The Truman Show
The Truman Show | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Truman Show |
Director | Peter Weir |
Produtor | Edward S. Feldman Scott Rudin Andrew Niccol Adam Schroeder |
Guión | Andrew Niccol |
Intérpretes | Jim Carrey Laura Linney Ed Harris Noah Emmerich Natascha McElhone |
Música | Burkhard Dallwitz Philip Glass |
Fotografía | Peter Biziou |
Montaxe | William M. Anderson Lee Smith |
Estudio | Scott Rudin Productions |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 1998 |
Duración | 103 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama, Comedia |
Orzamento | $60 000 000[2] |
Recadación | $264 118 201[3] |
Na rede | |
The Truman Show é un filme estadounidense dirixido por Peter Weir e escrito por Andrew Niccol que se estreou en 1998. Está protagonizado por Jim Carrey, que interpreta a Truman Burbank, xunto con Laura Linney, Noah Emmerich, Ed Harris e Natascha McElhone. Conta a historia da vida dun home que non sabe que está a vivir nunha realidade contruída para un programa de televisión, que se emite sen interrupción en todo o planeta. Truman comeza a sospeitar da súa realidade e comeza un proceso sen volta atrás de descubrir a verdade sobre a súa vida.
A orixe de The Truman Show foi un guión de Niccol que foi inspirado por un episodio de The Twilight Zone titulado "Special Service".[4] O proxecto inicial tiña un ton de suspense de ciencia ficción, coa historia ambientada na cidade de Nova York. Scott Rudin fíxose co guión, e inmediatamente puxo o proxecto en mans de Paramount Pictures. Brian De Palma era o director previsto antes de que Weir se fixese co filme por un orzamento de $60 millóns no canto dos $80 millóns iniciais. Niccol re-escribiu o guión ó mesmo tempo que os cineastas agardaban que Carry se puidese incorporar á rodaxe. A maioría da rodaxe fíxose en Seaside (Florida), nunha comunidade planificada situada na rexión de Panhandle de Florida.
O filme foi un éxito de recadación e da crítica, e conseguiu varias nomeamentos nos 71ª edición dos Oscar, nos Globos de Ouro, nos BAFTA e nos Saturn. The Truman Show foi analizado como unha tese sobre o cristianismo, a metafilosofía, a realidade simulada, o existencialismo e a realidade televisiva.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Truman Burbank é un home corrente e algo inxenuo que viviu toda a súa vida nun desas vilas onde nunca pasa nada. Porén, de súpeto, uns estraños sucesos fanlle sospeitar que algo anormal está ocorrendo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jim Carrey como Truman Burbank
- Laura Linney como Meryl Burbank / Hannah Gill
- Ed Harris como Christof
- Noah Emmerich como Marlon / Louis Coltrane
- Natascha McElhone como Lauren Garland / Sylvia
- Brian Delate como Kirk Burbank / Walter Moore
- Holland Taylor como Angela Burbank / Alanis Montclair
- Harry Shearer como Mike Michaelson
- Paul Giamatti como Simeon
- Peter Krause como Laurence
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1998: 3 nomeamentos ó Oscar: Mellor director (Peter Weir), actor secundario e guión.
- 1998: 3 Globos de Ouro: Bso, actor drama (Jim Carrey) e actor secundario. 6 nomeamentos.
- 1998: 3 premios BAFTA: Mellor director, deseño de produción e guión orixinal. 7 nomeamentos.
- 1998: National Board of Review: Actor secundario (Ed Harris)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification (ed.). "The Truman Show". Consultado o 27 de decembro de 2015.
- ↑ The Numbers (ed.). "The Truman Show (1998) - Financial Information". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2021. Consultado o 27 de decembro de 2015.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "The Truman Show (1998)". Consultado o 27 de decembro de 2015.
- ↑ Steinberg, Don (23 de setembro de 2011). Wall Street Journal, ed. "Films Inspired by Rod Serling's "The Twilight Zone" – Snapshot". Consultado o 14 de xullo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Guión de The Truman Show (en inglés)