Saltar ao contido

Trasímaco de Calcedonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Trasímaco»)
Modelo:BiografíaTrasímaco de Calcedonia
Biografía
Nacemento459 a. C. Editar o valor en Wikidata
Calcedônia, Turquía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 399 a. C. Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1541630

Trasímaco (Grecia: Θρασύμαχος; c. 459 – c. 400 BCE) foi un sofista da antiga Grecia, coñecido por ser un personaxe do libro República de Platón.

Vida e carreira

[editar | editar a fonte]

Trasímaco foi un cidadán de Calcedonia, na provincia do Bósforo. A súa carreira desenvolveuse principalmente como un sofista de Atenas, aínda que logo a súa traxectoria da súa vida e a carreira o levaron a diversos lugares. O que si se pode destacar de Trasímaco é que foi un mestre da oratoria grega.

Nils Rauhut da Encyclopedia of Philosophy destaca esta pasaxe no que se desvela que Trasímaco pasou varios anos da súa vida dedicados ao ensino en Atenas:

Eurípides dicía: "Deberíamos nós, que somos gregos, ser servos dos bárbaros?" Ao que Trasímaco contestaba no seu diálogo para a xente de Larisa "Deberíamos nós, gregos como somos, converternos en escravos dun bárbaro como Arquelao?" Este diálogo tamén serviu para demostrar que Trasímaco mudara de ideais nas últimas décadas da V centuria.

Pero polo que de verdade destaca e é coñecido Trasímaco é polas súas "intervencións" en diferentes libros de varios filósofos e pensadores, como na Política de Aristóteles, onde hai un home co mesmo nome ca Trasímaco que é mencionado por derrocar a democracia en Cyme, pero en realidade non se coñece ningún dato sobre ese suceso, e polo tanto non pode dicirse con certeza que estes dous personaxes fosen o mesmo. Aristóteles fala outra vez sobre Trasímaco en Refutacións sofísticas onde se refire a el como un personaxe cun desenvolvemento redondo con referencia á teoría retórica.

En canto á súa relación con Platón, Trasímaco aparece como sofista nun diálogo da súa última etapa, onde o pensamento de Platón e o de Sócrates xa estaba considerablemente separado. Este diálogo é A República e fala sobre como se debe construír un estado xusto, sendo a definición dun estado xusto como unha imposición dos gobernantes con respecto ao cumprimento das leis, en vistas á súa propia conveniencia. No libro I, Trasímaco defende que a xustiza era só o que aproveitaba ao máis forte e que ademais era obedecido. Sócrates mostra que nalgunhas ocasións a vontade do máis forte remata prexudicando ao seu autor se esta se transforma nun dereito acatado pola sociedade.

338c: Ἄκουε δή, ἦ δ᾽ ὅς. φημὶ γὰρ ἐγὼ εἶναι τὸ δίκαιον οὐκ ἄλλο τι ἢ τὸ τοῦ κρείττονος συμφέρον..[1] (“Escoitade--Dixen que a xustiza non é nada máis que a vantaxe do máis forte.”)

344c: οὕτως, ὠ̂ Σώκρατες, καὶ ἰσχυρότερον καὶ ἐλευθεριώτερον καὶ δεσποτικώτερον ἀδικία δικαιοσύνης ἐστὶν ἱκανω̂ς γιγνομένη*, καὶ ὅπερ ἐξ ἀρχη̂ς ἔλεγον, τὸ μὲν του̂ κρείττονος συμφέρον τὸ δίκαιον τυγχάνει ὄν, τὸ δ' ἄδικον ἑαυτῳ̂ λυσιτελου̂ν τε καὶ συμφέρον.3 ("Entón, Sócrates, a xustiza xeneralizada é máis forte, libre e algo superior á inxustiza, e como dicía ao principio, é o interese do máis forte o que é xusto, mentres que o inxusto é o que beneficia ao home mesmo e é para o seu beneficio."

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rauhut, Nils (2006). «Internet Encyclopedia of Philosophy: Thrasymachus».
  • Platón, A República, libro 1, sección 338c
  • Platón, A República, libro 1, sección 344c
  • Reeale, Giovanni; Antiseri, Dario (1995). Herder, ed. Historia del pensamiento filosófico y científico. Barcelona. pp. 126–128. ISBN 84-254-1588-8. 
  • Platón (2003). Diálogos. Obra completa en 9 volúmenes. Volumen IV: República. (Capítulo I). Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-1027-3.
  • Nicolás Zavadivker: “Trasímaco y el derecho del más fuerte”, en La acción y los valores. Asociación Argentina de Investigaciones Éticas (Regional Tucumán). Tucumán (Arxentina), 2003.
  • Gagliano Giuseppe: Trasimaco. Frammenti sul potere e sulla violenza. New Press, 2000.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]