Chula Vista
Chula Vista é unha cidade do condado de San Diego, no estado estadounidense de California. No ano 2005 tiña unha poboación de 210.000 habitantes e unha densidade de poboación de 1.370,9 hab./km², sendo a segunda cidade máis grande do condado de San Diego, e a 14º no estado de California
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | California | ||||
Condado | Condado de San Diego (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 275.487 (2020) (2.041,79 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 79.486 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | San Diego metropolitan area (en) (Poboación:3.298.634) | ||||
Superficie | 134,924575 km² | ||||
Auga | 4,7286 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 20,1 m | ||||
Creación | 1911 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Chula Vista (en) | John McCann (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 91909–91915, 91921 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 619 | ||||
Páxina web | chulavistaca.gov |
Chula Vista está a 11 km do centro de San Diego e a 11 km da fronteira con México, na rexión da Baía do Sur da área metropolitana. A cidade está no centro dunha das zonas máis ricas e culturais dos Estados Unidos. Chula Vista é famosa grazas a súa situación escénica entre a Baía de San Diego e os contrafortes dunha montaña costeira.
Fundouse a principio do século XIX, e recentemente tivo un crecemento demográfico. Sendo a segunda cidade máis grande do Condado de San Diego, Chula Vista converteuse rapidamente nun destino popular para moitos turistas. Nesta cidade atópase un dos poucos centros de formación olímpica dos Estados Unidos de América.
Os destinos máis populares e escollidos polos turistas son o Anfiteatro "North Island Credit Union" e a mariña e o centro de natureza de Chula Vista.
Xeografía
editarSegundo a Oficina de Censo a cidade ten unha área total de 132,7 km², dos cales 126,6 é terra e 6,1 (4,61%) é auga. Chula Vista ten dous barrios, West Chula Vista e East Chula Vista. A orixinal Chula Vista abranguía desde a área oeste do Paseo de Cumio ata o norte da Rúa L.
Chula Vista ten un clima mediterráneo, que comparte co Condado de San Diego.
Economía
editarChula Vista mantén un ambiente de negocios que impulsa ao crecemento e ao desenvolvemento. Na cidade, hai unha pequena comunidade empresarial, que serve como motor económico da mesma e a que se lle atribúe o seu crecemento.
Tamén se considera moi importante para dito desenvolvemento económico ao turismo, xa que Chula Vista presenta moitas experiencias relacionadas coa gastronomía, lecer e cinema. Ademais, como moitas outras cidades de California, ofrece diversos cursos de golf.
Educación
editarEn Chula Vista está unha das catro universidades privadas no Condado de San Diego, e é a sede de Southwestern College, un colexio da comunidade fundada en 1961, que presta servizos a aproximadamente 19.000 estudantes ó ano.
Lecer e cultura
editarCricket Wireless Amphitheatre é un teatro de artes escénicas. Os escenarios teatrais OnStage, fan producións de alta calidade, que aportan a Chula Vista unha grande actividade cultural.
KnottSoak City é un gran parque acuático que representa a Chula Vista e se ofrece para o desfrute dos turistas e residentes.
Infraestruturas
editarChula Vista está comunicada por múltiples estradas e Rutas Estatais de California. A estrada interestatal 5 empeza no sur da cidade e atravésaa ata o seu bordo occidental conectando Chula Vista co Condado do norte; chegando máis alá de Los Ángeles e California do Norte. A estrada interestatal 805 serve para circunvalar a estrada 5, enlazando a última estrada en Sorrento Valle. A Ruta Estatal 54 e a Ruta Estatal 125 serven como autovías para cidades do Condado do Este.
Irmandades
editarChula Vista ten dúas cidades irmandadas, Cebú en Filipinas e Odawara no Xapón.