Paulina Chiziane
Paulina Chiziane, nada en Manjacaze (provincia de Gaza) o 4 de xuño de 1955, é unha escritora mozambicana[1] que foi Premio Camões en 2021.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1955 (69 anos) Manjacaze, Mozambique (pt) |
Educación | Universidade Eduardo Mondlane |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Obálky knih, Diccionario de literatura del África subsahariana (en) |
Traxectoria
editarPaulina Chiziane creceu nos suburbios da cidade de Maputo, anteriormente chamada "Lourenço Marques". Naceu nunha familia protestante en que se falaban as linguas chope e ronga, e aprendeu a lingua portuguesa na escola dunha misión católica. Comezou estudos de Lingüística na Universidade Eduardo Mondlane, mais non chegou a rematalos.
Participou activamente na política de Mozambique como militante da Frelimo (Frente de Libertação de Moçambique), durante a xuventude.[2] Porén, sentiuse desilusionada coa directiva do partido despois da independencia do país. En particular, ficou defraudada pola política filooccidental e as ambivalencias ideolóxicas internas do partido. Outros motivos foron os posicionamentos respecto ás políticas de mono e poligamia, a economía política, vencellada ao marxismo-leninismo, e a hipocrisía, ao seu entender, en relación coa liberdade económica da muller.
Tras apartarse da política, iniciou a súa actividade literaria en 1984, con contos publicados na prensa. A súa escrita foi xerando polémicas sobre asuntos como a práctica da poligamia no país. Co seu primeiro libro, Balada de amor ao vento (1990), converteuse na primeira muller en publicar unha novela no seu país.[3] A obra fala da poligamia no sur de Mozambique durante o período colonial. Debido á súa participación activa na Frelimo, a súa narrativa reflicte o malestar social dun país devastado pola guerra de liberación e os conflitos civís posteriores á independencia.
En 2003, a súa novela Niketche: uma história de poligamia gañou o Premio José Craveirinha.[4]
En 2016 anunciou que deixaba a escrita, esgotada polas loitas que afrontara ao longo da súa carreira.[5] Vive e traballa na provincia da Zambézia.
Obras
editarNovela
editar- Balada de Amor ao Vento:
- 1.ª ed. 1990.
- Lisboa: Caminho, 2003. ISBN 9789722115575.
- Ventos do Apocalipse:
- Maputo: ed. do autor, 1993.
- Lisboa: Caminho, 1999. ISBN 9789722112628.
- O Sétimo Juramento (2000). Lisboa: Caminho. ISBN 9789722113298.
- Niketche: Uma História de Poligamia:
- Lisboa: Caminho, 2002. ISBN 9789722114769.
- São Paulo: Companhia das Letras, 2004.
- Maputo: Ndjira, 2009, 6ª ed.. ISBN 9789024796281.
- O Alegre Canto da Perdiz (2008). Lisboa: Caminho. ISBN 9789722119764.
- As Andorinhas (2009). Indico Editores.
- Na mão de Deus (2013).
- Por Quem Vibram os Tambores do Além (2013). Con Rasta Pita
- Ngoma Yethu: O curandeiro e o Novo Testamento (2015).
- O Canto dos Escravizados (2017).
Outras obras
editar- Eu, mulher... por uma nova visão do mundo (1994)[6]
Premios e recoñecementos
editar- Premio José Craveirinha 2003, por Niketche: uma história de poligamia
- XXXIII Premio Camões en 2021.[7]
Notas
editar- ↑ "O ato de colonizar está nas mentes". Revista Bastião. Consultado o 1 de setembro de 2014.
- ↑ Martins, 2006.
- ↑ Perdigao, Y. P. (22 de decembro de 2015). "Say What! Where are all the black writers from Portuguese Africa?". Afrikult. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2018.
- ↑ Fitzpatrick, M. (2007). Mozambique. Lonely Planet. pp. 34–35.
- ↑ Remédios, J. M. (11 de xullo de 2016). "Paulina Chiziane: "Não volto a escrever. Basta!"". Geledes Instituto da Mulher Negra. Consultado o 19 de decembro de 2018.
- ↑ Chiziane, P. (2013). "[Testemunho] Eu, mulher... Por uma nova visão do mundo". Abril, Revista do Núcleo de Estudos de Literatura Portuguesa e Africana da UFF, v. 5, n.10 (2013). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2018.
- ↑ Diario, Nós. "A autora mozambicana Paulina Chiziane resulta galardoada co premio Camões". Nós Diario. Consultado o 2021-10-22.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martins, Ana Margarida Dias (2006): «The Whip of Love: Decolonising the Imposition of Authority in Paulina Chiziane’s Niketche: Uma História de Poligamia». in The Journal of Pan African Studies Vol.1, n.º. 3, março de 2006.
- TEDESCO, Maria do Carmo Ferraz (2008): Narrativas da Moçambicanidade: Os Romances de Paulina Chiziane e Mia Couto e a Reconfiguração da Identidade Nacional. Tese presentada no Departamento de Historia da Universidade de Brasília.
- PEREIRA, Ianá de Souza (2012): Vozes Femininas de Moçambique. Disertación de Mestrado presentada no departamento de Letras da Univesidade de São Paulo (FFLCH-USP).
- Biblioteca Nacional de Portugal, Porbase.
Ligazóns externas
editar- Notícias do Maputo: Entrevista a Paulina Chiziane (consultado o 5 de xullo de 2008).
- Adelto Gonçalves: O feminismo negro de Paulina Chiziane (consultado o 5 de xullo de 2008).
- Entrevista a Paulina Chiziane sobre os seus libros e a súa vida (consultado o 5 de xullo de 2008).
- Biografía de Paulina Chiziane no sitio web do Centre for the Study of Contemporary Women's Writing (Universidade de Londres)