Xosé Lago Hermida
Biografía | |
---|---|
Nacemento | maio de 1940 Louro, España |
Morte | 24 de abril de 1996 (55 anos) Lira, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Alcalde de Muros | |
1983 – 24 de abril de 1996 (finado no cargo) ← Paulino Lago Chouza – Celestino Formoso Vidal → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Premios | |
|
Xosé Santiago Lago Hermida, nado en Louro (Muros) en maio de 1940 e finado en Lira o 24 de abril de 1996, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Taxista. Concelleiro en Muros polo PSdeG-PSOE dende as eleccións municipais de 1979. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura socialista e foi elixido alcalde ó selo candidato máis votado, moi lonxe da maioría absoluta con 4 de 17 concelleiros. Porén, os resultados anuláronse e houbo unha repetición electoral en novembro de 1983, na que conseguiu pasar de 4 a 7 concelleiros e polo tanto mantela alcaldía. Foi deputado provincial trala renuncia de Jesús Díaz Fornas en 1986. Nas municipais de 1987 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde con maioría absoluta, a cal revalidaría nas municipais de 1991. Neste último ano volveu ser elixido deputado provincial. Foi candidato de novo á alcaldía no 1995, pero nesta ocasión perdeu a maioría absoluta e tivo que formar goberno co BNG para mantela alcaldía. Foi responsable comarcal do PSdeG no Barbanza. Foi candidato ó Congreso nas xerais de 1996, se ben non resultou elixido.
Finou en accidente de tráfico o 24 de abril de 1996 en Lira,[1] tralo que foi sucedido na alcaldía polo seu número 2 Celestino Formoso Vidal.
Predecesor: Paulino Lago Chouza |
Alcalde de Muros 1983 - 1996 |
Sucesor: Celestino Formoso |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi nomeado Fillo predilecto de Muros en 1996.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 25-4-1996, p. 30.