AP-9
A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa pasando polo Porto.
AP-9 Autoestrada do Atlántico | |
---|---|
Tipoloxía | Autoestrada de peaxe |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Ruta europea | E01 |
Dimensións | |
Lonxitude | 219,6 km |
Formato | 2 ou 3 carrís por sentido |
Localización | |
Inicio | Ferrol |
Fin | Fronteira con Portugal |
Circulación | |
Velocidade máxima | 120 km/h |
Concellos que atravesa
|
Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.
Historia
editarEn 1973 o Estado concedeu a construción da autoestrada a Autopistas del Atlántico, C.E.S.A., hoxe pertencente a Sacyr Vallehermoso. A autoestrada supuxo un investimento duns 1428 millóns de euros. O 18 de agosto de 1973 o goberno franquista concedeu a autoestrada a un grupo de bancos.[1] O 16 de outubro de 1973, constituíuse a sociedade Audasa. Axiña xurdiu oposición social ao proxecto[2].
O 17 de decembro comezou a construción da ponte de Rande. As seguintes obras en comezar foron as do acceso a Vigo o 1 de xullo de 1975, as do tramo "Ponte de Rande - Pontevedra Sur" 2 meses despois, e "A Coruña - Santiago Norte" un ano despois. Estes tramos foron inaugurados entre 1979 e 1984.
En 1988 inaugurouse o tramo "Santiago Norte - Santiago Sur". En 1989 comezaron as obras da ponte da Ría sobre a ría de Pontevedra. En 1990 inauguráronse os tramos "Santiago Sur - Padrón".[3] Ao ano seguinte abriuse ao público o tramo "Padrón - Caldas de Reis", e en 1992 "Pontevedra Norte - Pontevedra Sur" e "Caldas de Reis - Pontevedra".
Entre 1993 e 1997 comezaron as obras entre "Guísamo - Miño"; "Rande - Puxeiros" e "Miño - Fene".De 1997 a 2000, inauguráronse tódalas obras anteriores xunto co tramo "Teis - Intercambiador de Rebullón". No ano 2000 prolongouse a Autoestrada do Atlántico coa incorporación do tramo do "Acceso norte a Ferrol". Dende o 2001 até a actualidade, iniciáronse só as seguintes dúas obras: acceso norte a Ferrol por Fene, Neda e Narón; e o tramo "Intercambiador de Rebullón - Portugal".
A concesión da autoestrada foi ampliada en dúas ocasións, segundo Julio Costas Comesaña de xeito irregular.[4] No 1994 o ministro Josep Borrell do PSOE prorrogou a concesión até o 18 de agosto do 2023. Igualmente no ano 2000, un antes das eleccións ao parlamento do Galicia, o goberno popular de Manuel Fraga ampliou a concesión da autoestrada até o 18 de agosto do 2048.[5]
No ano 2003 o goberno de Jose María Aznar vendeu a empresa pública ENA, coa AP-9 como grande activo, a un consorcio liderado pola empresa madrileña Sacyr, con participación de Caixanova, Caixa Galicia e Caja de Ahorros de Huelva e Sevilla, por 1586 millóns de euros.[6] Esta empresa pasou a controlar no 2005, a través do grupo Itínere, o 100% de Audasa, concesionaria da AP-9.[7]
A propiedade de Audasa foi trocando de mans co tempo. En 2018 Globalvía mercou por 723 millóns de euros o 55,6% de Itinere.[8] Globalvía pertence a fondos de pensións controlados por tres compañías: a canadense USS, a holandesa OPTrust e PGGM, do Reino Unido. En 2019 Liberbank vendeu por 77 millóns de euros o 5,67% a Corsair chegando a ter o 43,6% de Audasa.[9]
Transferencia
editarEn decembro de 2018 o congreso aprobou o traspaso da titularidade AP-9 a Galiza, unha transferencia solicitada coa unanimidade do parlamento galego.[10] Dous anos despois, en xaneiro de 2020, como parte dos acordos para a investidura de Pedro Sánchez, o BNG pactou a axilización da transferencia e unha rebaixa para os usuarios recorrentes nas peaxes da autoestrada.[11]
En febreiro de 2021, máis de dous anos despois de aceptalo por primeira vez, e cinco anos despois da primeira unanimidade ao respecto no Parlamento de Galicia, o pleno do Congreso dos Deputados volveu aceptar o inicio da tramitación da lei para o traspaso das competencias sobre a AP-9 ao Goberno galego.[12]
país | compañía | % | custe |
---|---|---|---|
Globalvía | 55,6 % | 723 millóns | |
Corsair Capital | 43,6% |
Datos
editarA Autoestrada do Atlántico conta con 444 pasos a través da autoestrada e 6 túneles, que en total suman 7 km ao longo de toda a autoestrada. Ademais ten 65 pontes e viadutos, entre eles a que no seu día foi a ponte atirantada con máis de dous carrís máis longa do mundo, a ponte de Rande, protagonista de diversos anuncios publicitarios. Mide 1.555 metros, e obtivo en 1979 o premio europeo á construción metálica máis destacada.
