Antonio Betancort

futbolista español

Antonio Rodrigo Betancort Barrera, nado nas Palmas de Gran Canaria o 13 de marzo de 1937 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 2015[1], foi un futbolista español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.

Modelo:BiografíaAntonio Betancort

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1937 Editar o valor en Wikidata
Arrecife, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de marzo de 2015 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata - 1973 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1955–1961   UD Las Palmas 26(0)
1961–1962   Real Madrid CF
1962–1963 cesión   Deportivo da Coruña 24(0)
1963–1971   Real Madrid CF 129(0)
1971–1973   UD Las Palmas 42(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1965–1965   España 2(0)
Participou en
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 Editar o valor en Wikidata

UEFA: 75616 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

O seu debut coa UD Las Palmas tivo lugar no campo de Sarriá, en Barcelona, fronte ao Español o 3 de febreiro de 1957, onde se conseguiu un empate a dous. Nas súas primeiras tempadas estivo relegado a ser o porteiro suplente, pois tiña ao gran porteiro Pepín que lle pechaba o paso á súa titularidade. Tivo que esperar ao traspaso do gran meta valenciano ao Betis para conseguir ser titular do representativo canario na tempada 60-61 en Segunda División.

A súa seguridade baixo o marco e a boa campaña realizada, ademais da necesidade, fixeron que fose traspasado ao Real Madrid CF en 1961. É no equipo branco da capital onde obtén os maiores logros da súa carreira deportiva. A primeira tempada co Real Madrid pasouna case sen xogar partidos oficiais, xa que á parte da súa mocidade, tiña grandes gardametas internacionais como o arxentino Rogelio Domínguez ou Vicente Traín, que lle pechaban o paso. Por iso non lle importou ser cedido ao Deportivo da Coruña e esperar a súa oportunidade no entón pentacampeón de Europa e Campión Intercontinental. A súa cesión produciuse dentro da operación pola cal o Deportivo traspasou a Amancio ao Real Madrid, a cambio de 12 millóns de pesetas e as cesións de Miché, Antonio Ruiz e o propio Betancort.[2][3]

Regresa ao Real Madrid na tempada 63-64, xogando tan só un partido de Liga. Na tempada seguinte é cando dá o gran salto para defender o marco madridista, desprazando ao porteiro internacional vasco Araquistain do posto de titular. Nesta tempada aliñase en 24 partidos de Liga, 4 de Copa e 5 de Copa de Europa, competición na que debuta o 23 de setembro de 1964 fronte ao Odense danés.

As súas sobrias características baixo o marco ían acompañadas dunha gran seguridade e grandes reflexos, calidades que o seu adestrador, entón, Miguel Muñoz, valorou para manterlle como titular nas tempadas seguintes. Na tempada 65-66 proclámase co chamado equipo ye-yé dos Amancio, Velázquez, Grosso, De Felipe, Sanchiz, Gento,... Campión de Europa, tendo a mala sorte de non poder participar na final fronte ao Partizan de Belgrado ao haberse lesionado nun épico partido de semifinais fronte ao Inter de Milán, no que figuraban grandes estrelas como Luis Suárez, Peiró, Corso, Mazzola,... adestrado por Helenio Herrera. Xogou Betancort lesionado case todo o partido, pois naqueles anos non se podía cambiar nin tan sequera o porteiro na Copa de Europa. Malia iso mantivo o seu marco a cero e a vitoria madridista serviu para pasar á final, que proporcionou o sexto título continental aos brancos.

Co Real Madrid consegue gañar 6 campionatos de Liga, dúas delas, 67-68 e 68-69, en duras disputas coa UD Las Palmas, ante quen Betancort sempre realizaba grandes actuacións. A súa brillante traxectoria fixéronlle obter o Trofeo Zamora ao porteiro menos goleado na Liga nos anos 1965 e 1967, sendo neste batido unicamente 15 veces, o que significa unha marca na historia da liga española, dato que comparte co porteiro do FC Barcelona, Pesudo, que obtivo a mesma media en 1966.

Betancort tamén defendeu as cores do equipo nacional en dúas ocasións, aínda que estivo seleccionado en moitas máis, pero tamén na selección pasoulle o mesmo que na UD, pois tiña como titular a un dos mellores porteiros españois de todos os tempos: José Ángel Iribar. As súas dúas actuacións internacionais foron fronte a Eire en partidos clasificatorios para o Mundial de 1966 celebrado en Inglaterra. O seu debut foi en Sevilla o 27 de outubro de 1965 con triunfo español por 4-1. Volveu xogar no partido de desempate fronte aos irlandeses no Parc des Princes de París, onde co triunfo por 1-0, España pasaba á fase final mundialista á que acudiu entre os 22 convocados por José Villalonga a devandito Mundial, pero non tivo a sorte de actuar.

Permaneceu no Real Madrid ata a tempada 70-71, onde outros porteiros máis novos como Junquera ou García Remón o relegaron á suplencia, malia manter as súas grandes actitudes. Deixou Betancort na capital o recordo de partidos memorables, tanto nas competicións españolas como nas europeas, onde actuou en máis de 20 partidos, algúns deles de grato recordo por ser fronte a rivais como: Inter, Milan, Benfica, Manchester United, Rapid de Viena etc.

Na súa estancia en Madrid, coincidiu nas súas primeiras tempadas con outra lenda amarela: Rafael Batista, "Felo", con quen xa xogara como amarelo e co que tamén chegou a aliñarse en partidos da Copa de Europa.

Na tempada 1971-72 incorpórase de novo á UD Las Palmas, onde aporta seguridade e veteranía na meta e cobre o baleiro que deixaran os porteiros vascos Oregui e Ulacia. Permanece dúas tempadas ata a súa retirada en 1973, xogando o seu último partido fronte ao Athletic Club de Bilbao en San Mamés o 25 de febreiro de 1973. Non terminou este encontro por lesión e foi substituído por Cervantes. O seu compañeiro de selección, Iribar, e o público bilbaíno lle tributaron unha calorosa ovación como despedida. Coa UD Las Palmas xogou 69 partidos de Liga, 8 de Copa e 2 de Copa da UEFA nas dúas etapas en que figurou nas súas filas.

Abandonado o fútbol activo incorporouse ao cadro técnico dos amarelos como home de confianza de distintas directivas e adestradores en misións importantes como observador de xogadores e de equipos rivais. Foi responsable de fichaxes nos anos setenta e oitenta, onde tamén estivo como delegado de campo. Estableceuse nas Palmas sen ningunha función directa co fútbol, pero seguindo a traxectoria do equipo.

Participacións en Copas do Mundo

editar

Participou coa Selección española en dúas actuacións internacionais, que foron fronte a Eire en partidos clasificatorios para o Mundial de 1966 celebrado en Inglaterra. O seu debut foi en Sevilla o 27 de outubro de 1965 con triunfo hispano por 4-1.

Participou no Mundial de Inglaterra 1966.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015. 
  2. Relaño, Alfredo (9 de novembro de 2014). "Amancio convierte a Puskas en suplente". El País (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2020. 
  3. "El otro Cebrián que devolvió al Dépor a Primera dos veces". Economía Digital (en castelán). 12 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2020. Consultado o 30 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar