Kansas

estado dos Estados Unidos de América

Kansas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Medio Oeste (Midwest) do país. O centro xeográfico dos 48 Estados Unidos continentais -é dicir, sen Alasca e Hawai- está localizado na rexión norte de Kansas, no condado de Smith. O centro xeodésico de América do Norte localízase tamén en Kansas, no condado de Osborne. Este centro utilízase como punto de referencia para todos os mapas feitos polo goberno dos Estados Unidos.

Modelo:Xeografía políticaKansas
State of Kansas (en) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna

HimnoHome on the Range (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«ad astra per aspera (en) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialSturnella neglecta (pt) Traducir (aves) Editar o valor en Wikidata
AlcumeThe Sunflower State Editar o valor en Wikidata
EpónimoRio Kansas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°30′N 98°00′O / 38.5, -98
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
CapitalTopeka Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.937.880 (2020) Editar o valor en Wikidata (13,79 hab./km²)
Número de fogares1.141.985 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie213.100 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0,63 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Arkansas e Rio Kansas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude600 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Sunflower (pt) Traducir (1.231,1 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoVerdigris (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación29 de xaneiro de 1861 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Kansas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governor of Kansas (en) Traducir Editar o valor en WikidataLaura Kelly (2019–sen valor) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoKansas Legislature (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialKansas Supreme Court (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-KS Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS481813 Editar o valor en Wikidata

Sitio webkansas.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455331

Limita ao norte co estado de Nebraska, ao oeste con Colorado, ao sur con Oklahoma e ao leste con Missouri.

Kansas é un dos líderes nacionais da industria agropecuaria. O estado é o maior produtor de trigo do país, o que fai que sexa coñecido como Wheat State (Estado do Trigo) e Breadbasket of America (Panera de América, ou Celeiro de América). Kansas posúe tamén un dos maiores rabaños de gando bovino do país. A agricultura e a gandería foron durante gran parte da historia de Kansas a súa principal fonte de renda. Dodge City é considerada por moitos como a "Capital Mundial dos Cowboys". Kansas tamén posúe unha forte industria mineira, e é un líder nacional na produción de petróleo e gas natural. Actualmente, as principais fontes de renda do estado son o comercio e a industria.

Durante a década de 1850, coa Lei de Kansas-Nebraska, gran número de abolicionistas e defensores do traballo escravo instaláronse en Kansas. Moitos enfrontamentos entre milicias abolicionistas e escravistas sucedéronse en Kansas, así como no estado veciño de Missouri (onde o traballo escravo estaba permitido). Estes conflitos eran tan violentos que Kansas recibiu o alcumo de Bleeding Kansas (Kansas Sangrante) na década de 1850. Outro apelativo de Kansas, que posúe as súas orixes neste conflito, é Jayhawker State. Jayhawker é como se coñece un acto común dos abolicionistas, de invadir granxas escravistas en Missouri, saquear facendas e liberar escravos. O 29 de xaneiro de 1861, Kansas converteuse no 34º estado estadounidense.

O alcume máis coñecido de Kansas é The Sunflower State (O Estado Xirasol). Os xirasois cobren boa parte das extensas chairas do estado. O nome Kansas posúe a súa orixe na tribo amerindia kansa, que vivían na rexión ata o século XVIII. Kansa significa "pobo dos ventos do sur".

Historia

editar

Ata 1861

editar

A rexión que actualmente constitúe o estado de Kansas estaba habitada por catro tribos amerindias, anteriormente á chegada dos primeiros exploradores europeos da rexión: os kansa (de aí a orixe do nome do estado), os osage, os pawnee e os wichita, que vivían da caza do búfalo e do cultivo de millo e soia.

Os primeiros europeos en explorar o actual Kansas foron os membros dunha expedición española liderada por Francisco Vázquez de Coronado, en 1541. A expedición buscaba unha rexión chamada Quivira, onde, segundo o guía nativo da expedición, posuía grandes minas de ouro. A expedición española, ao non atopar ouro no actual Kansas, abandonaron a rexión.

