Castrelo do Val
Castrelo do Val é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2015 tiña 1079 habitantes (1263 en 2003). O xentilicio é castrelexo.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Castrelo do Val | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 989 (2023) (8,11 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 122 km² | ||||
Altitude | 419 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Vicente Gómez García (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Castrelo do Val | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32625 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32021 | ||||
Páxina web | castrelodoval.gal |
Localización
editarO concello de Castrelo do Val atópase nunha zona de transición entre Cabeza de Manzaneda e a serra de Queixa polo nordeste e o val do Támega (ou de Verín ou de Monterrei) no suroeste. As alturas máximas son as de Cabeza de Valdefeira (1288 m), Peña Nofre (1291 m) e Cabezo do Sogral (1369 m), mentres que as alturas mínimas non baixan dos 400 m. O río Támega diríxese cara ao sur. O río Camba está represado no encoro das Portas.
A temperatura media anual é de 9 °C, con oscilación térmica de 14 °C e altas precipitacións anuais (1.700 mm.)
Historia
editarAté 1842 coñecíase como Castrelo, pero nese ano engadíuselle "del Valle" para diferencialo de Castrelo de Miño. Foi galeguizado a finais do século XX.
Patrimonio
editarNo lugar de Pedra Alta atopouse unha estela da Idade de Bronce, ata agora único en Galiza.[2] Está tallada con forma antropomorfa (con catro rebaixes que queren expresar brazos e pernas) e representa un guerreiro con escudo con escotadura en V, unha espada e unha posible lanza, así como un carro tirado por animais. Clasifícase dentro das chamadas "estelas do suroeste" por abundar no suroeste da península.
Hai restos dun castro en Cabanca, Casteliños. Destacan as igrexas parroquiais de Servoi e Campobecerros, xunto a varios cruceiros (dos que o máis destacábel é o de Pepín) e a fonte e o casco antigo de Nocedo.
Entre o patrimonio natural destaca o Parque do Invernadeiro, que comparte con outros concellos veciños. Hai viñedos que producen para a Denominación de Orixe Monterrei.
Poboación
editarCenso total | 1079 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 77 (7,13 %) |
Entre 15 e 64 anos | 545 (50,51 %) |
Maiores de 65 anos | 457 (42,35 %) |
Evolución da poboación de Castrelo do Val Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
2975 | 2913 | 3227 | 2455 | 1239 | 1241 | 1177 | 1169 | 1138 | 1109 | 1079 | 1067 | 1028 | 1001 | 984 | 958 | 979 | 969 | |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Castrelo do Val.
Parroquias
editarLugares de Castrelo do Val
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo do Val vexa: Lugares de Castrelo do Val.
Notas
editar- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 45. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Lamas, Jorge (2011-05-07). "Hallan por primera vez en Galicia una estela de guerrero con carro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-09-19.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castrelo do Val |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficia do Concellol
- Pedra Alta de Castrelo do Val (Museo Arqueolóxico de Ourense) Arquivado 17 de abril de 2021 en Wayback Machine.
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |