Década de 350
Primeiro milenio | |||||
Século IV | |||||
| |||||
|
350
- Artigo principal: 350.
351
- Artigo principal: 351.
- 15 de marzo - Constancio Galo é nomeado césar polo emperador Constancio II.
- 28 de setembro - Batalla de Mursa Major: Nas beiras do río Sava, en Panonia, e preto de Mursa (actual Osijek), o emperador romano oriental, Constancio II, derrota o usurpador Magnencio, mais non logra aniquilalo aínda.
352
- Artigo principal: 352.
- Rebelión en Galilea, no Norte de Palestina, que é desfeita polo xeneral do césar Constancio Galo, Ursicino, quen ordena unha forte represión, executando os revoltados.
353
- Artigo principal: 353.
- Verán - Batalla do Monte Seleuco: Na Galia, Constancio II, emperador romano de Oriente, vence ao usurpador Magnencio, preto de Lugdunum (actual Lión). Magnencio escapa con vida, pero suicidarase pouco despois.
- Constancio II fica como único emperador de Roma, tras a morte de Magnencio.
354
- Artigo principal: 354.
China
355
- Artigo principal: 355.
Asia
- O xa de Persia, Sapor II, realiza campañas en Armenia e Mesopotamia (355-356).
Europa
- 11 de agosto - Sublevación na Galia: Claudio Silvano proclámase emperador de Roma. A súa tentativa apenas durará vinte e oito días, ao ser derrotado e morto polo xeneral Ursicino.
- Os francos asedian Colonia, nas proximidades do limes xermánico. Os alamáns saquean cidades da Galia oriental como Lens, Autun e Troyes, instalándose na actual rexión de Alsacia.
- 6 de novembro - O emperador romano Constancio II, ante a gravidade suscitada polas rebelións internas e as ameazas dos pobos xermanos, nomea, en Mediolanum (Milán), césar a Xuliano, medio irmán do co-emperador Treboniano Galo.
- 1 de decembro - Xuliano inicia unha campaña na Galia, atacando a francos e alamáns e liberando as cidades damnificadas.
- Decembro - O papa Liberio é desterrado a Tracia por negarse a sancionar os acordos arianos do recente sínodo de Milán. Constancio II nomea a Fiz II para substituílo.
- Leis imperiais conceden que os bispos cristiáns só poderán ser xulgados por tribunais eclesiásticos, substraéndoos da xurisdición ordinaria.
356
- Artigo principal: 356.
Asia
- Sapor II, xa de Persia, continúa as campañas iniciadas contra Armenia e Mesopotamia.
Europa
357
- Artigo principal: 357.
Asia
- Iníciase, na China, o reinado de Fu Jian (até 385), emperador dos Qin Anteriores.
Europa
- Agosto - Batalla de Argentoratum na que o césar Xuliano vence aos alamáns, mandados por Chnodomario, cerca de Argentoratum (actual Estrasburgo), restabelecendo a fronteira no Rin.
- Inauguración do Concilio de Sirmium (até 359), que tenta restabelecer a unidade dogmática da Igrexa, dividida entre os partidarios de Nicea e os arianos.
Arte e cultura
- Créase a biblioteca imperial de Constantinopla, estabelecéndose á par un obradoiro estatal de copistas de libros.
358
- Artigo principal: 358.
359
- Artigo principal: 359.
- O emperador Constancio II derrota a godos e máis cuados na fronte do río Danubio, garantindo así a estabilidade da fronteira nororiental romana por varios anos.
- Clausúrase o Concilio de Sirmium (inaugurado en 357), que tenta resolver a controversia entre niceanos e arianos, que divide a Igrexa.