Joel Schumacher
Joel T. Schumacher, nado en Nova York o 29 de agosto de 1939 e finado na mesma cidade o 22 de xuño de 2020,[1] foi un director, produtor e guionista cinematográfico estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Joel T. Schumacher 29 de agosto de 1939 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 22 de xuño de 2020 (80 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro |
Educación | Universidade de California, Os Ánxeles Parsons The New School for Design Fashion Institute of Technology (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Dirección de cine, Guión e Produción de cinema |
Ocupación | guionista, diseñador de vestuario, produtor de cinema, director de cinema, realizador |
Período de actividade | 1972 - 2020 |
Partido político | Partido Demócrata |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarSchumacher naceu na cidade de Nova York. A súa nai Marian era unha xudía de ascendencia sueca mentres que o seu pai Frank era un baptista de Knoxville (Tennesse), que faleceu cando Joel tiña catro anos.[2] Estudou no Parsons The New School for Design e en The Fashion Institute of Technology da súa cidade natal. Despois dos seus primeiros traballos no mundo da moda, descubriu a súa verdadeira paixón no cinema.
Trasladouse aos Ánxeles, onde comezou a traballar como deseñador de vestiario en filmes como O durmiñón e desenvolveu o seu coñecemento na televisión, sendo ouvinte en UCLA. En 1976 escribiu o seu primeiro guión para o filme de baixo orzamento Car Wash con escaso éxito; a este seguírono títulos como O meigo (1978), unha adaptación levada á pantalla por Sidney Lumet.[3]
O seu debut como director chegou con A incrible muller minguante en 1981, protagonizada por Lily Tomlin e que presentaba a historia do home minguante cunha protagonista feminina. O filme resultou un éxito no cinema independente.
Na década de 1980, Schumacher especializouse como produtor en diferentes xéneros, como a comedia D.C. Cab (1983), Saint Elmo, punto de encontro[4] ou o filme de terror The Lost Boys, considerados filmes arquetípicos da década de 1980.[5]
Na década de 1990 dirixiu filmes de suspense con grande aceptación como Liña mortal (1990), Falling Down (1993) ou trasladando ao cinema os best-sellers de John Grisham, The Client (1994) e A Time to Kill (1996), esta última unha escolla de Grisham. Outro dos elementos polos que foi coñecido Schumacher é por substituír a Tim Burton como director da saga sobre Batman. Schumacher dirixiu Batman Forever en 1995, que foi un grande éxito a pesar de recibir críticas tépedas, e Batman & Robin, que foi un gran desastre tanto de crítica como de público.[6] Estas poucas expectativas fixero que Warner Bros. cancelase o seguinte proxecto de Batman que tamén ía ser dirixido polo propio Schumacher, Batman Triumphant.[7]
A partir dese momento, Schumacher participou en proxectos como 8mm (1999) con Nicolas Cage e a comedia Ninguén é perfecto (1999) con Robert De Niro, que recibiron boas críticas aínda que non recadaron moitos cartos. En 2000 o director deu un xiro radical e obtivo unhas das mellores críticas da súa carreira co drama ambientado na guerra de Vietnam Tigerland, onde se deu a coñecer Colin Farrell.[8] O traballo de Schumacher continuou coa controvertida Phone Booth (2002), onde o director volveu contar con Colin Farrell e tamén o suspense político Bad Company (2002) protagonizado por Anthony Hopkins e Chris Rock. En 2004 dirixiu The Phantom of the Opera, baseado no musical homónimo. O filme obtivo tres candidaturas aos premios Óscar e outras tres aos Globos de Ouro, mais non gañou ningún deles.[1]
Schumacher faleceu de cancro o 22 de xuño de 2020 aos oitenta anos.[9][10] Trala súa morte foi eloxiado por Jim Carrey e Matthew McConaughey, que consideran que Schumacher foi quen lanzou as súas carreiras.[11]
Vida persoal
editarSchumacher describiuse a si mesmo como "extremadamente promiscuo", dicindo nunha entrevista de 2019 que era sexualmente activo desde os once anos e estimou que mantivo relacións sexuais con entre 10 000 e 20 000 homes ao longo da súa vida. Schumacher dixo que a primeira persoa que coñeceu que morreu pola epidemia de sida en 1983 "non era promiscua", o que levou a Schumacher a crer que morrería pouco despois, lembrando que no seu momento pensou: "Se el a ten, eu debo tela cuadriplicado [...] Estaba seguro de que a tiña, estaba a planear a miña morte", mais nunca contraeu a doenza.[12]
En 1984, Schumacher comprou a Doris Duke as cortes de cabalos que pertenceran a Rudolph Valentino.[13]
Schumacher fixo doazóns aos candidatos do Partido Demócrata, incluídas varias campañas ao Congreso e a campaña presidencial de 2004 de John Kerry.[14]
Filmografía
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Murió el director Joel Schumacher a los 80 años". Infobae (en castelán). 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
- ↑ Thomson, David (6 de maio de 2014). The New Biographical Dictionary of Film: Sixth Edition (en inglés). Knopf Doubleday Publishing Group. ISBN 978-1-101-87470-7. Consultado o 22 de xuño de 2020.
- ↑ Fry, Carrol Lee (2008). Cinema of the Occult: New Age, Satanism, Wicca, and Spiritualism in Film (en inglés). Associated University Presse. ISBN 978-0-934223-95-9. Consultado o 22 de xuño de 2020.
- ↑ Coyle, Jake (22 de xuño de 2020). "Joel Schumacher, director of 'St. Elmo's Fire' and Batman films, dies at 80". ABC7 Chicago (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
- ↑ "Fallece Joel Schumacher, el director que mejor domó a las estrellas de cine de los 90". Vanity Fair (en castelán). 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
- ↑ "Joel Schumacher, Batman Forever and The Lost Boys director, dies aged 80". The Guardian (en inglés). 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
- ↑ "Batman Triumphant: examining the sequel that never happened". Den of Geek (en inglés). 21 de marzo de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2020.
- ↑ "Joel Schumacher, Most Enthusiastic Hollywood Director, Dies at 80, Made “Tigerland,” “St. Elmo’s Fire,” “Lost Boys”". Showbiz411 (en inglés). 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
- ↑ Lowry, Brian. "Joel Schumacher, director of Batman movies and 'St. Elmo's Fire,' dead at 80". CNN (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2020.
- ↑ "Alert: Joel Schumacher, director of ‘Lost Boys,’ ‘St. Elmo’s Fire’ and 2 ‘Batman’ films, dies at 80". The Ridgefield Press (en inglés). 22 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020.
- ↑ "Jim Carrey, Matthew McConaughey And More Pay Tribute To Batman Director Joel Schumacher". Cinema Blend (en inglés). 23 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2020 – vía Newspapers.com.
- ↑ "In Conversation: Joel Schumacher After five decades in Hollywood, the director has plenty of stories — but don't expect him to kiss and tell". Vulture (en inglés). 22 de xñuo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2020.
- ↑ "Rudolph Valentino". The South Bend Tribune (en inglés). 7 de setembro de 1984. p. 40. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 29 de xuo de 2020 – vía Newspapers.com.
- ↑ "Donor Lookup" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2019.
- ↑ 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 "Joel Schumacher: 1939–2020". Roger Ebert (en inglés). 22 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2020. Consultado o 28 de xuño de 2020.
- ↑ 16,00 16,01 16,02 16,03 16,04 16,05 16,06 16,07 16,08 16,09 16,10 16,11 16,12 16,13 16,14 16,15 "Where to Stream the Films of Joel Schumacher". Vulture (en inglés). 22 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joel Schumacher |