En 1996, cando contaba con 156,3 km de lonxitude, a empresa concesionaria ingresou 46 870 000 € en concepto de peaxes, cunha afluencia media de 13.852 vehículos diarios. No 2004, xa con 219,6 km, ingresáronse 118 290 000 €, cunha media de 22.565 vehículos diarios, 38,61 % máis ca 8 anos antes.
Tarifas
editarEn 2024 a tarifa máxima (para cruzar de norte a sur, é dicir, dende Ferrol até Tui) era de:[13]
Categoría | Vehículos |
---|---|
Lixeiros | |
Pesados 1 | |
Pesados 2 |
Peaxes do tramo Fene–A Coruña en 2024
Tipo de vehículo | Prezo |
---|---|
Lixeiros | 5,60 € |
Pesados 1 | 8,30 € |
Pesados 2 | 10,80 € |
Peaxes do tramo A Coruña–Santiago en 2024
Tipo de vehículo | Prezo |
---|---|
Lixeiros | 7,95 € |
Pesados 1 | 11,30 € |
Pesados 2 | 13,95 € |
Peaxes do tramo Santiago–Pontevedra en 2024
Tipo de vehículo | Prezo |
---|---|
Lixeiros | 6,85 € |
Pesados 1 | 9,15 € |
Pesados 2 | 11,55 € |
Peaxes do tramo Pontevedra–Vigo/Puxeiros en 2024
Tipo de vehículo | Prezo |
---|---|
Lixeiros | 4,60 € |
Pesados 1 | 5,95 € |
Pesados 2 | 7,95 € |
Peaxes do tramo Puxeiros–Tui en 2024
Tipo de vehículo | Prezo |
---|---|
Lixeiros | 3,20 € |
Pesados 1 | 4,20 € |
Pesados 2 | 5,60 € |
Tramos
editarDenominación | Tramo | Km |
---|---|---|
AP-9 | Ferrol – Intercambiador | 37,5 |
AP-9 | A Coruña – Vigo | 153,5 |
AP-9 | Teis – Tui | 28,6 |
Zonas libres de peaxe
editarDende o fin da autoestrada en Ferrol ata a peaxe de Fene segue sendo AP-9 e actuando coma circunvalación de Ferrol, Narón, Neda e Fene.
Coma variante da SC-20 a AP-9 forma parte da circunvalación de Santiago de Compostela.
Dende a peaxe de Poio ata a saída cara a Ourense-N-554 segue sendo AP-9 formando parte da circunvalación de Pontevedra. En Vigo tamén pasa a ser AP-9, formando parte da circunvalación de Vigo só nas saídas cara a Vigo, A-55, A-52 e AG-57.
Saídas AP-9
editarTramo AP-9F: "Guísamo - Ferrol"
editarNúmero de Saída | Nome de Saída | Estrada que enlaza |
---|---|---|
Guísamo continúa en dirección A Coruña e Santiago de Compostela por AP-9 | AP-9 | |
0F | A Coruña Santiago de Compostela |
AP-9 |
Peaxe de Guísamo | ||
2F | Guísamo | N-VI |
3F | Bergondo - Sada | AC-161 |
Ponte da ría de Betanzos (lonxitude 1.050m) | ||
12F | Miño | AC-154 |
Área de Servizo de Miño | ||
Túnel de Campolongo 540m | ||
21F | Cabanas - Pontedeume | N-651 AC-564 |
Túnel de Pedra de Couto 1000m. | ||
25F (en sentido Ferrol) | Fene Sur | |
Peaxe de Fene | ||
27F | Fene Norte | N-651 |
Túnel de Sartego 1048m. | ||
31F | Narón - Neda | AC-115 |
34F | Freixeiro | AC-115 |
35F | Vilalba Ferrol |
AG-64 FE-13 |
Ferrol continúa por FE-15 |
Tramo AP-9: "A Coruña - Tui"
editarNúmero de Saída | Nome de Saída | Estrada que enlaza |
---|---|---|
A Coruña continúa en dirección Coruña AC-11 | AC-11 | |
3 | Avenida Alcalde Alfonso Molina Ponte da Pasaxe |
AC-11 AC-12 |
6 | Área de Servizo do Burgo | |
7 | Cambre - Aeroporto de Alvedro | N-550 |
12 (en sentido Coruña) | Cambre - Mabegondo | AC-214 AC-221 |
15 | Ferrol - Pontedeume | AP-9F |
Peaxe de Guísamo | ||
16 | Madrid - Lugo - Arteixo | A-6 |
Área de Descanso de Piadela | ||
Área de Servizo de Ameixeira | ||
41 | Ordes | AC-524 |
55 (en sentido Portugal) | Sigüeiro - Aeroporto da Lavacolla | |
Peaxe de Sigüeiro | ||
Área de Descanso de Marantes | ||
67 | Santiago de Compostela Lugo - Aeroporto da Lavacolla |
SC-20 A-54 |
72A (en sentido Portugal) | Ourense A Estrada |
AP-53 AG-56 |
72 | Santiago de Compostela Ourense |
SC-11 N-525 |
75 | Santiago de Compostela - Milladoiro Noia |