En 1682, o francés René Robert Cavelier reivindicou toda a rexión da conca hidrográfica do río Mississippi para os franceses. Así, a maior parte de Kansas pasou a formar parte da colonia francesa de Nova Francia, provincia colonial de Luisiana (Nova Francia). Exploradores franceses desembarcaron na rexión ao comezo do século XVIII, en procura de peles.

En 1803, coa Compra de Luisiana, a maior parte de Kansas foi anexionada polos Estados Unidos. O daquela Presidente dos Estados Unidos, Thomas Jefferson, enviou a Meriwether Lewis e William Clark ao novo territorio adquirido, co obxectivo de explorar estes territorios. O 26 de xuño, Lewis e Clark, partindo de St. Louis, Missouri, e seguindo o río Missouri, chegaron á confluencia dos ríos Kansas e Missouri, no actual Kansas, explorando esta rexión durante tres días antes de proseguir rumbo ao oeste. Outra expedición, liderada por Zebulon Pike, sería realizada en 1806. Pike cruzaría Kansas no sentido leste-oeste. Logo da exploración, Pike afirmou que a rexión das Grandes Planicies era inhabitable, o que impediu un maior asentamento de poboación na rexión de Kansas. O español Manuel de Lisa foi o home máis activo e de éxito da súa época que explorou estas rexións indias[Cómpre referencia].

Kansas, ata 1830, fixo parte do Distrito de Luisiana, do Territorio de Luisiana e do Territorio de Missouri. En 1825, o goberno estadounidense, que confiscara grandes zonas de terras de tribos nativas do leste estadounidense, decidiu facer da rexión que constitúe actualmente Kansas -entón unha rexión escasamente poboada por brancos- unha reserva indíxena, para albergar as tribos nativoamericanas que fosen obrigadas a ceder as súas terras. Entre 1825 e 1845, 30 tribos nativoamericanas instaláronse en Kansas. Mentres, Kansas, localizada na rexión central dos actuais Estados Unidos, converteuse nun importante centro de transportes, grazas á expansión estadounidense en dirección ao oeste. En 1827, o Coronel Henry Leavenworth estableceu o primeiro forte na rexión, Fort Leavenworth. Inicialmente, na década de 1830, a maioría dos brancos que se instalaban na rexión eran abolicionistas do Norte estadounidense, que querían frear a expansión do traballo escravo no país. Na década de 1840, con todo, a rexión pasou a atraer maior número de persoas interesadas na procura de mellores condicións de vida, principalmente inmigrantes europeos, alemáns, irlandeses, ingleses, suecos e rusos.

O asentamento en Kansas por parte de colonos brancos fixo que a presión ao goberno estadounidense para que a rexión de Kansas se convertese nun territorio independente, e forzase o traslado dos nativos americanos da rexión, durante o inicio da década de 1850. O goberno estadounidense negociou con cada unha das tribos nativas instaladas en Kansas, e gradualmente, todas as tribos nativoamericanas foron trasladadas da rexión, e a última abandonou Kansas en 1854. A maioría dos nativos americanos foron enviados á rexión que constitúe actualmente o estado estadounidense de Oklahoma.

O 30 de maio de 1854, a través da Lei de Kansas-Nebraska, Kansas converteuse nun territorio estadounidense. Ata entón, facía parte do chamado Territorio Indio, xunto con Nebraska e Oklahoma. Buscando diminuír os conflitos entre defensores do abolicionismo e do traballo escravo, o Congreso dos Estados Unidos decidiu permitir á poboación dos territorios elixir entre permitir ou prohibir o uso do traballo escravo. A maior parte da poboación de Kansas estaba en contra o uso do traballo escravo. Isto xerou inmensos conflitos co estado veciño de Missouri, onde o uso do traballo escravo estaba permitido. Durante o resto da década de 1850, Kansas recibiu gran número de defensores do abolicionismo e do traballo escravo, que se instalaron en Kansas buscando aumentar a forza política do seu respectivo grupo. As eleccións territoriais de 1855 foron gañadas por un partido político abolicionista, o Free State Party (Partido do Estado Libre). O 29 de xaneiro de 1861, logo da secesión de 11 estados do Sur estadounidense da Unión (que formaron os Estados Confederados de América), Kansas converteuse no 34° estado estadounidense.

