Chandigarh, tamén chamada "A Cidade da Beleza", é unha cidade da India e un territorio de unión (union territory), porque é a capital de dous Estados indios: o Punjab e Haryana.

Modelo:Xeografía políticaChandigarh
ਚੰਡੀਗੜ (pnb) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 30°44′07″N 76°47′28″L / 30.7353, 76.7911
PaísIndia
Territorios da UniónChandigarh (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Haryana
Punjab
Chandigarh (en) Traducir
East Punjab (en) Traducir (1953–1966) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.055.450 (2011) Editar o valor en Wikidata (9.258,33 hab./km²)
Lingua usadaBauria (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie114 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude350 m Editar o valor en Wikidata
Creación1953 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoVijayendrapal Singh (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal160017 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico172 Editar o valor en Wikidata

Páxina webchandigarh.gov.in Editar o valor en Wikidata
Localización de Chandigarh, na rexión do Punjab.

Historia

editar

Chandigarh xurdiu materialmente en 1952 cando se puxo a súa primeira pedra. É unha das cidades modernas da India, deseñada polo arquitecto e urbanista francés Le Corbusier. Foi a "cidade soñada" do 1º Primeiro ministro da India, Sh. Jawahar Lal Nehru.

Como territorio non pertence a ningún dos dous Estados. Antes do 1 de novembro de 1966 era a capital do Punjab Oriental, pero despois da formación de Haryana o 1 de novembro de 1966 converteuse nun territorio de unión.

Lugares de interese

editar

Hai moitos lugares turísticos en Chandigarh, como o xardín de rochas, o xardín de rosas e o lago Sukhna, e de interese arquitectónico e urbanístico, como o complexo do Capitolio Chandigarh, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2016.

Economía

editar

É coñecida pola súa formación cultural mixta e o seu rápido desenvolvemento no campo das tecnoloxías da Información e a comunicación. Ten puntos de venda de moitas empresas multinacionais establecidas aquí e está emerxendo como un centro de desenvolvemento empresarial. O territorio abarca unha superficie de 44 mi² ou 114 km², é máis extenso que a illa Montserrat pero menor do que a illa de Jersey.

Toponimia

editar

Etimoloxicamente, Chandi significa "bo", e ghar significa "fogar", polo que o significado literal do nome da cidade significa "Bo fogar".

Símbolos territoriais de Chandigarh

editar