Catedral de Barcelona
A Catedral da Santa Cruz e Santa Baia (en catalán: Catedral de la Santa Creu i Santa Eulàlia) é a catedral gótica de Barcelona, sede do Arcebispado de Barcelona, en Cataluña, España.
Catedral de Barcelona | |
---|---|
Catedral de Barcelona | |
Datos xerais | |
País | España |
Rexión | Cataluña; vila: Barcelona |
Tipo | Catedral |
Advocación | Santa Cruz e Santa Baia |
Localización | El Gòtic |
Coordenadas | 41°23′02″N 2°10′35″L / 41.383888888889, 2.1763888888889 |
Catalogación | Ben de Interese Cultural (2 de novembro de 1929, RI-51-0000338) |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Arquidiocese de Barcelona |
Arquitectura | |
Construción | 1298-1420 |
Estilo | gótico, neoclásico |
Medidas | 90 x 40 m |
Páxina web | www |
[ editar datos en Wikidata ] |
A catedral actual construíuse durante os séculos XIII a XV sobre a antiga catedral románica, edificada á súa vez sobre unha igrexa da época visigoda á que precedeu unha basílica paleocristiá, cuxos restos poden verse no subsolo, no Museo de Historia da Cidade. A finalización da impoñente fachada no mesmo estilo, con todo, é moito máis moderna (século XIX). O edificio é Ben de Interese Cultural e, desde o 2 de novembro de 1929, Monumento Histórico-Artístico Nacional.
Está dedicada á Santa Cruz (Santa Creu) e a Santa Baia (Santa Eulàlia), patroa da cidade de Barcelona (actualmente é máis celebrada como tal a Virxe da Mercé que, estritamente, é patroa da diocese de Barcelona, pero non da cidade), unha nova doncela que, de acordo coa tradición católica, sufriu o martirio durante a época romana. Unha de tales historias conta que foi exposta espida no foro da cidade e que milagrosamente, a metade de primavera, caeu unha nevada que cubriu a súa nudez. As autoridades romanas metérona nun barril con vidros rotos, cravos e coitelos cravados nel e lanzaron costa abaixo o barril (de acordo coa tradición, trataríase da rúa Baixada de Santa Eulàlia). E así, ata trece martirios diferentes, un por cada ano de idade da santa. Finalmente, foi crucificada nunha cruz en forma de aspa, que é o emblema da catedral e a diocese, así como o atributo iconográfico da santa.
A catedral conta cun claustro gótico no que viven trece gansos brancos (cóntase que Eulalia tiña trece anos cando foi executada e que pastoreaba gansos no seu predio de Sarrià, preto da cidade).
Galería de imaxes
editar-
Interior da catedral
-
Cripta de Santa Eulalia
-
A porta do claustro
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral de Santa Eulalia de Barcelona |