Desde 1861

editar

Kansas, durante a Guerra Civil, loitou á beira das forzas da Unión contra a Confederación, así como o estado veciño de Missouri. Con todo, boa parte da poboación deste último estaba a favor do uso do traballo escravo, e simpatizaba cos ideais da Confederación. Isto causou grandes conflitos entre milicias confederadas de Missouri e da Unión de Kansas. As milicias estadounidenses de Kansas realizaron diversos ataques contra tropas e aldeas confederadas en Missouri. Kansas foi o estado da Unión que máis soldados enviou ás frontes de guerra, en proporción á poboación total do estado na época. Despois do final da Guerra Civil, en 1865, miles de ex-soldados instaláronse permanentemente no estado.

Ata o inicio da década de 1870, a principal fonte de renda de Kansas era a prestación de servizos de transporte ferroviario. Diversas liñas férreas foran construídas entre Kansas e outros estados estadounidenses exceptuando Texas, ao longo da década de 1860 e de 1870, conectando o estado co resto do país. O principal produto transportado para outras rexións era o gando bovino, proveniente de Texas. Coa construción do ferrocarril entre Texas e outros estados na década de 1880, o transporte ferroviario perdeu moita da súa importancia en Kansas.

A importancia de Kansas como un gran centro agrario data da década de 1870. Os principais produtos cultivados no estado eran o millo e o trigo. Ambos se cultivaban durante a primavera e se recollían nas proximidades do outono. Os veráns moi quentes e secos, característicos do estado, así como os insectos, destruían moitas das plantacións do estado. Durante a década de 1870, un gran número de menonitas vindos/vidos de Rusia instaláronse en Kansas. Os menonitas trouxeron un novo tipo de trigo, que era cultivado no outono e recollendo no inicio do verán, o que o facía máis resistente as pragas, evitaba a calor dos veráns do estado, e era máis resistente ás secas. O cultivo deste tipo de trigo rapidamente estendeuse por Kansas, facendo do estado o maior produtor nacional de trigo desde o inicio do século XX.

Kansas foi o primeiro estado estadounidense en prohibir a venda de licoré e bebidas alcohólicas nos Estados Unidos, en 1880. Esta lei non foi derrogada ata 1986.

Kansas, que dependía entón en larga medida da agricultura, enfrontouse a un período de recesión económica durante o final da década de 1880 e o inicio da década de 1890. Esta recesión fose causada polos baixos prezos dos produtos agrarios no mercado internacional, e polos altos intereses cobrados aos préstamos tomados polos granxeiros, moitos dos cales foron forzados a abandonar as súas granxas e trasladarse ás cidades, ou a outras rexións do país. Outro problema eran os altos prezos do transporte de carga ferroviaria. Estes problemas económicos fixeron con que un partido político progresista recentemente formado, o Farmers Alliance (Unión de Granxeiros), gañase as eleccións estatais de 1890, sendo reelixidos en 1892 e en 1896. O Farmers Alliance, atendendo a demanda popular de reformas socioeconómicas, impuxo límites á taxas de interese cobrados por institucións bancarias no estado, e nos prezos cobrados polo transporte de carga ferroviaria e diversos produtos de consumo.

O Farmers Alliance entrou en declive ao comezo do século XX. As reformas socioeconómicas foron continuadas polos republicanos, que aprobaron leis prohibindo o uso do traballo infantil, crearon leis laborais, e impulsaron unha diminución dos prezos cobrados polas compañías ferroviarias para o transporte de cerealé. Os republicanos tamén deron ás mulleres o dereito ao voto.

A minería converteuse na segunda fonte de renda máis importante de Kansas ao comezo do século XX, grazas aos descubrimentos de grandes reservas de petróleo e gas natural en 1892 e en 1915, e de helio en 1905. Estas reservas naturais e mais a primeira guerra mundial fixeron que Kansas se industrializase axiña a partir da década de 1910. A guerra tamén foi causa de prosperidade no sector agrario. Despois da guerra e ao longo da década de 1920, Kansas continuou a súa industrialización rapidamente, aínda que o sector agrario do estado entrou en recesión por mor da caída drástica dos prezos dos produtos agrarios no mercado internacional.

