Saltar ao contido

Bilurico pativerde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tringa nebularia»)
Bilurico pativerde

En plumaxe de verán en Standlake, Oxfordshire

En plumaxe de inverno en Laem Phak Bia, Thailandia.
En plumaxe de inverno en Laem Phak Bia, Thailandia.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Tringa
Especie: Tringa nebularia
(Gunnerus, 1767)
Distribución de T. nebularia     Área reprodutora      Área non reprodutora      De paso      Aves errantes (estacionalidade incerta)
Distribución de T. nebularia     Área reprodutora      Área non reprodutora      De paso      Aves errantes (estacionalidade incerta)

Distribución de T. nebularia     Área reprodutora      Área non reprodutora      De paso      Aves errantes (estacionalidade incerta)
Sinonimia
  • Scolopax glottis Linnaeus, 1758
  • Tringa littorea Linnaeus, 1758
Canción e chamadas, gravadas no oeste de Sutherland, Escocia.

O bilurico pativerde[2][3], tamén coñecido como bilurico claro,[4] (Tringa nebularia) é unha ave limícola da familia Scolopacidae. O nome do xénero Tringa é unha palabra neolatina que Aldrovandus lle puxo como nome á especie Tringa ochropus en 1599 baseándose na palabra do grego antigo trungas, que é o nome dunha ave mencionada por Aristóteles. O nome específico nebularia procede do latín nebula, 'néboa', xa que os pantanos do seu hábitat adoitan ser neboentos.[5]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Os seus parentes máis próximos son o bilurico patiamarelo grande (Tringa melanoleuca), que xunto co bilurico escuro (T. erythropus) forma un grupo estreitamente relacionado. As tres especies presentan a característica de ter as cores básicas de pés e patas dos Tringa, demostrando que este carácter é parafilético.[6] Son tamén os biluricos máis grandes á parte do Tringa semipalmata, que ten unha constitución corporal máis robusta. O bilurico patiamarelo grande e o bilurico pativerde comparten un padrón do peito áspero, escuro e bastante definido e tamén moita cor negra nos ombreiros e dorso na plumaxe reprodutora.

Distribución

[editar | editar a fonte]

É unha ave subártica, que se reproduce no norte de Escocia cara ao leste a través do norte de Europa e Asia. É unha especie migratoria, que inverna en África, o subcontinente indio, e Australasia, xeralmente en augas doces. Reprodúcese en terreos secos preto de áreas pantanosas, poñendo uns catro ovos nunha depresión escavada no chan.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os biluricos pativerdes son marróns na plumaxe da época reprodutora e marróns cincentos en inverno. Cando están na auga, poden parecer moi similares aos biluricos finos, pero distínguense pola forma da metade inferior do bico, que lle dá unha aparencia ao pico de estar un pouco curvado cara a arriba. Teñen patas longas verdosas e un bico longo con base cincenta. Presentan unha cuña branca na parte dorsal en voo. Son algo meirandes que a especie relacionada o bilurico común. A chamada usual é unha serie rápida de tres curtas notas afrautadas silabeadas como teu-teu-teu.

Igual que a maioría dos limícolas, aliméntase de pequenos invertebrados, pero tamén capturan pequenos peixes e anfibios.

É unha das especies incluída no Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-eurasiático (AEWA).

  1. "Tringa nebularia". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  5. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 266, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  6. Pereira, S.L.; Baker, A.J. (2005). "Multiple Gene Evidence for Parallel Evolution and Retention of Ancestral Morphological States in the Shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". Condor 107 (3): 514–526. doi:10.1650/0010-5422(2005)107[0514:MGEFPE]2.0.CO;2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]