Granxa
Unha granxa[1] (do latín: granica = celeiro) é un terreo rural no que tradicionalmente se exerce a agricultura e gandería.
Unha granxa é unha parcela, incluíndo estruturas, dedicada principalmente á produción e á xestión de alimentos (produción de hortalizas, grans ou cría de gando), fibras, e cada vez máis, combustible. É a base na produción de alimentos. As granxas poden ser de propiedade e operados por unha soa persoa, unha familia, unha comunidade, unha corporación, unha empresa... As granxas poden ser de calquera tamaño, dende unha fracción de hectárea ata varios miles de hectáreas.
Clases de granxas
editarAs granxas comerciais están destinadas á gandería. As cortes utilízanse para operacións principalmente involucradas no adestramento dos cabalos. Tamén existen granxas de produtos lácteos, que se utilizan para a produción de leite, e de peixes (piscifactorías). Unha nova utilidade é a granxa-escola onde se ensinan coñecementos, sobre todo, dos animais da granxa.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para granxa.