A Gran Depresión da década de 1930 causou unha gran crise económica en Kansas, agravando a recesión xa existente no sector agrario, a suspensión de pagos de diversos establecementos bancarios e comerciais, e causando desemprego e miseria. Ademais, Kansas foi un dos estados máis afectados polo chamado Dust Bowl, marcado por longos períodos de seca, grandes enxabres de lagostas e grandes tempestades de area. De novo, moitos granxeiros abandonaron as súas facendas, trasladándose ás cidades ou a outros estados. A asistencia socioeconómica do goberno de Kansas e dos Estados Unidos axudaron a minimizar a crise a partir de 1936, pero a recesión só se detivo co fin do Dust Bowl, no final da década de 1930, e co inicio da segunda guerra mundial, esta última ao provocar un grande aumento da demanda mineira, produtos agrarios e industrializados.

Kansas continuou industrializándose rapidamente despois do final da segunda guerra mundial. O estado tamén mantivo os niveis de produción pre-bélica de minería e produtos agrarios. Con todo, os prezos destes caeran co fin da guerra, o que causou unha caída dos prezos destes, e recesión económica nestes sectores da economía do estado. A recesión no sector agrario foi agravada por un novo período de seca durante a década de 1950. Os problemas do sector agrario e mineiro e a rápida industrialización do estado causaron un gran fluxo de poboación do campo para as cidades. No final da década de 1950, máis da metade da poboación de Kansas vivía en áreas urbanas.

En 1953, o republicano Dwight D. Eisenhower, que crecera en Abilene, converteuse en Presidente dos Estados Unidos, permanecendo no cargo ata 1961.

En 1954, a Corte Suprema xulgou inconstitucional a segregación en institucións de educación en todo o país. Esta decisión foi tomada durante o proceso xudicial Brown contra Consello de Education de Topeka, onde pais afroamericanos iniciaron un recurso xudicial contra o Consello de Educación de Topeka, por mor da segregación das escolas públicas da cidade, imposta polo Consello.

Kansas enfrontouse a un novo período de crise económica durante a década de 1980, por mor dos baixos prezos do petróleo e dos produtos agrarios. Kansas creou unha axencia de planificación económica, a Kansas Inc, que axudou ao estado a superar a crise ao comezo da década de 1990. En 1991, a demócrata Joan Finnley converteuse na primeira gobernadora de Kansas.

Xeografía

editar

Kansas limita ao norte co estado de Nebrasca, ao leste con Missouri, ao sur con Oklahoma e ao oeste con Colorado.

Kansas está cuberto na súa totalidade pola conca hidrográfica do Río Missouri, que serve como fronteira entre o nordeste de Kansas e Missouri. Esta conca hidrográfica pódese dividir en dúas concas menores. A primeira delas é a conca hidrográfica do río Kansas, que cobre o norte e o leste do estado, cuxos ríos discorren na súa maioría en dirección leste. A segunda conca é a do río Arcansas, que cobre o sur de Kansas. O río Arcansas discorre en dirección sur.

Kansas posúe poucos lagos naturais, debido ao seu terreo relativamente plano. A maior parte dos 150 lagos do estado son encoros artificiais, creados por presas, dos cales o maior deles, o lago Milford, posúe 6,47 mil hectáreas de superficie. Os bosques cobren menos do 5% do estado.

O centro xeográfico dos 48 Estados Unidos contiguos -é dicir, os Estados Unidos sen Alasca e Hawai- está localizado na rexión norte de Kansas, no condado de Smith. O centro xeodésico de América do Norte localízase tamén en Kansas, no condado de Osborne. Este centro utilízase como punto de referencia para todos os mapas feitos polo goberno dos Estados Unidos.

