, por preto de 100 millóns de falantes (entre todos os dialectos; ese número pode ser ben máis pequeno de excluírmos certos dialectos); deriva de prácritos, como o hindi, pero é máis arcaico, e, xa que logo, máis irregular que este.
Punjabi ਪੰਜਾਬੀ ou پنجابی | ||
---|---|---|
Pronuncia: | pañjābī, panjābī | |
Falado en: | Paquistán, India, e noutros países con inmigrantes punjabis. | |
Rexións: | Punjab | |
Total de falantes: | 104 millóns (aprox.) | |
Posición: | 10 | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Indoaria Punjabi | |
Escrita: | Gurmukhi, Shahmukhi | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Punjab, Haryana, Chandigarh e Delhi. | |
Regulado por: | sen regulador oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | pa
| |
ISO 639-2: | pan | |
ISO 639-3: | varios:pan — Punjabi (xenérico)pnb — Punjabi (oeste)pmu — Punjabi (Mirpuri)lah — Landés
| |
Mapa | ||
Status | ||
Para a súa escritura emprega principalmente o semisilabario gurmukhî, así como o devanágari ou o alfabeto árabe na súa variante persa.
Esta lingua sería, co hindi, a lingua nai do romaní, a lingua dos xitanos. O panjabiano é unha lingua con acento de altura, á maneira do sánscrito outrora, e funciona con tres entoacións. É unha das poucas linguas indoarias modernas dese tipo.
O punjabi actual
editarNa India, o punjabi é unha das 22 linguas con estatuto oficial da India. É a primeira lingua oficial do Punjab e do Estado do Territorio da Unión (Union Territory State) Chandigar (Chandigarh)) e a segunda lingua oficial de Hariana (Haryana), Estado de Himachal (mal chamado Himachal Pradesh, xa que pradesh quere dicir estado, país) e Delhi. no Paquistán, o punjabi é a lingua provincial do Punjab (Paquistán), a principal provincia paquistaniana.
Entre os escritores modernos en lingua punjabi de nacionalidade paquistaniana, destacan:
- Shareef Kunjahi
- Mir Tanha Yousafi
- Sanawar Chadhar
- Alam Lohar
- Abid Tamimi
- Anwar Masood
- Aatish
- Shaista Nuzhat
- Raja Muhammed Ahmed
Algúns coñecidos poetas modernos do Punjab indio son:
Fonoloxía
editarAnterior | Case anterior | Central | Case posterior | Posterior | |
---|---|---|---|---|---|
pechada | iː | uː | |||
semipechada | eː | ɪ | ʊ | oː | |
media | ə | ||||
semiaberta | ɛː | ɔː | |||
aberta | aː |
A lingua punjabi tamén conta con vogais nasalizadas.
Bilabial | Labiodental | Dental/ Alveolar |
Retroflexa | Palatal | Velar | Glotal | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nasal | m | n | ɳ | ɲ | ŋ | |||
Oclusiva e africada |
xorda | p | t̪ | ʈ | ʧ | k | ||
aspirada xorda | pʰ | t̪ʰ | ʈʰ | ʧʰ | kʰ | |||
sonora | b | d̪ | ɖ | ʤ | g | |||
Fricativa | (f) | s (z) | (ʃ) | ɦ | ||||
Vibrante | ɾ | ɽ | ||||||
Aproximante | ʋ | l | ɭ | j |
Gramática punjabi
editarMorfoloxía
editarSubstantivos
editarO punjabi distingue dous xéneros, dous números, e cinco casos que son o directo, oblicuo, vocativo, ablativo e locativo/instrumental. Os dous últimos casos son basicamente vestixios na lingua actual: o ablativo só aparece no singular, en variación libre co caso oblicuo máis ablativo posposición, e o locativo/instrumental déixase só para expresións adverbiais. É posible facer unha subdivisión entre os substantivos, dividíndoos entre subclases declinables extensibles e inextensibles, cuxo remate característico é para os masculinos en -ā átono e para os femininos -ī.
Adxectivos
editarOs adxectivos divídense en categorías declinables e indeclinables. As declinables márcanse na súa terminación, para o xénero, número e caso do substantivo que define. En comparación, o número de terminacións dos adxectivos declinables é similar a dos substantivos aínda que máis simplificado
Pl. | Sg. | |||
---|---|---|---|---|
Declin. | Masc. | Dir. | -ā | -e |
Obl. | -e | -e, -iā̃ | ||
Fem. | -ī | -īā̃ | ||
Indeclin. |
Os adxectivos indeclinables son totalmente invariables e poden rematar tanto en consoantes coma vogais (incluíndo ā e ī ). Dir. masc. sing. (-ā) é a forma que aparece nos dicionarios.
|
|
|
|
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Entrada punjabi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2017. Consultado o 14 de marzo de 2017.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua punjabi |