SC-20 AG-56 |
Peaxe de Teo | ||
Área de Servizo de Compostela | ||
93 | Padrón Ribeira |
N-550 AG-11 |
104 (en sentido Coruña) | Ribeira - Catoira Valga |
PO-100 N-550 |
110 | Caldas de Reis - Vilagarcía de Arousa | N-640 |
Área de Servizo do Salnes | ||
119 | Sanxenxo - O Grove | AG-41 |
Peaxe de Poio | ||
129 | Pontevedra | PO-531 |
132A | Pontevedra Ourense Vigo |
PO-10 N-541 N-550 |
132B | Marín Pontevedra |
PO-10 PO-12 |
Área de Descanso de Bértola | ||
137 | Redondela - Vilaboa | N-550 |
Peaxe de Figueirido | ||
Área de Servizo de San Simón | ||
146 | Moaña - Cangas | CG-4.1 |
148 (en sentido Coruña) | Redondela | N-552 |
151 | Vigo - Chapela Teis |
AP-9V N-552 |
Túnel de Madroa 440m | ||
Túnel de Candeán 860m | ||
157 | Redondela - Aeroporto de Vigo | N-556 |
159 | Vigo - Tui Madrid - Ourense |
A-55 A-52 |
161 | Vigo Nigrán - Baiona |
VG-20 AG-57 |
166 | Porriño Vigo - Tui Ourense |
A-55 A-52 |
Peaxe de Porriño | ||
178 | Tui Vigo - Portugal |
A-55 |
Tui continúa en dirección Portugal por A-55 | A-55 |
Tramo AP-9V: "AP-9 - Vigo"
editarNúmero de Saída | Nome de Saída | Estrada que enlaza |
---|---|---|
Continúa en dirección Coruña e Portugal por AP-9 | AP-9 | |
0V | A Coruña Portugal |
AP-9 |
1V (en sentido Vigo) | Teis - Chapela | N-552 |
2V (en sentido Vigo) | Avenida Bos Aires - Aeroporto de Vigo | |
4V (en sentido Vigo) | Avenida García Barbón - Porto de Vigo | |
Vigo |
Uso do galego
editarMalia que o seu percorrido discorre completamente por Galiza, na autoestrada AP-9 moitos dos paneis informativos están en castelán, como os indicadores dos viadutos, das áreas de servizo, ou os carteis informativos das peaxes. En 2013 Audasa recibiu 54 denuncias da Garda Civil por rotular en galego os sinais da autoestrada. Estas sancións foron anuladas e o Ministerio de Fomento ordenou que se rotulasen as peaxes da autoestrada en galego, castelán e inglés[14].
Notas
editar- ↑ Boletin oficial del estado (PDF). 1973.
- ↑ cultura en acción (2015-01-11). "Autopista, unha navallada á nosa terra (Llorenç Soler, 1977)". YouTube. Consultado o 2017-08-11.
- ↑ Xosé Manuel Pereiro (1 de decembro de 1990). "Fraga no esperó a Sáenz Cosculluela para inaugurar una autopista gallega". El País (en castelán).
- ↑ SL, POMBAPRESS. "La concesión de la AP-9 se prorrógo dos veces irregularmente, explica un experto universitario". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2021-01-15.
- ↑ Nuevatribuna. "Autopista AP-9, el eje de comunicación atlántico grava la economía de Galicia". Nuevatribuna (en castelán). Consultado o 2021-01-15.
- ↑ "Historia de una ganga: así se privatizó Autopistas del Atlántico » Galicia" (en castelán). Consultado o 2021-01-19.
- ↑ "Historia - Grupo Itínere" (en castelán). 2017-12-05. Consultado o 2021-02-01.
- ↑ "La caída de Audasa en manos extranjeras sacude la política gallega".
- ↑ "Nueva venta millonaria por la AP-9 e Itínere".
- ↑ "En marcha o traspaso da AP-9 a Galicia". Praza Pública. 2018-12-11. Consultado o 2022-05-05.
- ↑ "Con telepeaxe e primando as viaxes recorrentes: así quedan as rebaixas da AP-9 a 27 anos da fin da concesión". Praza Pública. 2021-07-26. Consultado o 2022-05-05.
- ↑ "O Congreso aproba por ampla maioría volver tramitar a lei para traspasar a AP-9 a Galicia". Praza Pública. 2021-02-02. Consultado o 2022-05-05.
- ↑ Tarifas oficiais
- ↑ Fomento ordena ahora que las señales de peaje estén en gallego, castellano e inglés lavozdegalicia.es
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: AP-9 |