Atlantic Airways é a aeroliña nacional das Illas Feroe. Opera servizos domésticos de helicópteros e voos intenacionais de pasaxeiros ademais de ser a responsable das operacións de busca e rescate no arquipélago dende a súa base no aeroporto de Vágar.

Atlantic Airways
IATA
RC
OACI
FLI
Indicativo
FAROELINE
Fundación1987
Aeroporto principalAeroporto de Vágar
Plan de voo frecuenteClub Atlantic
Frota3
Destinos9
DirixentesJóhanna á Bergi (CEO)
Páxina web: https://www.atlantic.fo

Historia

editar

Os enlaces por aire regulares coas Feroe comezaron no ano 1963, entre as illas e Dinamarca. Aínda que o aeroporto de Vágar fora construído polo exército británico durante a segunda guerra mundial, o tráfico aéreo cara ás illas practicamente foi inexistente entre a marcha dos británicos e o inicio dos servizos con Copenhague. A inicios dos anos 80 comezaron a haber demandas para a creación dunha aeroliña feroesa. O número de pasaxeiros aumentaba constantemente e a compañía dinamarquesa Maersk Air tiña o monopolio sendo a única aeroliña en servir ás Feroe.[1]

Como resultado Atlantic Airways foi fundada en 1987. Inicialmente pertencía ao goberno feroés (51%) e a aeroliña dinamarquesa Cimber Air (49%), aínda que o goberno faríase co control total en 1989. As súas operacións comezaron o 28 de marzo de 1988 entre Vágar e Copenhague usando un avión British Aerospace BAe 146. O goberno construíu un hangar en Vágar para asegurar unha base da aeroliña e unhas instalacións de mantemento dispoñibles nas illas.[1]

Os inicios da aeroliña foron difíciles, a pesar de que o novo servizo era popular e os factores de carga eran altos. As Illas Feroe sufriron unha grave depresión económica na década dos 90, sendo o seu peor momento en 1992, e o goberno das illas entregou 75 millóns de coroas danesas para axudar á aeroliña. Atlantic Airways non sería rendible ata 1995. Ese ano lanzaríanse voos a Reykjavik en cooperación con Air Iceland e cara Narsarsuaq, e Groenlandia nos meses de verán en cooperación coa mesma compañía. Na segunda metade da década engadiu aos seus detinos regulares Billund en Dinamarca e Aberdeen no Reino Unido.

Grazas ao aumento de destinos e pasaxeiros, xunto coa estabilización das finanzas da aeroliña, engadíuse un segundo BAe 146 á frota no ano 2000. Este novo aparello permitiu abrir servizos cara Londres-Stansted e Oslo. O aumento do turismo nas illas tamén permitiu voos a Aalborg, Stavanger, Stord e Edmburgo. Porén, en 2006 cearon os voos cara Stord e Edimburgo foi substituído pola illas Shetland. Atlantic Airways tamén entrou no servizo doméstico británico ese ano, converténdose na única aeroliña en ofrecer un voo directo entre as Shetland e Londres. As operacións domésticas británicas remataron en 2008.

Atlantic Airways tamén opera servizos domésticos con helicópteros, proporcionando unha importante conexión entre as illas que doutra forma só se podería facer en barco. Os helicópteros demostraron ser unha ferramenta vital nas illas dende os anos 60, cando aparellos dos barcos gardacostas dinamarqueses patrullaban as illas realizando multitude de tarefas. O goberno alugou un helicóptero en 1978 para realizar esas tarefas, pero nos anos 80 iniciouse un servizo público usando dous Bell 222. Inicialmente foron operados pola compañía SL Helicopters, pero a decisión de concentrar toda a aviación faroesa baixo unha única empresa levou a que a compañía se incorporase a Atlantic Airways en 1994.[1] A día de hoxe Atlantic Airways ten dous helicópteros AgustaWestland AW139 un dos cales ten que estar sempre preparado para tarefas de busca e rescate.[2]

O goberno das Faroe decidiu iniciar un proceso de privatización da compañía ofrecendo inicialmente o 33% a partir de decembro de 2007. En 2008 planeou vender outro 33%, pero a venda cancelouse debid á crise económica.

En marzo do ano 2012 entrou en servizo o primeiro Airbus A319 da aeroliña,[3] estreando tamén unha librea modificada. A pista do aeroporto de Vágar precisou unha ampliación para poder acomodar axeitadamente este avión. O segundo e terceiro A319 entraron en servizo en maio e outubro de 2013. A finais de 2016 Atlantic Airways recibiu o seu primeiro Airbus A320.[4][5]

A frota de Atlantic Airways está formada polos seguintes aparellos:[6]

Frota de á fixa

editar
 
Un A319 de Atlantic Airways A319 no aeroporto de Vágar en 2016
Atlantic Airways fixed-wing Fleet
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Economy
Airbus A319-100 2[4] 144[3]
Airbus A320-200 1[4] 168[5]
Airbus A320neo 0 1 174
Total 3 1

Frota de helicópteros

editar
 
Helicóptero de Atlantic Airways aterrando no heliporto de Tórshavn
Frota de helicópteros de Atlantic Airways
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Rutas Notas
Economy
AgustaWestland AW139 2 15 Domésticas
Chárter
SAR[2]
Total 2 0
  1. 1,0 1,1 1,2 Atlantic Airways (ed.). "Faroese aviation history in brief". Consultado o 8 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Atlantic Airways (ed.). "Search and Rescue". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2018. Consultado o 8 de marzo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Airbus (ed.). "Atlantic Airways takes delivery of its new Airbus A319". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2018. Consultado o 8 de marzo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 ch-aviation (ed.). "Faroe Islands' Atlantic Airways adds maiden A320". Consultado o 8 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Airbus (ed.). "Atlantic Airways takes delivery of its first Airbus A320". Consultado o 8 de marzo de 2018. 
  6. Atlantic Airways (ed.). "Fleet". Consultado o 8 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar