Saltar ao contido

exemplo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ɛ.'ʃem.plo̯/ (AFI)

Substantivo masculino

exemplo (sg: exemplo; pl: exemplos)

  1. Cousa, acción ou feito, sucedido noutro tempo, que se propón, ou ben para que se imite se é bo, ou para que se evite ou rexeite se é malo.
    • Exemplo: Debemos seguir o exemplo dos nosos antepasados

      .
  2. Cousa, feito ou expresión que serve para ilustrar o asunto de que se trata e para unha mellor comprensión deste.
    • Exemplo: Con este exemplo entenderedes mellor a explicación

      .
  3. Modelo a seguir, que debe ser imitado.
    • Exemplo: Esa institución é un exemplo de como se pode facer moito con poucos medios

      .

Termos relacionados

Traducións


Portugués

Substantivo masculino

exemplo (sg: exemplo; pl: exemplos)

  1. Exemplo.