Atanarico
Atanarico, finou no 381[1] en Constantinopla. Fillo de Aorico e neto de Ariarico,[2] foi un xuíz.[1] Daquela os godos daban, ás persoas que ostentaban o mando, o título de xuíz en troques do de rei[3] e caudillo dos tervingos;e doutras tribos confederadas, e chegou a ser considerado polos visigodos como o seu rei fundador.[4] O significado de Aþanareiks é "rei do ano" (aþni=ano e reiks=rei).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 318 |
Morte | 25 de xaneiro de 381 (62/63 anos) Constantinopla, Turquía |
Xuíz dos Tervingi | |
365 – 376 ← Xeberico – Alavivo → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca, Xefe tribal |
Familia | |
Familia | Baltingos |
Fillos | Walia, Ataúlfo, Alarico I |
Pai | Aorico |
Irmáns | Rocestes |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Encyclopædia Britannica |
O período do seu mando estivo marcado polas guerras contra romanos, hunos (ao se desprazaren estes cara ao leste) e as guerras internas contra o seu rival Fritixerno, polas persecucións que levou Atanarico contra os visigodos convertidos ao cristianismo, polo que os historiadores cristiáns de época posterior retratárono como unha persoa cruel.
Os visigodos do século VII considerárono o seu primeiro rei[5] e hoxe en día hai unha gran unanimidade sobre esta idea.[6] Sucedeuno Alavivo, trala división dos tervingos.[7]
Traxectoria
editarAtanarico sendo xuíz e caudillo dos tervingos, unha subdivisión orixinaria dos godos, tomou parte nas guerras civís dos romanos do século IV. Ao se producir a sublevación de Procopio contra o emperador Valente, Atanarico tomou partido a prol de Procopio a quen enviou un continxente de 3 000 guerreiros.[8] No 366, Valente derrotou e executou a Procopio, e durante o ano seguinte, coa axuda do seu sobri��o o emperador romano occidental Graciano, cruzou o Danubio e marchou contra Atanarico e os tervingos. Este fuxiu cos seus súbditos cara ás montañas dos Cárpatos mais, finalmente, no 369 foi derrotado por Valente.
En medio do Danubio, como lugar neutral, asinaron unha paz que satisfizo a Valente (prohibía o paso do Danubio aos godos)[8] pero para se vingar del, Atanarico que era cristián ariano, o mesmo ano comezou unha xeira de persecucións contra aqueles godos que eran cristiáns, polo que acabou sendo rexeitado polos seus propios súbditos.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Carbonero (1875), p. 109.
- ↑ Pampliega (1998), p. 28.
- ↑ Valverde Castro (2000), p. 22. "A súa posición preeminente sobre os outros xefes de banda é reflectida por Amiano Marcelino como iudex gentis ou iudex Theruingorum".
- ↑ Frassetto (2003), p. 44.
- ↑ Wolfram (2003), p. 64.
- ↑ Huete Fudio (1994), p. 8.
- ↑ Wolfram (2003), p. 72.
- ↑ 8,0 8,1 Alamán (1853), p. 342.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atanarico |
Bibliografía
editar- Alamán, Lucas; et alii (1853). Diccionario universal de historia y de geografía (en castelán). Tomo I. México: Tipografía de Rafael.
- Carbonero y Sol y Merás, Manuel (1875). Fin funesto de los perseguidores y enemigos de la Iglesia: desde Herodes el Grande hasta nuestros días (en castelán). Madrid: Imprenta D.R.P.Infante.
- Frassetto, Michael (2003). Encyclopedia of Barbarian Europe: Society in Transformation (en inglés). Santa Barbara (CA): ABC Clio inc. ISBN 1-57607-263-0.
- Huete Fudio, Mario (1994). "Fuentes menores para el estudio de la historiografía latina de la Alta Edad Media hispánica (siglos VII-X)". Medievalismo. Boletín de la Sociedad Española de Estudios Medievales (Universidade de Murcia) (en castelán) (Murcia) 4 (11): 5–26. ISSN 1131-8155. doi:10.6018/medievalismo.
- Pampliega, Javier (1998). Los germanos en España (en castelán). Pamplona: Ediciones Universidad de Navarra (EUNSA). ISBN 9788431316426.
- Valverde Castro, María R. (2000). Ideología, simbolismo y ejercicio del poder real en la monarquía visigoda: un proceso de cambio (en castelán). Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 84-7800-940-X.
- Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley / Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 9780520069831.
Outros artigos
editarPredecesor: Xeberico |
Xuíces dos tervingos 365-376 |
Sucesor: Alavivo |