Lago Niassa

(Redirección desde «Lago Malawi»)

O lago Niassa (tamén coñecido como lago Malawi ou Nyasa en kiswahili) é un dos Grandes Lagos Africanos e atópase no Val do Rift, entre Malawi, Tanzania e Mozambique. Cunha orientación norte-sur, o lago ten 560 km de longo, 80 km de largura máxima e 700 m de profundidade.

Modelo:Xeografía físicaLago Niassa
(en) Lake Malawi Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipolago Editar o valor en Wikidata
Parte deParque Nacional do Lago Malawi (pt) Traducir
Grandes Lagos Africanos
Lagos do Gran Val do Rift Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 12°11′00″S 34°22′00″L / -12.183333333333, 34.366666666667
Comparte fronteira conChintheche (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Afluentes
Efluente do lagoRio Chire (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaBacia do Zambeze (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude474 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade704 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións75 (ancho) × 570 (lonxitude) km
Perímetro1.245 km Editar o valor en Wikidata
AtravesaMalaui, Mozambique e Tanzania Editar o valor en Wikidata
Superficie29.600 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica6.593 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico8.400.000 hm³ Editar o valor en Wikidata
BNE: XX458630
O lago Niassa visto desde o espazo

É o único lago no mundo que conforma unha rexión bioxeográfica específica, con preto de 400 especies endémicas de cíclidos descritas (arredor do 30 % de todos os cíclidos coñecidos no mundo) e probabelmente quedan aínda moitas por descubir. Estímase que ten unha idade de entre un e dous millóns de anos. Posto que se encontra nunha rexión tropical e é moi profundo, o lago está permanentemente estratificado, cun epilimnio máis quente sobre un hipolimnio máis frío. O nivel da auga varía coas estacións do ano e ten aínda un ciclo de longa duración, cos niveis máis altos en anos recentes, desde que existen rexistros.

Na lingua chiNyanja, falada na beira mozambicana do lago, niassa significa lago - tal como o propio nome do pobo que usa aquela lingua, os Nyanja, significa pobo do lago. En chichewa, unha das linguas de Malawi, a palabra malawi significa ao nacer do sol, visto que, estando no occidente do lago, é desa forma que os habitantes de Malaui do sur ven nacer o día sobre o lago.

O Parque Nacional do Lago Malawi, no sur de Malawi, que abrangue a extremidade sur do lago, unha ducia de illas, unha rexión de reserva forestal e unha zona acu��tica até 100 m da costa foi inscrito pola UNESCO en 1984 na lista dos lugares que son Patrimonio da Humanidade.

Véxase tamén

editar