Interleucina
As interleucinas son algúns tipos de proteínas producidas principalmente polas células T, aínda que algunhas sexan sintetizadas tamén por macrófagos e outras células somáticas. As interleucinas posúen varias funcións, mais a maioría delas están envoltas na activación dos linfocitos e na indución da división doutras células. Estes grupos son constituíntes dos sistemas imunolóxicos dos organismos. Cada interleucina actúa sobre un grupo limitado e específico de células que expresan receptores adecuados para cada interleucina.
Lista de interleucinas
editarEntre outras están as seguintes:
- IL-1: segregada polos macrófagos e células epiteliais. Constitúe unha familia de varias interleucinas.
- IL-2: segregada polas células T (linfocito T).
- IL-3: segregada polas células T e células tímicas epiteliais.
- IL-4: proliferación de células B; sintetizada por células T e mastocitos; papel importante na resposta alérxica.
- IL-5: estimulación das células B e eosinófilos; sintetizada por células T e mastocitos
- IL-6: segregada polos macrófagos; sintetizada por células T e macrófagos
- IL-7: envoltas na sobrevivencia das células B, T e NK; sintetizada no estroma da medula ósea.
- IL-8: sintetizada por macrófagos; quimiotáctica para neutrófilos e linfocitos T.
- IL-9: estimula os mastocitos; sintetizada por células T.
- IL-10: inhibe a produción da citocina Th1, suprime a función dos macrófagos e activa os linfocitos B.
- IL-11: sintetizada polos fibroblastos do estroma medular
- IL-12: estimulación das células NK.
- IL-13: estimulación do crecemento e diferenciación das células B e inhibe macrófagos; sintetizada por células T.
- IL-14: factor de crecemento para células B e inhibe a síntese de inmunoglobulinas; sintetizada por células T e algunhas células B
- IL-15: regula as células NK e outras células inmunitarias
- IL-16: quimioatractora de células co receptor de superficie CD4 e moduladora da activación de células T
- IL-17: Indución da produción de citocinas. Constitúe unha familia de varias interleucinas.