Aix-en-Provence
Aix-en Provence, en occitano Ais de Provença ou Ais de Prouvènço en grafía mistralenca, é unha comuna do departamento de Bocas do Ródano, da rexión Provence-Alpes-Côte d'Azur, Francia. En 2010 tiña 141.438 habitantes.
Alcume | Florence provençale | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Provenza-Alpes-Costa Azul | ||||
Departamento | Bocas de Ródano | ||||
Distritos | arrondissement of Aix-en-Provence (en) | ||||
Cantón | canton of Aix-en-Provence-Nord-Est (en) | ||||
Capital de | County of Provence (en) canton of Aix-en-Provence-Nord-Est (en) arrondissement of Aix-en-Provence (en) canton of Aix-en-Provence-Centre (en) canton of Aix-en-Provence-Sud-Ouest (en) Pays d'Aix (en) canton of Aix-en-Provence-1 (en) (2015–) canton of Aix-en-Provence-2 (en) (2015–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 147.478 (2021) (792,55 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921586 Q3551061 | ||||
Superficie | 186,08 km² | ||||
Bañado por | Arc (en) | ||||
Altitude | 173 m-73 m-501 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Aix-en-Provence (en) | Maryse Joissains-Masini (pt) (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 13080, 13090, 13100, 13290 e 13540 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Granada (1978–) | ||||
Páxina web | aixenprovence.fr | ||||
Historia
editarAix (Aquae Sextiae) foi fundada no 123 a.C. polo cónsul romano Sextius Calvinus sobre unha antiga localidade celta. No ano 102 a.C. nos seus arredores librouse a batalla de Aquae Sextae, cando os romanos dirixidos por Gaius Marius venceron aos Cimbros e Teutóns,. No ano 477 a cidade foi ocupada polos visigodos, durante o século VI foi capturada polos francos e longobardos e no 731 pasou a mans dos árabes.
Durante a Idade Media, Aix, foi a capital do condado da Provenza. No século XII acada o seu cénit como centro artístico e cultural.
No ano 1487 pasou co resto da Provenza á coroa francesa. Lois XII estableceu aquí o Parlamento da Provenza que existiu ata 1789.
Na cidade naceron Eleanor da Provenza, muller de Henrique III de Inglaterra e Paul Cezanne.
Administración
editarA súa alcaldesa (2014) é Maryse Joissains-Masini, da Unión por un Movemento Popular[1].
Patrimonio
editar- Catedral de Saint-Saveur (Saint Sauvari) construída entre os séculos V e XVII en numerosos estilos arquitectónicos, destaca a portada en estilo gótico; a plante ten tres naves en estilos diferentes: románico, gótico e barroco.
- Igrexa de Saint-Jean-de-Malto, século XIII
- Casa do Concello, século XVII
- A cidade é coñecida como a cidade das mil fontes, e entre elas destaca a Fontaine des Quatre Dauphins (1667)
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Aix-en-Provence |