Nigrán
Nigrán é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE no ano 2021 tiña 18.005 habitantes (8.857 homes e 9.148 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nigranés.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | Nigrán | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 18.045 (2023) (517,05 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 34,9 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 350 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan González Pérez (2015–) | ||||
Eleccións municipais en Nigrán | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36340, 36350, 36360, 36370, 36379 e 36391 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36035 | ||||
Páxina web | nigran.es |
Xeografía
editarTen unha superficie de 34,8 km², e abrangue sete parroquias. Está situado no Val Miñor, e limita ao norte con Vigo, ao sueste con Gondomar, ao suroeste con Baiona e ao oeste co océano Atlántico. É un concello costeiro, contando con areais como praia América ou praia de Patos e penínsulas como Monteferro.
Demografía
editarCenso total 2021 | 18.005 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 2.212 (12.29 %) |
Entre 15 e 64 anos | 11.767 (65.35 %) |
Maiores de 64 anos | 4.026 (22.36 %) |
Evolución da poboación de Nigrán Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.180 | 6.974 | 7.968 | 12.336 | 16.894 | 18.021 | 17.879 | 17.840 | 17.738 | 17.715 | 17.619 | 17.593 | 17.622 | 17.723 | 17.675 | 17.745 | 18.005 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Cultura
editarToponimia
editarAs atestacións documentais máis antigas deste topónimo son serodias, do século XIII, e nelas aparece coma nome dunha freguesía pertencente ao arciprestado e xurisdición de Miñor, diocese de Tui.
Segundo o estudo realizado polo catedrático da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza, o topónimo Nigrán vén do termo latino "niger" (negro en galego) máis a terminación patronímica -án.[1]
Patrimonio
editarPatrimonio arquitectónico
editar- Ponte da Ramallosa (San Pedro da Ramallosa);
- Templo Votivo do Mar (Panxón);
- Arco visigótico de Panxón (Panxón);
- Monumento á mariña universal (Monteferro).
O concello de Nigrán conta con sete pazos:
Economía
editarNigrán foi tradicionalmente un municipio adicado á pesca de baixura, pero actualmente débese máis ao turismo.
Deporte
editarO Nigrán Club de Fútbol, formado no ano 2000, xoga no grupo sur da 1ª Preferente.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Nigrán.
-
Templo Votivo do Mar de Panxón.
-
Praia América ou de Area Loura, Panxón.
-
Capela das Angustias de Nigrán.
Parroquias
editarLugares de Nigrán
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de vexa: Lugares de Nigrán.
Notas
editar- ↑ Navaza, Gonzalo. Homenaxe á profesora Camiño Noia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nigrán |
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |