Carta foral
Unha carta foral ou simplemente foro, do latín forum, era un documento real do medievo peninsular fundamentalmente usado en Galiza, León e Portugal[1], que tiña como finalidade establecer un concello e regular a administración, fronteiras e privilexios dunha poboación.
Unha vila de recente fundación tamén necesitaría a aprobación do rei a través dunha carta foral ou, neste caso, unha carta de poboamento, para ser considerada como tal, quedando a administración e os privilexios da vila definidos e constatados nese documento.
Historia
editarOs foros foron a base da fundación municipal e o acontecemento máis importante da historia de cada cidade ou vila. Foi fundamental para un asentamento da terra sostible e un aumento dos rendementos das colleitas, ao dar máis liberdade e dignidade, mediante unha concesión, aos agricultores, nunha época na que a xente estaba sometida a un traballo case escravo, como servos dos terratenentes. As cartas forais liberaron os concellos do control dos señores feudais, traspasando o poder a un concello de veciños con autonomía municipal propia. Como resultado, a poboación quedaría directa e exclusivamente baixo o dominio e xurisdición da coroa, excluíndo ao Señor da xerarquía de poder. As cartas forais outorgaban terreos de dominio público ao uso colectivo da comunidade, regulaba impostos, peaxes e multas e estableceu dereitos de protección e deberes militares dentro do servizo real.
A picota estaba directamente asociada coa creación da carta foral. Erguíase na praza maior da vila ou cidade cando se outorgaba a carta e simbolizaba o poder e a autoridade municipal, xa que era xunto á picota onde se executaban as sentenzas xudiciais por delitos públicos que consistían en penas físicas.
Notas
editar- ↑ "carta foral". dpej.rae.es. Consultado o 2023.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Alvarado Planas, Javier (1997). "Fueros cartas pueblas inéditas de Galicia" (PDF). Anuario de historia del derecho español (en castelán) (67): 141–152. ISSN 0304-4319.
- Antunes Silvestre Vicente, Maria da Graça (2013). "Entre Zêzere e Tejo Propriedade e Povoamento (séculos XII- XIV)" (PDF). Universidade de Lisboa (en portugués).
- Martínez Martínez, Faustino. "Notas sobre los textos forales del antiguo Reino de Galicia (Siglos XII - XIV)" (PDF). En Helena González Fernández, María Xesús Lama López. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobas da península: actas VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Barcelona, 28 ó 31 de maio de 2003 (en castelán). pp. 1071–1090. ISBN 978-84-8485-266-7.