Kansas pode ser dividido en tres rexións xeográficas distintas:

  • As Planicies Dissected Till cobren o nordeste de Kansas, ao leste do río Kansas e ao norte do río Big Blue. Esta é a menor das tres rexións en superficie. O chan desta rexión está formado principalmente por sedimentos depositados por antigos glaciais. Este chan é extremadamente fértil.
  • As Planicies do Sueste cobren o sueste de Kansas. Esta rexión posúe un terreo moi plano, cuberto principalmente por montes achatados de baixa altitude. As Planicies do Sueste posúen as cotas máis baixas de altitude de Kansas, incluíndo o punto menos elevado do estado, de 207 metros. O chan da rexión é a menos fértil das tres rexións xeográficas de Kansas.
  • As Grandes Planicies, a maior das tres rexións, cobren toda a rexión centro-oeste de Kansas. Caracterízase polo seu terreo pouco accidentado e altitude variable, que aumenta a medida en que se viaxa en dirección ao oeste. O punto máis elevado de Kansas, o Mount Sunflower, cos seus 1.231 metros de altitude, localízase nesta rexión.[1]
 
Tornado en Manhattan, Kansas, 31 de maio de 1949.
Valores normais de temperaturas altas e baixas de varias cidades de Kansas
Cidade Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec
Concordia 36/17 43/22 54/31 64/41 74/52 85/62 91/67 88/66 80/56 68/44 51/30 40/21
Dodge City 41/19 48/24 57/31 67/41 76/52 87/62 93/67 91/66 82/56 70/44 54/30 44/22
Goodland 39/16 45/20 53/26 63/35 72/46 84/56 89/61 87/60 78/50 66/38 50/25 41/18
Topeka 37/17 44/23 56/33 66/43 75/53 84/63 89/68 88/65 80/56 69/44 53/32 41/22
Wichita 40/20 47/25 57/34 67/44 76/54 87/64 93/69 92/68 82/59 70/47 54/34 43/24
(Valores en °F) Fuente: ustravelweather.com

Política

editar

A actual Constitución de Kansas foi adoptada en 1859. Pódense propoñer Emendas á Constitución polo Poder Lexislativo de Kansas. Para que unha Emenda creada por unha das Cámaras do Poder Lexislativo sexa aprobada, necesita recibir polo menos tres cuartos dos votos do Senado e da Casa dos Representantes do estado, e de dous terzos dos votos da poboación electoral de Kansas, nun referendo. Tamén poden realizarse Emendas a través de convencións constitucionais, encontros políticos especiais, que necesitan ser aprobadas por polo menos o 51% de cada Cámara do Poder Lexislativo e posteriormente por polo menos o 60% da poboación electoral do estado, nun referendo.

O principal oficial do Poder Executivo en Kansas é o gobernador. O posto de gobernador elíxese conxuntamente co tenente gobernador, nunha mesma papeleta, polos electores do estado para mandatos de ata catro anos de duración. Unha persoa pode exercer o cargo de gobernador cantas veces poida, pero non dúas veces consecutivas.

O Poder Lexislativo de Kansas está formada polo Senado e pola Cámara de Representantes. O Senado posúe un total de 40 membros, mentres que a Casa dos Representantes posúe un total de 125 membros. Kansas está dividido en 40 distritos senatoriais e 125 distritos representativos. Os electores de cada distrito elixen un senador/representante, que representará tal distrito no Senado/Casa dos Representantes. O mandato dos senadores é de catro anos e o dos representantes é de dous anos. Unha persoa pode exercer o cargo de senador só dúas veces, e o cargo de representante catro veces.

 
Xulgado do condado de Chase, o xulgado de condado máis antigo aínda en uso no estado de Kansas.

O máis alto tribunal do Poder Xudicial de Kansas é o Tribunal Supremo de Kansas, composto por sete xuíces, entre os cales o de maior experiencia no Tribunal é elixido para exercer como xefe de xustiza. O segundo maior tribunal do estado é o Court of Appeals (Tribunal de Apelacións), formado por 10 xuíces. Os xuíces do Tribunal Supremo son designados polo gobernador do estado, a través dunha lista de candidatos realizada por unha comisión do Tribunal Supremo. Logo de ser escollida, unha persoa exerce o cargo de xuíz no Tribunal Supremo por un ano, cando se realiza unha elección estatal, e os electores do estado elixen entre manter o xuíz no cargo ou quitalo de oficio. Se é aprobado, o xuíz noméase para mandatos de ata seis anos de duración, momento no que poden ser reelixidos de novo. Os xuíces do Tribunal de Apelacións son todos designados directamente polo gobernador, e o xefe de xustiza do Tribunal Supremo do estado nomea a un deles para oficiar como xefe de xustiza.

