D
Aparencia
Aa | Bb | Cc | Dd | Ee | |||
Ff | Gg | Hh | Ii | Ll | |||
Mm | Nn | Ññ | Oo | Pp | |||
Rr | Ss | Tt | Uu | ||||
Vv | Xx | Zz | |||||
O D (de) é a cuarta letra do alfabeto galego, e representa os fonemas oclusivo dental sonoro /d/ e aproximante dental sonoro /ð/.
Historia
[editar | editar a fonte]A letra D ten a súa orixe na escrita hierática exipcia. O seu ancestral máis antigo recibiu o nome de deret (man). Cando foi adoptado no alfabeto fenicio pasou a chamarse daleth (porta). No alfabeto grego recibiu o nome de Delta (Δ, δ). No alfabeto etrusco e o alfabeto latino usouse tamén o delta, dándolle o deseño actual.
Xeroglífico exipcio [porta] |
Protosemítíco [Dal, Daleth] |
Fenicio [Daleth] |
Grego [Delta] |
Etrusco [D] |
Latín [D] | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Outras representacións
[editar | editar a fonte]No alfabeto fonético aeronáutico asígnaselle a palabra Delta. No código Morse é — ··
.
-
Bandeiras de sinais
-
Alfabeto semáforo
-
Código braille
-
Alfabeto manual
Outros significados
[editar | editar a fonte]- Na numeración romana representa o número 500.
- Na notación musical anglosaxoa representa a nota re.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Entradas da enciclopedia que comezan por D