Syd Barrett
Nome orixinal | (en) Roger Keith Barrett |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de xaneiro de 1946 Cambridge, Reino Unido |
Morte | 7 de xullo de 2006 (60 anos) Cambridge, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de páncreas Diabetes mellitus |
Educación | Camberwell College of Arts (en) (1964–) Hills Road Sixth Form College (en) Universidade de Anglia Ruskin (pt) Cambridgeshire High School for Boys (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, poeta, cantante, cantautor |
Período de actividade | 1964 - 1974 |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, Rock psicodélico, psych folk (pt) , rock experimental, rock progresivo, Space rock, Outsider music (pt) , pop psicodélico e Protopunk |
Instrumento | Guitarra, Banjo, ukelele, Mandolina, slide guitar (pt) , piano e voz |
Selo discográfico | EMI Capitol Records Harvest Records (pt) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | sydbarrett.com |
|
Syd Barrett, nado Roger Keith Barrett, nado o 6 de xaneiro de 1946 en Cambridge e finado o 7 de xullo de 2006 no mesmo lugar, foi un guitarrista, cantante e compositor británico cofundador da banda Pink Floyd en 1964 na que permaneceu ata 1968 substituído por David Gilmour.
Biografía
[editar | editar a fonte]A primeira banda na que entrou Syd Barrett foi en 1961, na Geoff Mott and the Mottoes, despois estivo en The Hollering Blues en 1962 e en 1963 en Those Without, todas bandas do seu Cambridge natal, de curta vida e pouca transcendencia.
Os dous primeiros sinxelos de Pink Floyd, Arnold Layne e See Emily Play, así como o primeiro álbum The Piper at the Gates of Dawn (1967) fixéronse baixo a influencia de Barrett. Durante o seu tempo con Pink Floyd Syd Barrett comezou a experimentar coas drogas, especialmente o LSD, tensionando a relación cos outros membros da banda, pesando tamén a presión por manter o nivel despois dos primeiros éxitos comerciais do grupo, e despois dunha xira desastrosa polos Estados Unidos a banda decidiu integrar a David Gilmour, antigo compañeiro de instituto de Syd, como segundo guitarrista para cubrir a Syd pero a situación non durou moito, o último concerto cos cinco membros foi o 20 de xaneiro de 1968 en Hastings, a separación oficial de Syd e os Pink Floyd foi o 6 de abril de 1968.
Syd intentou realizar unha carreira en solitario pero fallou despois de só dous álbums polo aumento do consumo de drogas que o conduciron a un comportamento caótico e á letarxia, as súas últimas gravacións de estudio datan de novembro de 1974, Syd viviu desde entón completamente retirado na súa casa de Cambridge ata a súa morte, en 1998 detectáronlle diabetes mellitus tipo 2.
Músico e compositor
[editar | editar a fonte]Syd Barrett está na historia da música como un compositor xenial, Syd tiña a habilidade para compoñer cancións curtas e cativantes cunha melodía e harmonía infrecuente e con efectos electrónicos na onda do rock psicodélico. Ademais, Syd Barrett participou na innovadora conexión de música rock e efectos visuais. Baixo o seu liderado, Pink Floyd desenvolveu o primeiro espectáculo con efectos de luz. Syd Barrett escribiu case todas as cancións do primeiro álbum de Pink Floyd, a súa música recibiu diversas influencias, pezas como . As súas músicas son diversas influencia musicais xuntos. Pezas como "Matilda Mother" teñen a súa inspiración en antigas cancións infantís, "Here I Go" ten semellanzas coas cancións de Music Hall. A máis famosa peza de Barrett é "Astronomy Domine" usa un acorde infrecuente (E Eb G A), esta progresión xunto co uso dunha máquina de eco Binson para a guitarra deulle un moi distintivo carácter psicodélico.
Despois da separación de Pink Floyd Barrett continuou con dous álbums en solitario "The Madcap Laughs" e "Barrett", demostrando a súa forza como compositor, cancións como "Golden Hair" ou "Happy Together" están entre as súas mellores.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Pink Floyd
[editar | editar a fonte]- The Piper at the Gates of Dawn, 1967
- A Saucerful of Secrets, 1968
Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- The Madcap Laughs, 1970
- Barrett, 1970