Kansas está dividido en 105 condados, cun total de 628 cidades. Os condados son administrados por consellos de comisionados compostos por tres ou cinco membros electos pola poboación do condado para mandatos de ata catro anos de duración, mentres as cidades posúen o poder de escoller o seu propio formato de administración. A maior parte das cidades do estado están gobernadas por un alcalde e un consello municipal. Outras cidades, principalmente as de maior porte, son gobernadas por comisionados.

Preto de metade dos ingresos do orzamento do goberno de Kansas é xerada por impostos estatais. O resto proveñen de orzamentos recibidos do goberno federal e de préstamos. En 2002, o goberno do estado gastou 10.592 millóns de dólares, e xerou 9.694 millóns de dólares. A débeda pública de Kansas é de 2.298 millóns de dólares. A débeda per cápita é de 844 dólares, o valor dos impostos estatais per cápita é de 1.773 dólares, e o valor dos gastos gobernamentais per cápita é de 3.905 dólares. Kansas posúe a terceira débeda per cápita máis pequena entre calquera estado estadounidense, superado só por Tennessee e Arizona.

O Partido Republicano dominou politicamente Kansas desde que o estado foi creado ata a década de 1950, e posúe unha forte presenza no estado ata os días actuais. Ata a década de 1950, a gran maioría dos gobernadores e membros do Lexislativo do estado foron republicanos. Desde a década de 1930, con todo, o Partido Demócrata tense fortalecido no estado, e en décadas recentes, o electorado de Kansas optou de forma alterna entre gobernadores republicanos e demócratas en igual medida, o mesmo que para os membros do Lexislativo. En canto a eleccións a nivel nacional, a maior parte dos representantes de Kansas no Congreso dos Estados Unidos foi, e continúan sendo, candidatos republicanos. Nas eleccións presidenciais estadounidenses, a maioría dos votos de Kansas no colexio electoral estadounidense favorecen polo xeral a candidatos republicanos.

Demografía

editar

O censo nacional do 2000, da Oficina do Censo dos Estados Unidos, fixou a poboación de Kansas en 2 688 418 habitantes, un crecemento do 8,1% en relación á poboación do estado en 1990, de 2 485 600 habitantes.[2] Unha estimación realizada en 2005 calculaba a poboación do estado en 2 744 687 habitantes, un crecemento do 10,4% en relación á poboación do estado en 1990, do 2,1% en relación á poboación do no 2000, e do 0,4% en relación á poboación do estado en 2004.

O crecemento natural da poboación de Kansas entre 2000 e 2005 foi de 76.138 habitantes (204.663 nacementos menos 128.525 falecementos) o crecemento da poboación causado pola inmigración foi de 38.222 habitantes, mentres que a migración interestatal resultou cunha diminución de 57.763 habitantes. Entre 2000 e 2005, a poboación de Kansas creceu en 55.863 habitantes, e entre 2004 e 2005, en 10.990 habitantes.

Preto de 149,8 mil habitantes de Kansas (o 5,5% da poboación do estado) naceron fóra dos Estados Unidos. Estímase que Kansas posúe preto de 47 mil inmigrantes ilegais (1,7% da poboación do estado).

Etnias

editar

Os sete maiores grupos de Kansas pola súa ascendencia son: alemáns (que conforman o 25,9% da poboación do estado), irlandeses (11,5%), estadounidenses (10,8%; a maioría descendentes de ingleses ou escoceses), afroamericanos (5,5%), mexicanos (5,5%), franceses (3,1%) e suecos (2,4%).[3]

Relixión

editar

Porcentaxe da poboación de Kansas por afiliación relixiosa:

Cidades principais

editar

Kansas ten 627 cidades incorporadas. Polo estatuto de Kansas, as cidades divídense en tres clases que se determinan pola poboación obtida "por calquera censo de enumeración". Unha cidade de terceira clase ten unha poboación de menos de 5000 habitantes, aínda que as cidades que alcanzan unha poboación de máis de 2000 habitantes poden ser certificadas como unha cidade de segunda clase. A segunda clase está limitada a cidades cunha poboación de menos de 25000 habitantes, e unha poboación de máis de 15000, pode ser certificada como cidade de primeira clase. As cidades de primeira e segunda clase son independentes de calquera municipio e non son incluídas dentro do territorio do municipio.

