Enfermidades de declaración obrigatoria

Clasifícanse como enfermidades de declaración obrigatoria (EDO) ou, antes, enfermidades de notificación obrigatoria, aquelas enfermidades que se consideran de especial relevancia para a saúde pública, polo que as autoridades sanitarias de cada país ou comunidade esixen que tódolos médicos ou laboratorios que as diagnostiquen notifiquen os casos ás redes de vixilancia epidemiolóxica que corresponda. Con estes datos, as autoridades sanitarias poden realizar estudos estatísticos que axuden a identifica-las tendencias epidemiolóxicas da enfermidade -orixe, difusión, presenza, desaparición- e controlar mellor o gromo presente e mailos que se poidan presentar no futuro.

As enfermidades obxecto de declaración obrigatoria clasifícanse segundo diferentes criterios, que engaden ou non a necesidade de incluír na declaración datos individualizados do enfermo, así como a frecuencia co que a información recabada debe remitirse ós organismos que centralicen a recollida de datos.

Relación das enfermidades de declaración obrigatoria

editar
 
A carne de ave pouco cociñada é unha das orixes das salmoneloses alimentarias

A Rede Galega de Vixilancia en Saúde Pública

editar

En Galicia, é a Rede Galega de Vixilancia en Saúde Pública (RGVSP), dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública, o organismo que xestiona a comunicación e procesamento das enfermidades de declaración obrigatoria, a través do Sistema Xeral de Notificación Obrigatoria de Enfermidades de Galicia (SXNOE). Esta Rede Galega forma parte dunha Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica, de nivel nacional.

Tódolos médicos en exercicio no ámbito da Comunidade Autónoma galega deberán comunicar inmediatamente, por teléfono ou por escrito, directamente o a través dos correspondentes servizos hospitalarios, os casos das enfermidades catalogadas que poidan diagnosticar.

Véxase tamén

editar
editar
  • Real Decreto 2210/1995, de 28 de decembro, polo que se crea a rede nacional de vixilancia epidemioloxica (BOE nº 21, de 24.01.1996) [1].
  • Modificado por:
    • Orde de 21 de febreiro de 2001 pola que se regula a rede nacional de vixilancia epidemiolóxica, en relación coas encefalopatías esponxiformes transmisibles humanas (BOE nº 52, de 1.03.2001) [2].
    • Orde SCO/1496/2003, de 4 de xuño, pola que se completan as disposicións na rede nacional de vixilancia epidemiolóxica, en relación coa declaración obrigatoria e urxente da Síndrome Respiratoria Aguda Severa (BOE nº 136, de 7.06.2003) [3].
    • Orde SCO/3270/2006, de 13 de outubro, pola que se desenvolve o Real Decreto 2210/1995, de 28 de decembro, polo que se crea a rede nacional de vixilancia epidemiolóxica, en relación coas salmoneloses de transmisión alimentaria (BOE nº 255, de 25.10.2006) [4].
    • Orde SSI/445/2015, de 9 de marzo, pola que se modifican os anexos I, II e III do Real decreto 2210/1995, de 28 de decembro, polo que se crea a Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica, relativos á listaxe de enfermidades de declaración obrigatoria, modalidades de declaración e enfermidades endémicas de ámbito rexional (BOE nº 65, de 17.03.2015) [5].

Normativa galega

editar
  • Decreto 177/1998, do 11 de xuño, polo que se crea a Rede Galega de Vixilancia en Saúde Pública (DOG nº 122, de 26.06.1998) [6].
  • Orde do 14 de xullo de 1998 pola que se desenvolve o sistema básico da rede galega de vixilancia en saúde pública (DOG nº 146, de 30.07.1998) [7].

Ligazóns externas

editar