Economía

editar
 
Moeda de 25 centavos de dólar estadounidense de Kansas.

O Produto interno bruto de Kansas, en 2003, foi de 93 mil millóns de dólares, un crecemento do 4,3% en relación ao PIB do estado en 2002. A renda per cápita do estado, pola súa banda, foi de 29.438 dólares. A taxa de desemprego de Kansas era do 5,5%.

O sector primario achega un 1% do PIB de Kansas. A agricultura e a gandería representan xuntas un total do 3% do PIB do estado, empregando a preto de 101 mil acodes. Kansas posúe preto de 60 mil granxas, que cobren máis do 90% do estado. Os principais produtos producidos pola industria agropecuaria de Kansas son o trigo (do que o estado é o maior produtor nacional) e a carne e o leite bovinos (Kansas posúe un dos maiores rabaños de gando bovino do país).

O sector secundario representa o 23% do PIB de Kansas. O valor total dos produtos fabricados no estado é de 20 mil millóns de dólares. Kansas posúe preto de 3,3 mil fábricas. Os principais produtos industrializados fabricados no estado son equipamentos de transportes, procesamento de alimentos, e maquinaria. A industria de manufactura achega o 18% do PIB do estado, empregando aproximadamente a 220 mil acodes. A industria da construción responde polo 4% do PIB do estado, e emprega aproximadamente a 91 mil acodes. A minería achega o 1% do PIB de Kansas, empregando a preto de 21 mil acodes. Os principais recursos naturais explorados no estado son o petróleo e gas natural.

O sector terciario achega o 74% do PIB de Kansas. O comercio por xunto e polo miúdo representa un 1% do PIB do estado, e emprega aproximadamente a 740 mil acodes. Os servizos comunitarios e persoais son responsables do 18% do PIB do estado, empregando a preto de 467 mil acodes. Os servizos gobernamentais responden polo 13% do PIB, empregando aproximadamente a 271 mil acodes. Servizos financeiros e inmobiliarios achegan cerca do 13% do PIB do estado, empregando aproximadamente a 107 mil acodes. Transportes, telecomunicacións e servizos públicos empregan a preto de 85 mil acodes, o que supón un 11% do PIB de Kansas. Cerca do 65% da electricidade xerada en Kansas prodúcese en centrais termoeléctricas a carbón, o 25% en centrais nucleares, e a maior parte do resto en centrais termoeléctricas a petróleo ou gas natural.

Educación

editar
 
Vista da Bluemont Bell and Dickens, Universidade Estatal de Kansas.

As primeiras escolas de Kansas foron fundadas durante a década de 1830 por misioneiros, e creadas principalmente para a educación de nenos nativoamericanos. En 1855, Kansas aprobou unha lei que instituía un sistema de escolas públicas para a educación de nenos brancos, lei que foi modificada en 1859 para que incluíse a calquera neno, independentemente da súa raza.

Actualmente, todas as institucións educativas en Kansas precisan seguir as regulación e instrucións ditadas polo Consello Estatal de Educación de Kansas. Este consello controla directamente o sistema de escolas públicas do estado, que está dividido en diferentes distritos escolares. O consello está composto por oito membros escolleitos polo gobernador para mandatos de ata catro anos de duración. Estes oito membros nomean un noveno membro, que actuará como comisionado de educación, e presidente do consello. Cada cidade principal (city), diversas cidades secundarias (towns) e cada condado, é atendida por un distrito escolar. Nas cidades, a responsabilidade da administración do sistema escolar público é dos distritos municipais, mentres que en rexións menos densamente habitadas, esta responsabilidade é dos distritos escolares, que operan en todo o condado en xeral. Kansas permite a operación de "escolas charter" (escolas públicas independentes, que non son administradas por distritos escolares, pero que dependen de orzamentos públicos para operar). A atención escolar é obrigatoria para todos os nenos e adolescentes con máis de sete anos de idade, ata a conclusión da ensino secundario ou ata os quince anos de idade.

En 1999, as escolas públicas de Kansas atenderon preto de 472,2 mil estudantes, empregando aproximadamente a 33.000 profesores. As escolas privadas atenderon a preto de 43,1 mil estudantes, empregando aproximadamente 3,2 mil profesores. O sistema de escolas públicas do estado investiu preto de 2,84 mil millóns de dólares, e o gasto das escolas públicas foi de aproximadamente 6,7 mil dólares por estudante. Cerca do 88,6% dos habitantes do estado con máis de 25 anos de idade posúen un diploma de ensino secundario.

A primeira biblioteca pública de Kansas foi fundada en 1859, en Vinland. Actualmente, o estado posúe 321 sistemas de bibliotecas públicas, que moven anualmente preto de 9,6 libros por habitante.

A primeira institución de ensino superior de Kansas, a Universidade Baker, en Baldwin City, foi fundada en 1858. Actualmente, Kansas posúe 60 institucións de educación superior, dos cales 35 son públicas e 25 son privadas. A Universidade de Kansas, fundada en 1859 en Lawrence, é a maior institución de educación do estado, e a institución pública de educación superior máis antiga de Kansas.

Transportes

editar

En 2002 Kansas posuía 8.138 quilómetros de vías férreas. En 2003, o estado posuía 217.281 quilómetros de vías públicas, dos cales 1.407 quilómetros eran autoestradas interestatais, parte do sistema viario federal dos Estados Unidos. O quilometraxe do sistema de vías públicas de Kansas é o cuarto maior dos Estados Unidos, superado só por California, Texas e Illinois. O Aeroporto Internacional de Wichita é o aeroporto con maior movemento do estado.

Medios de comunicación

editar

O primeiro periódico de Kansas, o Shawnee Sun, foi publicado por primeira vez en 1835. Este periódico, creado por Jotham Meeker (misioneiro baptista, defensor dos pobos shawnee, ottawa e delaware de Kansas), foi publicado en lingua shawnee, e estaba dirixido aos nativos shawnee que vivían en Kansas. O primeiro xornal publicado no actual Kansas en inglés foi o Kansas Weekly Herald, en 1854, en Leavenworth. Actualmente, son publicados no estado preto de 260 xornais, dos cales 43 son diarios.

A primeira estación de radio de Kansas foi fundada en 1922, en Wichita. A primeira estación de televisión do estado foi fundada en 1932, en Manhattan. Esta estación de radio, unha das primeiras do país, fóra creada con carácter experimental, e a primeira estación de televisión comercial do estado foi fundada en 1953, en Hutchinson. Actualmente, Kansas posúe 132 estacións de radio - das cales 49 son AM e 83 son FM - e 20 estacións de televisión.

Deporte

editar

Os principais equipos do estado son:

Club Deporte Liga Cidade
Sporting Kansas City Fútbol Major League Soccer Kansas City
Kansas City T-Bones Béisbol American Association Kansas City
Kansas Magic Fútbol sala Professional Arena Soccer League Overland Park
Kansas Koyotes Fútbol americano cuberto American Professional Football League Topeka
Topeka Golden Giants Béisbol National Baseball Congress Topeka
Topeka Roadrunners Hóckey sobre xeo North American Hockey League Topeka
Wichita Thunder Hóckey sobre xeo Central Hockey League Wichita
Wichita Wild Fútbol americano cuberto Indoor Football League Park City
Wichita Wings Fútbol sala Major Indoor Soccer League Park City
Wichita Wingnuts Béisbol American Association Wichita
FC Kansas City Fútbol National Women's Soccer League Kansas City
  1. "Elevations and Distances in the United States". U.S Geological Survey. 29/04/2005. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2008. Consultado o 26 de novembro de 2007. 
  2. "United States Census Bureau, Kansas General Depographic Profile 2000". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 09 de marzo de 2014. 
  3. "United States Census Bureau, Kansas Social Characteristics 2000". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 09 de marzo de 2014. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar